BALONCESTO: HORARIOS DA FIN DE SEMÁN.

Senior: Xogan en Lalín domingo ás 18.30 h.

Logo das 2 últimas victorias, outra metería ó equipo na loita polas primeirs prazas.

Cadete Feminino: Sábado 12 h. en Pontecesures, partido de volta contrra Mercedarias de Ferrol.

Intentarán dar unha mellor imaxe qu eno partido e ida, onde perderon por mais de 50 puntos. Contan con varias lesionadas que mañá non van xogar.

Cadete masculino: Amistoso en Lalín Domingo ás 17 h.

Os nosos cadetes van xogar un partido amistoso ante o novo equipo dos lalinenses, antes do partido dos seniors.

Alevín Feminino: Domingo as 17.30 h, en Pontevedra, contra Marín Peixegalego.

Iniciase a liga das nenas alevíns. Este ano xogase por concentracións, tocando a 1ª en Pontevedra. Ata 1’0 equipos van xogar nesa cancha.

Por fru, hace

BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR EXTRUGASA RIO ULLA XOGA ESTE SABADO NA CASA ÁS 19.30 H. ANTE O GRAUNNER DE A ILLA.

Este sábado, logo do partido de futbol sa , o equipo senior xoga en Pontecesures o seu 3º partido de liga. O rival e o equipo arousan do Graunner (antigo Ribadumia de autonómica), que está formado por xente veterana con moito oficio. Por elo, son claros favoritos a gañar a 1ª praza do grupo B da liga arousana, pero o noso equipo intentará facerlle frente, coma sucedera na tempada pasada.

A hora ás 19.30 h.no polideportivo cesureño. Os nosos están con 1 victoria e 1 derrota neste inicio de liga.

BALONCESTO: O EQUIPO CADETE FEMININO XOGA ESTE SABADO EN FERROL O PARTIDO DE IDA DOS CRUCES DE ASCENSO Á LIGA GALEGA.

O partido vai ser contra o equipo do Colexio das Mercedarias de Ferrol, no pavillón do seu colexio, sabado ás 12.30 h.

Sairá un autobus dende as 9.15 h. dende o aparcadoiro da praza de abastos, podendo viaxar aqueles afeccionados que o queiran facer para apoiar ás nenas. O regreso é xusto ó rematar o partido. O prezo de cada acompañante é de 5 ? para axudar a paliar o custo do autobus.

A vindeira semán xogarase o partido de volta, sabado ás 12 en Pontecesures.

O equipo das nenas posando cos trofeos acadados a pasada temporada.

Por fru, hace

O PONTECESURES CF. DE FUTBOL SA XOGA ESE SABADO AS 17 H. EN PONTECESURES

O rival será o Atl. Cuntis, que é o actual farolillo da clasificación, ó gañar 1 só dos 5 partido que disputou. Por contra, os nosos muchacho seguen líderes, a pesar da derrota en Forcarei a semán pasada, 3 a 2, primeira derrota do campionato logo de ter gañado os 5 primeiros encontros.

Así, parece a priori que o equipo poida gañar e seguir mantendo esa 1ª praza da taboa. O horario ás 17 h. e esperese un bo ambiante no pavillón cesureño igual que hai 15 dias.

A clasificación pódese seguir dende a páxina da delegación de Vigo de futbol sa: http://fgfs-vigo.com/

Ahi hai que pinhar en clasificacion, e ir á primeira competición que aparece «Provincial masculina grupo A».

BALONCESTO: ESTA TARDE XOGAN OS SENIOR EN PONTECESURES, CON INTENCI?N DE MELLORAR A IMAXE DO PASADO SABADO.

Logo da derrota sen paliativos ante Cuntis, por 45 a 68, o equipo volta a xogar na casa. Esta vez o rival é o C. B. Dorna de A Illa, e o partido tiña que disputarse no seu campo, pero a directiva dos arousáns solicitounos un cambio de campo, pois teñen seu pavillóin en obras.

Así o partido vaise disputar en Pontecesures hoxe sábado a partir das 19.30 h., e esperemos que sirva para dar unha millor imaxen, logo do mal partido do pasado sábado.

Por outra banda, as nenas cadetes xa xogaron esta maña en Pontecesures ante o Arxil «B», gañando por 40 a 38 nos ultimos minutos, nun partido emocionante e moi disputado, e con medio cento de espectadores nas gradas. Coma queira que no partido de ida perderan por 30 puntos, as nosas cadetes teñen que esperar que Arxil A manteña a praza de liga galega, para que non poida ir ós cruces o 2º equipo, e ser o Extrugasa Rio Ulla quen xogue a eliminatoria que da dereito á unha praza en liga galega. Na vindeira fin de semána quedará todo decidido.