
MERCADO MUNICIPAL: VENRES 13 DE DECEMBRO.

O mercado municipal de Pontecesures -habitualmente o primeiro venres de cada mes-, dado que o primeiro venres deste mes de decembro é o día 6 -festivo nacional (día da Constitución)-, trasladase ao seguinte venres 13 de decembro.
NOTA INFORMATIVA POR CORTE DE TRÁFICO.

O VINDEIRO LUNS DIA 2 DE DECEMBRO A TRAVESIA DO MUELLE (MATY – SOL Y MAR) ESTARÁ PECHADA Ó TRÁFICO RODADO DURANTE TODO O DIA POR MOTIVO DE OBRAS.O ACCESO Á RUA ESTACION E Á RUA ROSALIA DE CASTRO FARASE ACCEDENDO ÁS RUAS CENTRAIS DO POBO POLA RUA ULLÁN OU POLA RUA PORTARRAXOI.
DESCULPEN AS MOLESTIAS.
INTERRUPCIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. (recollida do lixo) O 7 DE DECEMBRO DEBIDO A FOLGA NA EMPRESA CONCESIONARIA.

Por motivos alleos ao Concello de Pontecesures –folga na empresa concesionaria FCC- na xornada do sábado 7 de decembro non se prestará o servizo de recollida de lixo.
Tendo en conta que o 6 de decembro é festivo nacional (día da Constitución) e que o 8 é domingo, serán en total 3 días sen servizo de recollida de lixo. Por isto, dende o concello solicitamos a colaboración de tódol@s veciñ@s para evitar a acumulación de residuos nas nosas rúas.
Recoméndase depositar as bolsas do lixo nos colectores o xoves 5 de decembro pola mañán, o antes posible para que se recollan nesa xornada; e non volver a facelo ata o luns 9 de decembro salvo que sexa estrictamente necesario.
O equipo de goberno municipal considera que seguindo estas recomendacións non haberá incidencias importantes no servizo polo que agradece a colaboración veciñal.

