ACTIVIDADES MULTIDEPORTE VERÁN 2020 EN PONTECESURES.

Actividades multideporte verán 2020 no Pavillón Municipal de Deportes e no Campo de Fútbol Municipal Ramón Diéguez.


Dirixido a rapaces/as de 9 e 14 anos (nados/as entre 2006 e 2011).


Dende o 3 ata o 14 de agosto de 10.00 a 14.00 horas.

Prazo de inscrición ata o 24 de xullo nas oficinas municipais de 9.00 a 14.00 horas.

Descargar Documento... BASES MULTIDEPORTE NO VERÁN 2020
Descargar Documento... Formulario de inscrición MULTIDEPORTE NO VERÁN 2020
Descargar Documento... Declaración responsable Covid-19 MULTIDEPORTE NO VERÁN 2020

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA A XORNADA DO XOVES 16 DE XULLO.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do xoves -16 de xullo procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a tarefas de reparación e mantemento na rede de abastecemento.

Este corte afectará as rúas:

  • Raimundo García Domínguez “Borobó”.
  • Camiño de San Xulián.
  • O Castro (dende o Pino Manso ata a Rúa do Pilar).

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

RECORDATORIO: ESTE LUNS DIA 6 DE XULLO FESTIVO LOCAL EN PONTECESURES.

Coma todos os anos, o 1º luns do mes de xullo foi unha das 2 datas anuais escollidas por este concello coma festivo local. ben é certo que este ano, por toda a situación xerada pola crise do COVID19 vaise facer un tanto atípico, sen festas, pero ó igual que pasou con outras datas festivas en pleno confinamento (Semana santa, 1º de maio) este luns NON é laborable en Pontecesures.
Eso si, recordade que o uso das mascarillas é OBRIGATORIO tanto en interiores de locais comerciais, coma en exterior polas beiraruas se non se garantiza as distancias mínimas de seguridade.