REPARTO DE PANTALLAS E MASCARILLAS NO CONCELLO DE PONTECESURES.

A pasada semana persoal do concello visitou os domicilios de Pontecesures para entregar en man distinto material preventivo en función da idade dos cidadáns. Posto que en moitos domicilios non se atopaba ninguén polo que procedeuse a deixar un aviso de que o material quedaba no concello para que os cidadáns o solicitaran. Pois ben, facemos un recordatorio para indicar que quen non teña seu material debe chamar ó concello no TELEFONO 986 557 125 para proceder logo a vir a recollelo en persoa. O material consistía en:

1 mascarilla infantil para cada menor de 14 anos.

1 mascarilla sanitaria para os habitantes entre 14 e 59 anos.

1 pantalla protectora para os de 60 anos en diante.


Dito reparto fixose tendo en conta os datos do padron de habitantes do concello.

AGRADECEMENTOS O “SHOW DE LOS PAYASOS”

Dende o Concello de Pontecesures queremos agradecer o xesto solidario de “El show de los Payasos”, que da man de Elias realizou unha vez mais, e xusto nestes tempos mais complicados que estamos pasando, o reparto de 91 lotes de alimentos para paliar na medida do posible as carencias das familias mais necesitadas de pontecesures, Padron e Valga. tampoucopodemos esquecernos deses 11 empresarios, unidos ós outros 16 que fixeran posible o reparto anterior, que co seu donativo contribuen á solidaridade tan necesaria nestes tempos. ¡¡¡ Graciñas de corazón !!!