SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA A XORNADA DO XOVES 30 DE XULLO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do xoves -30 de xullo- procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a tarefas de reparación e mantemento na rede de abastecemento.

Este corte afectará a rúa:

·       Camiño dos Mariñeiros (dende o paso a nivel do tren ata a Rúa Calera).

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.00 horasRecoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO

O Concello de Pontecesures ven de ser seleccionado pola Deputación de Pontevedra como un dos 25 concellos da provincia participantes no programa “Mulleres en acción: Violencia zero”.

A acción que se vai levar a cabo consiste na realización dun graffitti-mural no que a artista, Laura Tova, representará a peza “Koré” onde a arte contemporánea torna en axente mobilizador de conciencias en prol da igualdade e o empoderamento feminino.

A presentación da obra será o próximo xoves 6 de agosto ás 11 horas no Castro.

Sementa igualdade + cultiva cultura = Recolle cambio

SEGUIMOS SUMANDO ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DE PONTECESURES COA CUALIFICACIÓN DE “COMERCIÓ SEGURO”.

Dende o Concello de Pontecesures e a Concellería de Comercio, queremos agradecer a aceptación que  está a ter a Campaña de Comercio Seguro.  Nesta ocasión queremos mostrar o noso agradecemento á colaboración dos establecementos comerciais: Inforconstenla, Mercería Lazitos, Artanxos, Rous Lencería e Moda, Azucena Collazo Estilistas e á Lavandería Auga & Xabón pola súa participación na enquisa e ter acadado una cualificación que  certifica o seu bó facer.

Moitas grazas a  todos e parabéns.

Pronto seremos máis.