BALONCESTO: HOXE DEBUTAN OS 2 EQUIPOS CADETES E MA?Á XOGAN OS XUNIOR NA CASA

Esta xornada arranca a competición cadete, tanto masculina como feminina, que, xunto cos xunior, son os equipos que xogan este fin de semán.

En concreto as mozas do cadete feminino impuxéronse esta mañá por 12 a 75 ó Xuven de Cambados, no partido celebrado nesa vila do Albariño ás 10 da mañá.

Os mozos do equipo cadete masculino viaxan ata Lalín onde xogan esta tarde a partir das 16 h. contra os do Deza.

Mañá Domingo, a partir das 18 h. o equipo xunior xoga a 2ª xornada da liga. Será en Pontecesures contra o BB Pontevedra. O noso equipo vai chegar moi xusto, tras as lesións de Gabriel e Fran, polo que o adestrador Antonio vai levar 5 cadetes para completar convocatoria.

Na vindeira semán serán as nenas infantís as que empecen a xogar a súa competición. Nas seguintes o farán os senior, alevíns e benxamíns. A finais dos próximo mes de outubro os 8 equipos estarán xogando as súas respectivas ligas.

Por fru, hace

EXITO DE PARTICIPACION NO I TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA CELEBRADO NA PLAZUELA ESTE PASADO SABADO

Este sábado 17 de setembro o C. B. Rio Ulla organizou en colaboración co Concello de Pontecesures o ??I Torneo 3 x 3 de Basket na Rua?. A data elexida foi polo inicio dunha nova temporada, a 2011-12, na que o club vai participar con 8 equipos federados.

Pero ó facer este torneo de basket o que pretendimos foi achegar este deporte ó pobo, e para elo, que mellor lugar que a Prazuela de Pontecesures, xusto en metade do pobo. Alí se instalaron 2 canastas e se marcaron uns campos onde disputar o torneo. E o público respondeu, pois nas mais de 6 horas de partidos, achegáronse bastantes persoas a presenciar este torneo. 

O número de equipos inscritos foi un éxito xa que na categoria A (ata 15 anos) houbo 6 equipos, e na B (+ de 16 anos) foron 16 equipos inscritos. Foron un total de 80 os participantes os que dende as 16 h. da tarde do sábado, ata as 22.30 da noite estiveron xogando case sen parar. Indicar que os últimos partidos se xogaron perfectamente con luz artificial duns focos instalados a tal fin.

Na categoria A os cesureños «X», impuxeronse ó ??Villa Team??; e na categoria B  foron os ??Grandfather? os gañadores da final diante dos ??Cuñados?.

Colaboraron nos premios ademais do propio Concello de Pontecesures, as casas comerciais ??Casa Chaves? e ??HC Sport? de Pontecesures. Os premios foron:

Na categoria A: camisetas de recordo, 1 balon e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Na categoria B: Un vale de 40 euros donado por HC Sport, e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Ademais Cocacola serviu bebida para todos os participantes do Torneo.

Decir tamen que a participación dos equipos superou o ámbito local, pos chegaron equipos de Dodro, Valga, e 3 de Vilagarcia. Ademais había xogadores tamén de Padron, e Rois.

Dende o club queremos destacar a deportividade que reinou en todo o Torneo, mérito dos deportistas que acudiron, e queremos agradecer o interese posto nel tanto polo Concelllo de Pontecesures, coma os patrocinadores que nos apoiaron  (Casa Chaves, HC Sport, e Cocacola). Tamén o traballo de Protección Civil, que tivo que atender a 2 lesionados durante a tarde (unica nota negativa). Agradecer tamén o trabalo desinteresado dun grupo de antiguos xogadores e afecionados locais que axudaron na montaxe e desenrrolo do torneo.

Haberá que ir pensando en mellorar o Torneo con vistas ó vindeiro ano, e facer que participan tamén os nenos/as menores de 12 anos nunha categoria para eles/as.

Moitas grazas a todos/as pola colaboración e participación.

 Agora colgamosunhas cantas fotos deste torneo:

Sergio, Uxio, martín e David, integrantes do equipo «X» gañadores da categoría A, no momento da entrega dos premios, flanqueados por Gulli, do C.B. Rio Ulla, e por Roque Araujo, concelleiro de deportes.

Roberto, Santi e Pepi, integrantes do equipo «Grandfathers», gañadores da categoria B.

 

O CLUB BALONCESTO RIO ULLA INICIA OS PARTIDOS OFICIAIS 2011-12 ESTA FIN DE SEMANA.

Hoxe ás 12 horas xoga o noso equipo xunior masculino no Grove o 1º partido oficial do ano, pois é a 1ª categoria en empezar esta tempada. Atá o Grove vanse desprazar 6 xogadores xunior xunto con 4 do equipo cadete, dirixidos por Antonio Pedrido. O Grove é un dos 2 favoritos para levarse esta liga arousana, xunto co BBC de Vilagarcia.

Pra vindeira fin de semán serán os equipos cadetes, masculino e feminino, os que arranquen as suas competicións. Xa en Outubro o farán o resto de categorias, senior, infantil, alevíns e benxamíns.

Por fru, hace

HOXE SE DISPUTA O I «3 x 3 BASKET NA RUA» NA PLAZUELA

A partir das 4 da tarde arranca o 3×3 Basket na Rua. Antes sortearanse os partidos dos pequenos, hasta 15 anos. As 17.45 esperamos sortear ós mayores, e que empecen a xogar en torno ás 18 h., para finalizar sobre as 21 ou 21.30 horas.

Para elo vanse poñer 2 canastras na Plazuela e delimitar uns campos.

Hai uns 8 equipos de pequenos/as e 15 equipos dos grandes anotados, cunhas 70 persoas participantes. Son equipos de 3 ou 4 xogadores.

Sorte !!!

ESTE SABADO POLA TARDE TEREMOS O I TORNEO DE 3 x 3 «BASKET NA RUA»

Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla, e contando coa colaboración do Concello de Pontecesures e o patrocinio de Casa Chaves,  Hc Sport e Coca Cola, vaise celebrar este torneo de baloncesto que, coma novidade vai ser ó aire libre. En concreto na Plazuela de Pontecesures, onde se van instalar 2 canastas para a disputa do torneo, que dará comezo arredor das 4 da tarde do sabado e finalizará á noitiña.

Existen 2 categorias: Ata os 15 anos e os que teñas 16 ou mais. Os equipos dos mais novos pagan 10 ? cada equipo, e os grandes pagan 20 ? de inscrición.  Contamos cuns 20 equipos participantes (10 en categoria), inda que o prazo remata hoxe ás 21 h. No dia de mañá faremos publico o calendario, normas de xogo e premios.

Desexamos con esta iniciativa dar a saida dunha nova temporada baloncestística, e que este torneo sirva para que a xente se anime a coñecer este deporte, e mais os mais cativos/as.

Por fru, hace