SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA HOXE LUNS 3 DE AGOSTO POLA TARDE.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada de hoxe pola tarde luns -3 de agosto procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras que se están a executar no Camiño de Santiago.

Este corte afectará a rúa:

  • Infesta.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 15.00 ás 19.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

Pontecesures, 3 de agosto de 2020

NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DE PONTECESURES COA CUALIFICACIÓN DE “COMERCIO SEGURO”. 11 MÁIS QUE ACADAN ESTA CERTIFICACIÓN.

Novamente agradecer a aceptación que está a ter a Campaña de Comercio Seguro. Agradecemento á colaboración dos novos establecementos comerciais adheridos por ter acadado a cualificación de “comercio seguro” na enquisa:

  • Lavandería autoservicio Caballo Blanco.
  • Salón de Té Soles.
  • A Casa dos Nenos.
  • Agencia Victorio.
  • Peluquería Fran.
  • Droguería Chévere.
  • Sonrisa de Hilo.
  • Electrodomésticos Frois.
  • Decoraciones Grela.
  • Empatía Low Cost.
  • Panela Bakery Shop.

Moitas grazas a todos e parabéns.

Para aqueles establecementos que aínda non fixeron a enquisa on-line, recordase que aínda están a tempo de facelo. No caso de que non recibisen o whatsapp co enlace web para realizala, poden poñerse en contacto coa Concellería de Comercio do Concello de Pontecesures (604 051 572).

INSTALACIÓN DUN DISPOSITIVO PARA RECOLLIDA DE CANS ABANDONADOS EN PONTECESURES.

Ante as demandas da veciñanza acerca da presenza de  cans abandonados na zona urbana de Pontecesures, personal de CAAN (Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra) instalou na zona da estación do tren un dispositivo trampa para proceder á sua captura e posibilitar o seu traslado a un centro para desparasitalos e ofrecerlle os coidados veterinarios previos á sua posta en adopción.