A emisora municipal Radio Valga 107.9, que dirixe Hector Bérmudez,dende o 31 de agosto comezou en probas a súa emisión en directo a través do seu novo portal web www.radiovalga.es . Polo tanto agora tódolos veciños das comarcas do Ullán, Caldas e A Mahía, que se encontren espallados polo Mundo adiante poderan ,simbolicamente, estar un pouco máis preto da súa terriña e enterarse das novas e do acontecer diario destas comarcas. Ademais disto nos vindeiros días Radio Valga 107.9 FM comezará as probas para poder mellorar e extender a súa cobertura a través da ondas.
Por outra banda, o programa decano das orquestras de Galicia «Palco de Estrelas», dirixido e presentado por Daniel Seijas, pasara agora a comezar as 20 horas, en vez das habituais 19 horas , mantendose a súa emisión coma sempre os xoves (salvo que sexa festivo, que se adianta á véspera) ata a madrugada.
Sin Categoria
FESTA NA HONRA DA VIRXE DA LANZADA, EN CAMPA?A (VALGA), ESTE VENRES 14 DE SETEMBRO.
O Venres 14 de setembro a festa na honra da virxe da Lanzada, comezará pola mañá cunha tirada de foguetes para espertar a tódolos veciños. Haberá pasarrúas e a tradicional misa xunto ó cruceiro da Lanzada a 1 do mediodia. Seguidamente terá lugar a poxa de ramos.
A noite ven botar un baile cun festón amenizado por dúas das mellores orquestras galegas : TR?BOL E ISRAEL.
Sin Categoria
MORREU AVELINO POUSA ANTELO.
Acaba de marcharnos unha das figuras máis senlleiras do noso pais,un dos bos e xenerosos,un grande galeguista.Morreu con 98 anos AVELINO POUSA ANTELO. Foi mestre aquí no colexio de Infesta e a rúa do centro escolar leva o seu nome. DEP. A Capela ardente instalarase no consistorio de Teo.
Sin Categoria
HOXE XOVES C?MPRSE O 87 ANIVERSARIO DA INAGURACI?N DA FEIRA DO AUT?MOBIL DE OCASI?N DE PONTECESURES.
Tal día coma hoxe, o 28 de xuño de 1925 inagurabase no muelle de Cesures a primeira feira do automóbil de Ocasión que houbo en España. A feira pechouse ó día seguinte, festividade de San Pedro, cun grande éxito de público e de vendas. Curiosamente o mesmo día,pero 11 anos despois,o pobo galego votaba favorablemente para que o Estatuto de Autonomía de Galicia poidera ser unha realidade. A Guerra Civil, que comeza uns días despois, 17-18 de xullo, truncará estas aspiracións ,que non se faran efectivas ata 1981.
Sin Categoria
HOXE ESPECIAL SOBRE FEGACLASIC E AS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM
Hoxe á tarde (dende as 19h e ata as tantas da madrugada) no programa «Palco de Estrelas», que presenta e dirixe Daniel Seijas Llerena, entre outras moitas cousas, haberá unha «superproducción» sobre a historia das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures, con moitas sorpresas…ademais o programa contará coma convidado especial a Antonio Ferro, presidente da Asociación Cultural «Mirandolle os dentes», para falarnos de FEGACLASIC, exposición que terá lugar este sabado 5 e domingo 6 de maio.
No plano musical poderás escoitar as pezas do novo disco da BANDA DE M?SICA MUNICIPAL DE VALGA titulado «Melodias do Mundo», así coma o novo tema da orquestra ACH? chamado «Pa ´lante Pa´lante»…..e moito máis.
Sin Categoria
A PARTIR DE HOXE RADIO VALGA COMEZOU A EMITIR NA NOVA FRECUENCIA DO 107.9 FM.
A emisora municipal Radio Valga deixou hoxe de emitir no 107.4 da F.M. pasando a escoitarse a partires de agora no 107.9 FM. Nos vindeiros días efectuaranse uns axustes técnicos coa fin de mellorar a calidade do sinal emitido pola emisora.