PECHE PREVENTIVO DAS OFICINAS DA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES POR CAUSA DO COVID-19 NA XORNADA DO VENRES 18 DE SETEMBRO.

Dende o goberno municipal infórmase que nestos días levaronse a cabo probas do COVID-19  a todo o persoal do concello, tendo como resultado un único positivo.

En tanto non se determine definitivamente si estamos ante un positivo definitivo ou un falso positivo, á espera da realización do PCR, como medida preventiva pecharanse as oficinas municipais da Casa do Concello na xornada o venres 18 de setembro, non  habendo, polo tanto, atención ao público.

Este peche poderá prolongarse ata o luns 21 de setembro ou máis alá dependendo dos resultados do PCR.

APARECE UN NOVO XOGO DE CHAVES EXTRAVIADO

Na mañá de hoxe apareceu un chaveiro con un lote de chaves preto das piscinas municipais, no peirao. Atópase depositado na oficina dos vixiantes municipais, a onde debera dirixirse seu propietario/a para proceder á sua devolución.

Indicar tamén que xa apareceu o propietario do outro xogo de chaves extraviado do que dábamos conta onte.

(A imaxe non se corresponde co chaveiro atopado)

REINICIO DA ACTIVIDADE NA PISTA POLIDEPORTIVA DO MUELLE.

A partir deste venres, día 11 de setembro, todas as veciñas e veciños de Pontecesures poderedes disfrutar das instalación deportivas situadas ó final muelle, recentemente reformadas e onde estreamos a nova pista de pádel.

O recinto permanecerá aberto para todos aqueles usuarios que querades facer deporte e vida sana, aproveitando tamén o bo tempo.

Para reservar turno  na pista de pádel ou para o empréstito da rede de tenis, podes chamar ás oficinas do Concello en horario de atención ao público, de luns a venres de 9.00h a 14.00h.

Pregamos fagades un uso responsable das instalacións e o seu equipamento, que son de todos e todas.