ANTIA E SERGIO, XOGADORES DO C. B. RIO ULLA SUBCAMPEONS GALEGOS NO TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS

 

Esta pasada fin de semana celebrouse a 2ª xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais, de categoria Alevín (10 – 11 anos). Na seleccion arousana masculina participou o noso xogador Sergio Martinez (11 anos), e na feminina o fixo Antia Sanmarco (10 anos). No caso de Antia poderá repetir selección para o ano se é convocada chegado o momento.

A primeira xornada fora en Carril no mes de decembro, e tanto as nenas coma os nenos acadaran xogar polos primeiros postos. As nenas gañaran o torneo de Carril, e os nenos perderan por 2 na final, contra Ourense.

Esta 2ª xornada celebrada o pasado fin de semana en Sarria (Lugo) serviu para dirimir eses 4 primeiros postos deste torneo galego de seleccións zonais.

Asi os nenos derrotaron primeiramente a Lugo (67 – 61), para na semifinal gañar a Ourense 51 a 46. Perderon con Coruña 30 a 75.

As nenas pola sua banda gañaron a Lugo 83 – 33, para na semifinal gañar a Ourense 71 a 61. Foron superadas por Vigo por un 77 a 26.

Hai que decir que caeron nas suas respectivas finais ante 2 «superequipos», logo de ver a Coruña en nenos, e a Vigo en nenas. O éxito foi chegar, con 2 seleccións feitas dende outubro a disputar estas finais, que avalaron o traballo feito polos seus seleccionadores.

En ambos casos os xogadores deste club participaron activamente nestes partidos. Noraboa.

BALONCESTO: O TEMPORAL IMPIDE A CELEBRACION DE VARIOS PARTIDOS

Debido ó temporal destes dias, esta vindeira fin de semana apenas teremos partidos. Así, a humedade en forma de condensación afecta ás pistas e os pabellóns quedan inutilizados para a práctica deportiva, por riscos de esbaróns e caidas.

No caso do noso club quedaron suspendidos os partidos que mañá sabado ian xogar os cadetes e infantis, contra Estrada e Pontevedra, respectivamente. Tampouco poderán xogar os alevíns no Grove polo mesmo problema.

Neste momento mantense o partido senior contra o Motobazar de Vilagarcia, para mañá sábado as 20 h. en Fontecarmoa II, pabellón que logo das obras realizadas, apenas ten estes problemas.

BALONCESTO: HORARIOS DA FIN DE SEMANA

O Extrugasa  o pasado sabado no campo do Grove

(Foto cedida polos responsables de www.todogrove.com)

SENIOR ZONAL. Domingo 18 ás 18 h. en Pontecesures, partido contra CB. Graünner Ribadumia.

O Extrugasa que ten ocasion, no caso de gañar,  de demostrar se ca victoria do outro dia no Grove pode cambiar a sua dinamica nesta liga, onde compite dignamente, pero faltanlle victorias para salvarse, ou se complica definitivamente a permanencia en caso de derrota. Ribadumia, cun partido menos xogado está con 4 gañados e 5 perdidos, polo que gañar, e a ser posible de mais de 11, pois alá perdera 64-53, é o único obxetivo válido para o Extrugasa, que podería incluso sair dos postos de descenso.

INFANTIL MASCULINO. Sábado ás 10.30 h. en Marín, contra o Peixegalego «B».

ALEVIN MIXTO. Sábado ás 11.30 h. en Pontecesures, contra o Arxil «A».

BENXAMINS. Concentración en Pontevedra, domingo ás 16.30 h. contra o Arxil.

 

BALONCESTO: O EXTRUGASA NON ARROXA A TOALLA, GA?ANDO 60 – 62 NO GROVE ? 2º CLASIFICADO

* C.B. GROVE DEMARPA = 60
* EXTRUGASA RIO ULLA = 62

J.L. (9), Peñaño (4), Diego (3), Pedro (-), Nacho (16), Santi (-), Arturo (10), Pepi (6), Felipe (14).

Extrugasa necesitaba recuperar crédito, se non quería chegar á parte final da liga sen opcións para salvarse, logo das ultimas derrotas en Cambados e na asa co Estudiantes. E foi gañar á casa do 2º clasificado, un Grove que na 1ª volta só perdera contra Extrugasa na 1ª xornada, e logo contra o líder Laxe Marín.

E eso que o inicio do partido non foi nada prometedor, pois o equipo no 1º cuarto andaba perdido pola pista, defendendo tarde e sen pechar o rebote. E en ataque o mesmo, sen ambición nin garra, cometendo erros que supoñían perdas de balón. Así dun 3 ?? 3 no marcador, pasouse a un 18 ?? 8 en pouco mais de 6 minutos. Nacho moi defendido, pois non o deixaban recibir na zona local, e pouco mais en ataque. , finalizando o cuarto 22 ?? 10. O único positivo foi que o pívot local Mauri cargouse con 3 faltas antes de finalizar o cuarto.

De inicio no 2º cuarto, o equipo empezou a defender, Diego suxeitando mellor ó base local, era ó Grove a quen lle custaba anotar. E en ataque funcionaron os cambios: Felipe con 10 puntos no cuarto, Pepi e Arturo aproveitaron o escaso poder interior que tiñan os locais dentro da súa zona. Así o parcial nos primeiros 5 minutos foi de 1 a 9 para o Extrugasa (min 15: 23 ?? 17). O equipo voltaba a ser o de sempre, e logrou incluso empatar o encontro a pouco mais de 1 minuto (28 ?? 28), pero 2 canastras locais deixaron o marcador ó descanso 32 ?? 28.

Co peor xa pasado, retomouse o encontro e o Grove recuperou a súa altura, polo que se voltou a pechar o grifo dos puntos interiores. Esto propiciou que os locais pegaran un pequeño tirón no marcador, gañando ata por 7 puntos: 38 ?? 31. Só J.L. con 2 triplas mantiña ó Extrugasa no partido, polo que xunta a Nacho e Arturo, para gañar poder interior. Con Peñaño e J.L asistíndolles son capaces de darlle a volta ó marcador, rematando o cuarto 45 ?? 46.

O pívot local Mauri torceuse o nocello, ó ir a taponar unha tripla de Peñaño, no inicio do derradeiro cuarto, e eso acusárono os do Grove, ós que non lle quedou outra que defender mais arriba para evitar que Extrugasa xogase os balóns interiores fáciles. Pero os cesureños estaban no momento bo, logrando irse 5 arriba á falta de 2 minutos: 52 ?? 57. Atacando á desesperada, e defendendo moi forte Grove achégase e logra empatar o partido quedando 19 segundos, a 60. Tempo morto visitante, e funciona o falado: buscar a Nacho e se non podía recibir por estar moi cuberto buscar a quen estivera libre. Foi Felipe faltando menos de 3 segundos quen recibiu e anotou só debaixo do aro local. Tempo morto local, sacando logo dende medio campo, e o propio Felipe taponou o tiro local, conseguíndose a 3ª victoria que mantén últimos ó Extrugasa e Estudiantes, pero a unha victoria da salvación.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Sabado ás 20 h. no Grove: Grove – Extrugasa.

Inicio da 2ª volta da liga diante dun equipo que só perdeu co Extrugasa e co lider Laxe Marín. Desprazamento difícil, pero non poderán baixar os brazos para intentar salvarse. 

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures: Extrugasa – Estudiantes.

Inicio da copa infantil, entre 2 dos equipos chamados a estar entre os 4 equipos de arriba. Veremos coma sentou o parón navideño.

ALEVIN: Sábado ás 17.30 h. no Grove:  Meco «B» – Extrugasa

Extrugasa debe impoñer a súa maior idade para seguir optando a liderar este grupo dos alevíns.

BALONCESTO: O EXTRUGASA PERDE (59-60) NUN FINAL AGONICO, E QUEDA COMA PECHACANCELAS NA TABOA CLASIFICATORIA

EXTRUGASA RIO ULLA = 59

 

Gulli (17), Diego (5), Victor (-), Pedro (-), Nacho (12), Santi (5), Arturo (8), Pepi (12), Juanjo (-) .

 

ESTUDIANTES PONTEVEDRA = 60

 

O Extrugasa finaliza a 1ª volta da liga no derradeiro lugar da taboa, logo de perder este encontro suspendido a principios de decembro pola humidade na pista. O equipo na metade da competición ligueira demostrou ser competitivo, pero faltoulle algo mais de pegada, e de sorte, para ter mais victorias. Porque falta de sorte foi a derrota deste dia, logo de encaixar unha tripla á desesperada dos pontevedreses, e logo que Nacho errara o seu lanzamento final sobre bocina.

Outra diferencia respecto da temporada anterior, e pode ser pola maior esixencia da liga, é a plaga de lesionados que está tendo o equipo este ano, pois tan só por 2 veces o equipo estivo ó completo. Neste caso foron Pedrito, Peñaño e Pino os que non poideron disputar este encontro. 

 

Asi, ante un rival que iba de ultimo, etrugasa impúxose no primeiro cuarto, con diferencias minimas todo o tempo, gracias a Pepi (6) e Nacho (8). As diferencias eran cortas pero o equipo estaba xogando ben. 16 ?? 14 no remate do cuarto.

 

Os cesureños seguian por diante con diferencias de 3 a 5 puntos, duarante o 2º cuarto. Neste caso foron Gulli e Arturo, os que lebaban a responsabilidade anotadora.

Chegouse ó descanso gañando por 3 puntos: 32 ?? 29

 

O inicio do 3º cuarto foi clave: cun xogo barullado o Extrugasa cometeu numerosas perdas en ataque nos primeiros minutos, aproveitando os pontevedreses para anotar un parcial de 2 ?? 9 (min 24: 34 ?? 38). Parecia que se achegaba o Extrugasa (38 ?? 40), pero 2 triplas dos pontevedreses alonxáronnos de novo (38 ?? 46). De novo Gulli e Nacho achegaron ó Extrugasa no remate deste cuarto: 46 ?? 50.

 

Extrugasa, sabendo o que se xogaba, foi quen de darlle a volta ó partido, a base de defender, (min 35: 54 ?? 54). Nacho pon ó Extrugasa  por diante quedando 2 minutos 58 ?? 56. Logo Gulli ten unha oporunidade para darlle unha diferencia de 4 puntos, se anotara os 2 tiros libres, pero erra no segundo, quedando menos de 1 minuto. (59 ?? 56).

Os visitantes meten 1 tiro libre, e Pepi falla unha bandexa quedando 18 segundos. Os de Pontevedra que moven o balón e tiran unha tripla á desesperada quedando poucos segundos que entra. Con 2 segundos nacho recibe e fai un tiro a 4 metros que non entra e se produce unha nova derrota.

 

Agora as opcións para salvarse pasan por gañar 4 ou 5 partidos na 2ª volta, e para elo terán que recuperar a moral e creerse gañadores, pois competitivos demostraron ser.