BALONCESTO: PRIMEIROS PARTIDOS DO ANO 2009

Serán este sábado día 3, e son das categorias benxamín, alevín e senior.

Así os alevíns, sábado ás 10.30 h. en Pontecesures recuperarán un dos aprazados que teñen pendentes diante do C.B. Grove. Son os 2 equipos mais fortes do grupo mixto de liga, polo que os nosos alevíns xoganse ser 1º de grupo.

A continuación haberá un torneo de benxamíns, no que participarán 2 equipos do C. B. Grove e os 2 equipos das nosas escolas de baloncesto: Valga e Pontecesures. Sábado 3, a partir das 12 no polideportivo cesureño.

Finalmente xa pola tarde, a partir das 19.15 h. partido do equipo senior diante do Estudiantes de Pontevedra. Duelo de colistas, onde o Extrugasa non ten mais marxe de maniobra se quere escapar dos postos de descenso. Esperamos poder empezar o 2009 superando a este rival directo e romper a mala racha de resultados deste final de ano.

Este partido tivo que se suspender hai unhas semanas pola humidade da pista, quedando aprazado para esta data.

Posteriormente iránse incorporando os demais equipos ás competicións oficiais, logo do parón navideño.

Por fru, hace

IMAXENES DA CARREIRA POPULAR DESTE SABADO PASADO

Este sabado 27 celebrouse a IX edición da carreira popular de Pontecesures. estes foron alguns dos momentos da mesma.

Cabeza da carreira logo do 1º kilometro.

O atleta mais veterano, cos seus 76 anos.

Os 2 primeiros da proba á falta de 1 kilometro.

A participante de menor idade, a cesureña Sara Liñares, con 11 meses.

O podium absoluto da proba.

Algunhas das participantes que obtiveron medallas de recordo pola súa clasificación.

FOTOS DO TORNEO DE FUTBOL BENXAMIN DO PASADO VENRES 26

ese día os mais pequenos do Pontecesures C.F. xogaron un torneo de futbol 7.

Así pola mañá xogaron os benxamins «A» do Pontecesures contra o equipo benxamín do Pontevedra C. F. Logo dun emocionante, polo marcador, e intenso partido gañaron os pontevedreses por 3 a 4.

Pontevedra C.F. Benxamin

Pontecesures Benxamin «A»

Logo pola tarde os benxamíns «B» (de 1º ano), e os prebenxamíns, xogaron cadanseu partido cantra equipos do Cordeiro.

No primeiro partido os cesureños impuxéronse por un único gol no marcador.

Momento no que MAIKEL do Pontecesures marca o gol que lle dou o triunfo ós locais.

Pontecesures benxamín «B» 

E por ultimo os prebenxamíns xogaron a ultima hora da tarde, caendo por un claro 1 a 4.

Momentos deste ultimo partido.

ANTIA SANMARCO E SERGIO MARTINEZ, DO C.B. RIO ULLA DISPUTARON CA SELECCION AROUSANA DE BALONCESTO ALEVIN UN TORNEO CLASIFICATORIO

Foi este pasado sábado 20 de decembro en Carril (Vilagarcia), onde se celebrou un torneo clasificatori de sleccions zonais, en concreto da zona sur de Galicia. Acudiron Ourense, Vigo e Arousa, tanto nas categorias masculina coma femenina. Cada seleccion está formada por 10 xogadores ou xogadoras.

Pois ben, na Arousana o C.B. Rio Ulla estivo representada tanto na categoria masculina coma na feminina. Antia e Sergio foron convocados para este torneo.

Ambos tiveron a ocasion de xogar moitos minutos en cada un dos 2 partidos que xogaron: un pola mañá e outro pola tarde.

As chicas impuxeronse claramente nos 2 partidos; e os chicos gañaronlle a Vigo pola mañá, e perderon contra Ourense pola tarde na prorroga, logo de ir por diante todo o encontro.

Este é o 1º torneo do ano. En febreiro acudirán a Sarria e a finais de temporada (fins maio xogarase o campionato definitivo de seleccions). Sergio e Antia teñen moitas posibilidades de estar cas súas seleccións o resto da tempada. Antia ademais é alevin de 1º ano, polo que se sigue con esta progresión, pode repetir na vindeira temporada.

 Sergio e Antia

 

CELEBRADA A 2ª CONCENTRACION DE BENXAMINS EN PONTECESURES

O pasado domingo 14 celebrouse en Pontecesures a 2ª xornada das concentracions de baloncesto benxamin (7, 8 e 9 anos). Participaron na mesma os integrantes das escolas de baloncesto de Valga, Pontecesures e 2 equipos do Meco de O Grove.

Habilitáronse 2 pistas para xogar partidos simultaneamente. Non se leva resultado nin hai ningun tipo de clasificación.

 

 

 

  

Participantes dos 4 equipos da concentracion benxamin do 14-12

O NENO DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA PARTICIPOU DO EXITO DA SELECCION GALEGA INFANTIL PROMESAS

Dias atrás dábamos conta da nova de que por 1ª vez un xogador deste club participaba nunha convocatoria da federacion galega. Neste caso era a selección infantil masculina «B» formada por nenos de 1º ano infantil (nados en 1996). O noso xogador Jose Garlos Garcia (7 anos no club) tivo a ocasion de participar desta selección.

Jose Carlos, 2º de pe pola esquerda

Na 1ª fase a seleccion galega do 96, patrocinada por Caixagalicia acadou estes resultados:

Selecc Galega caixagalicia CETI 56 – Estudiantes de Lugo 40

Selecc Galega caixagalicia CETI 70 – Colexio Leonés 50

E na Gran Final impúxose ós portugueses de Oporto nun partido moi axustado:

Selecc Galega caixagalicia CETI 48 – Porto 45

A nivel individual, Jose Carlos non poido xogar todo o esperado logo de sufrir un esguince de nocello na 1ª xornada, onde causara unha boa impresión.