TRABALLOS DE MANTEMENTO E ADECUACIÓN DO CPI DE PONTECESURES A REALIDADE COVID19

Estes días pasados persoal do Concello de Pontecesures realizou traballos de mantemento e adecuación das instalación do CPI á nova realidade COVID .

Delimitáronse zonas de tránsito para evitar aglomeracións e o contacto entre os grupos de convivencia estable.

Adxuntase o enlace do CPI Pontecesures para a organización escolar que se vai a levar a cabo e as medidas de seguridade a empregar:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipontecesures/node/343

O Concello de Pontecesures reclama á Deputación melloras na sinalización da Avenida dos Namorados.

Tense observado que hai un número elevado de camións de grandes dimensións que de maneira errónea entran na Avda dos Namorados, vial de titularidade da Deputación de Pontevedra, levados erroneamente polas indicacións de dispositivos GPS, con dirección á factoría de Nestlé.

Este feito está a provocar inconvenientes na seguridade da vía, xa que dito vial desemboca na Praza dos Valeiros, que non ten saída e na que é imposible facer un cambio de sentido, polo que ser ven obrigados a circular durante todo o percorrido en sentido de marcha atrás ata a rotonda da estrada PO-548.

A fin de garantir un uso axeitado da vía para as tonelaxes e a tipoloxía de vehículo para a que foi concibida, o Concello de Pontecesures enviou un escrito á Deputación de Pontevedra solicitando melloras na sinalización qeu eviten confusións e atrancos por parte de estes vehículos pesados e se mellore a seguridade na circulación para o resto de vehículos e peóns que discorren por dita vía.

O ALCALDE/PRESIDENTE, Juan Manuel Vidal Seage, comunica o seguinte:

A data de hoxe confírmase a existencia de 6 casos positivos nas probas de COVID-19 no concello de Pontecesures. Todos eles se atopan en seguimento domiciliario polos respectivos médicos de atención primaria. Non existe ningún caso de ingreso hospitalario.

Dende o Concello están a incrementarse as medidas de desinfección e limpeza nas distintas zonas do pobo. Lémbrase que é responsabilidade de todos cumplir cos consellos das autoridades sanitarias.

No seguinte enlace pódense consultar medidas preventivas a adoptar pola poboación para intentar frear os contaxios:

http://www.pontecesures.org/recursos/normas_preventivas.pdf