O PONTECESURES C.F. DA CATEGORIA ALEVÍN P?DESE PROCLAMAR CAMPI?N DA S?A LIGA

 

O equipo xoga este domingo dia 27 ás 12 da mañá (ollo que hai cambio de hora) no campo municipal Ramón Dieguez de Pontecesures contra o Cacheiras. Quedan 3 partidos, pero en caso de gañar xa serían campións e disputarian a fase de liga galega. Para elo, queren gañar este domingo, a un rival que está pola metade da taboa clasificatoria.

Este grupo de alevíns foi subcampión o ano pasado, polo que esta xeración de futbolistas ten outra oportunidade de acadar o título alevín. Seu adestrador Marcos «Pichi» fai un chamamento para que os demais xogadores do club, asi coma pais, familiares e afeccionados en xeral, suban este domingo a animar ós rapaces.

O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA NON ACADOU A VICTORIA EN VIGO. ESTE VINDEIRO SÁBADO PODEN ACADALO EN PONTECESURES.

O equipo ia gañando 0 a 2 en Vigo, e de ter quedado así, serían matematicamente campións da liga provincial. Pero na 2ª metade, os locais do «Lume Demostra» acadaron o empate a 2 co que acabou o partido. 

Así pois, este sábado en Pontecesures, diante da afición, o equipo ten unha nova posibilidade de acadar a victoria, co que se proclamarían gañadores desta liga.

Ademais, hai que ter en conta que o 2º clasificado, o CAFvD de Pontevedra xoga na casa do 3º, o Seriprint de Moaña, polo que as posibildades dos pontevedreses de superar ós cesureños pasan por gañar nese dificil campo.

A clasificación é a seguinte, cando quedan 2 partidos:

 

Este sábado todos ó pavillón a animar ós chicos de Marcos «Pichi». E a ser posible disfrazados de siareiros. Un título está en xogo.

Por fru, hace

MA?Á SÁBADO O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA P?DESE PROCLAMAR CAMPE?N DA LIGA PROVINCIAL

Mañá sábado xoga en Vigo contra o «Lume Demostra», ás 19.30 h. No caso de acadar unha victoria, e tendo en conta que despois so lle quedarían 2 partidos mais por xogar, e que a diferencia co 2º é de 6 puntos, e Pontecesures CF tenlle o average gañado, serían matemáticamente campións de liga.

?xito rotundo para estes rapaces que, liderados polo seu adestrador Marcos «Pichi» culminarian de xeito maxistral a temporada, pois non olvidemos que é o 1º ano que xogan nesta liga. Despois quedará pensar no ascenso á liga autonómica, pero esa será outra historia. O mais importante agora mesmo é acadar eses puntos necesarios para ser campións. Mañá pode ser un bo dia pra gañar o título.

MA?Á AS 5 O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA XOGASE PARTE DAS ASPIRACI?N DO TITULO DE LIGA

Será no polideportivo de Pontecesures onde mañá sábado, a partir das 17 h. o Pontecesures C. F.  vaise xogar moitas das opcións de acadar o seu titulo ligueiro. Acode  a disputar este encontro o 2º clasificado, o CAFYD de Pontevedra, ó que os cesureños lle levan 3 puntos. Só lle quedan 3 partidos (9 puntos ) por disputar ós nosos chavales, polo que, de acadar a victoria, tería moitas posibilidades de proclamarse campeóns.

O seu adestrador Marcos «Pichi» non vai poder contar con todo o plantel, pois nesta 2ª volta o equipo sufriu varias lesións que lastraron ó equipo.  Para mañá espera que o polideportivo cesureño presente un gran ambiente de público que anime ó equipo.

FUTBOL SÁ: O PONTECESURES C.F. XOGA MA?Á SABADO NA CASA

O partido xogarase mañá sabado a partir das 16.45 h. e o rival  é o Lume de Vigo. Estamos na 9ª xornada da liga, e  actualmente o Pontecesures vai de lider con 8 partidos xogador, 7 gañados e 1 perdido. Leva anotados 34 goles a favor, e encaixados 15. Bos números os do noso equipo, tendo en conta que é a sua 1ª experiencia nesta liga. Importante seguir contando co apoio do público, coma nestes últimos partidos na casa, pois o equipo quitalle 5 puntos ó 2º clasificado, Restaurante Groba, que leva 7 xogados.

O Lume, rival de mañá, vai de 7º, con 7 partidos xogados, 2 gañados, 2 empatados e 3 perdidos. Leva 20 goles a favor e 24 en contra.

BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA MA?Á NA CASA CONTRA EL DOCE

Será a partir das 19.45 h. no polideportivo cesureño, horario tardio motivado polos árbitros, pois acoden doutro partido anterior.

O rival, os vilagarciáns de El Doce iniciaron mal a tempada, pois tan só lle gañaron esta pasada fin de semán ós colistas, o Dorna da Illa de Arousa. Por contra os cesureños lavaron a mala imaxe da 1ª xornada gañando os 3 seguintes, o ultimo en Lalín por 47 de diferencia (27 a 74).

Esperemos que o equipo dea un bo nivel e quede a victoria do bando local, o que faría que oequipo seguira pelexando por optar a quedar entre os mellores, cando queda esta e outra xornada para o fin da 1ª volta.