Este xoves 22 de marzo, aproximadamente sobre as 22.30h., coma xa é habitual, dende o 2006, presentarase e promocionarase a Festa da Lamprea do Ulla, no programa «Palco de Estrelas», que se emite en Radio Valga 107.4 FM, a emisora lider de audiencia no Val do Ullán. Nesta ocasión, no programa dirixido e presentado por Daniel Seijas, «subiranse» ó palco radiofónico para dar conta das actividades relacionadas con esta celebración gastronómica, os concelleiros do goberno cesureño Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araújo. Ademais coma sempre sonará a mellor música das orquestras e bandas de musica galegas, artístas iberoamericanos,concursos, axenda festeira, chamadas en directo e moito máis ata as tantas da madrugada.
Sin Categoria
FESTAS DAS DORES,NO CARBALLI?O-XANZA (VALGA) O SABADO 10 DE SETEMBRO.
CARBALLI?O 2011 Xanza-Valga
FESTAS NA HONRA Á VIRXE DAS DORES 2011
SABADO 10 DE SETEMBRO : POLA MA?Á UNHA SALVA DE BOMBAS ANUNCIARÁ AS FESTAS.
DE SEGUIDO, PASARR?AS A CARGO DO GRUPO DE GAITAS XARANDEIRA
ÁS 13H. MISA SOLEMNE
Pola noite boa verbena amenizada polas orquestras
CASABLANCA de Ourense
e D´NOCHE co seu éxito «A cabeza non para».
DOMINGO 11 DE SETEMBRO.
POLA MA?Á, BOMBAS DE PALENQUE.
Á 1 DO MEDIODIA, MISA SOLEMNE.
AS 4 E MEDIA DA TARDE, GRAN TORNEO DE ESCOBA, ONDE DECIDIRASE QUE SERÁ O MELLOR XOGADOR DO MUNDO.
XIV TROFEO VIRXE DAS DORES.HABERÁ TROFEO PARA OS 4 PRIMEIROS CLASIFICADOS E PREMIOS EN METALICO PARA OS 3 PRIMEIROS.
FESTA DOS NENOS CON HINCHABLES, FESTA DA ESP?MA E RUTA CICLOTURÍSTICA.
Sin Categoria
FESTAS DO SAN ROQUE EN BA?O-XANZA (VALGA) ESTE SÁBADO 13 DE AGOSTO
SÁBADO 13 DE AGOSTO
ÁS 9 DA MA?Á GRAN DISPARO DE BOMBAS ANUNCIANDO AS FESTAS
ÁS 10.30 H. PASARR?AS A CARGO DA BANDA DE GAITAS «DOMINGO FONTÁN» DE PORTAS.
ÁS 13 H. MISA SOLEMNE CANTADA POLO CORO DA ARMENTEIRA
SESI?N VERM? A CARGO DA BANDA DE GAITAS «DOMINGO FONTÁN»
A PARTIRES DAS 23H. SUPER VERBENA A CARGO DAS ORQUESTRAS
PRINCIPAL DE MONDO?EDO E LOS TROVADORES DA CORU?A.
? REMATALA FESTA HABERÁ CHOCOLATE CON BISCOITOS ATA FARTAR!
MARTES 16 DE AGOSTO : MISA CANTADA ÁS 12 DO MEDIODIA PARA CELEBRALA FESTIVIDADE DE SAN ROQUE.
NOTA : A COMISI?N DE FESTAS AGRADECE A COLABORACI?N PRESTADA ?S VECI?OS, CASAS COMERCIAIS E ? EXMO.CONCELLO DE VALGA
Sin Categoria
ESTRENOS EN EXCLUSIVA PARA RADIO, EN PALCO DE ESTRELAS, HOXE XOVES 21 DE XULLO, DOS NOVOS DISCOS DAS ORQUESTRAS CAPITOL E CINEMA,E O DVD DE LOS SATELITES.
Coma sempre, un xoves máis, dende as 19h. e ata que o galo faga «Kirirkiiiiii…», chega ás ondas de Radio Valga 107.4 FM, o programa décano das orquestras e das festas de Galicia, PALCO DE ESTRELAS, presentado e dirixido por Daniel Seijas Llerena. O programa comezou a semana pasada a súa septima temporada ininterrumpida en antena, dende que empezou a emitir en xullo do 2005 , e dende aquela o programa nunca deixou de emitirse en directo nin unha soa semana.
Este xoves escoitarase en exclusiva, para radio, o agardadisimo disco da orquestra CAPITOL, de Bertamiráns, titulado «25 ANIVERSARIO», e que ven sendo o seu quinto traballo discografico. Tamén emitiranse temas totalmente en exclusiva do que será o novo disco da orquestra CINEMA, que está a piques de sair ó mercado e que se titula «Estomballandote con…Cinema». Este titulo fai referencia ó tema «Estomballada» , incluído neste disco, que é un versión da mesma canción que compuso e fixo popular «A Banda da Balbina», a formación liderada pola valguesa Silvia Cerneira.
Recén saído do forno está tamén o DVD da Gala do 70 aniversario da orquestra LOS SAT?LITES, que se celebrou en novembro do 2009 no Teatro Colón da Coruña, e do que se poderan escoitar novos temas desta Gala en Palco de Estrelas, como sempre antes que en ningunha outra emisora ou televisión. Como sempre «Palco de Estrelas» segue o programa de referencia agora de contar coas últimas novidades musicais no só das orquestras de Galicia,sinon de artistas e de orquestras de Iberoamérica.
Sin Categoria
FESTAZAS EN CAMPA?A (VALGA) OS DÍAS 24,25 E 26 DE XULLO.
Cartel de orquestras, que van as festas de Campaña 2011 :
Domingo 24 de xullo, festa na honra da patrona da parroquia Santa Cristina : Grupo MIDAS de Pontecesures e orquestra SUPER COMBO de Ourense
Luns 25 de xullo, festa na honra ó Santísimo Sacramento : Grupo ALKAR de Portonovo e orquestra OLYMPUS de Negreira.
Martes 26 de xullo, festa na honra da Santa Ana : Estarán as formacións pontevedras , orquestra CINEMA e o grupo MASTER BAND.
Sin Categoria
HOXE XOVES PRESENTACI?N DAS FESTAS DO CARME E DO CHURRO DE PONTECESURES,NO PROGRAMA «PALCO DE ESTRELAS» DE RADIO VALGA
Hoxe xoves, coma é habitual, a partires das 19h., haberá o programa máis festeiro de Galicia, «Palco de Estrelas» en Radio Valga 107.4 FM, dirixido e presentado por Daniel Seijas. Sonará a mellor musica das nosas orquestras, con novas grabacións en exclusiva, artistas e formacións de iberoamérica,asi coma a melodias interpretadas polas bandas de música populares da nosa terra. Non faltarán os concursos, a axenda festeiras, chamadas en directo…e sobre as 22.30h., estarán nos estudios centrais de Radio Valga, os concelleiros Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araujo, para presentar e falar das actividades lúdicas, que serán entre o 1 e o 4 de xullo, relacionadas coas festas do Carme e a IV festa do churro de Pontecesures. O programa acabará sobre as 4 ou 5 da madrugada.