BALONCESTO: O ARBITRAXE CASTIGA ? EXTRUGASA RIO ULLA QUE SUFRE A 1ª DERROTA

GRAUNNER RIBADUMIA = 64 EXTRUGASA RIO ULLA = 53 

Gulli (6), Peñaño (10), Diego (3), Victor (3), Pino (4), Pedro (-), Santi (3), Arturo (2), Felipe (13), Pepi (7), Juanjo (2) . O arbitraxe en contra do equipo visitante a cargo de García, L. e Carollo, JM. cargouse un partido limpo e correcto no que non pasou nada para que lle foran sinaladas 5 tecnicas ó Extrugasa, ademais de varias antideportivas a ambos equipos. Curiosamente o arbitraxe cambiou logo do descanso, cando se incorporou o 2º arbitro ó encontro. En realidade chegou faltando uns minutos para rematar o 2º cuarto, pero neses minutos inda debeu ??aposentarse?. O da 2ª parte foi vergonzoso, gracias a querer aplicar un ??presunto criterio  arbitral? completamente distinto ó da 1ª xornada en Pontecesures. 

O partido principiou mal para o Extrugasa, pois non defendía ben ós postes locais e en ataque precipitabase co balón. (Min 5: 6 ?? 2). Pasouse a defender ó home, e Ribadumia veuse manitado sen poder facer tiros fácilies. E  Santi, Pepi, e Peñaño dende o tiro libre igualaron o marcador, finalizando o 1º cuarto 1 arriba: 10 ?? 11. O 2º cuarto foi domiñado claramente polo Extrugasa: parcial de 9 ?? 17 gracias á boa defensa individual que paraba moi ben ó ataque local, pechando beno rebote defensivo poder sair á contra. Ben Felipe neste cuarto ca súa velocidade, e penetracións, dándolle descanso a Pepi ademais. E funcionando o ataque estático, xogando cun bo ritmo. Así chegouse ó descanso 20 ?? 28 e o equipo facendo bo baloncesto. 

Pero ahí acabouse o partido. Os 2 primeiros ataques do Extrugasa foron penalizados, en 2 penetracións de Pepi e Peñaño cunha falta en ataque a 1ª inventada polo colegiado auxiliar, e con técnica a 2ª por decir Peñaño ??ehhh?  cando na entrada recibiu un golpe. O equipo descentrouse é a mínima os árbitros pasarona a sinalar técnica. Ribadumia achegouse no marcador, empatando mediado o 3º cuarto a 31. Logo, o Extrugasa ponse en zona, recibindo 2 triplas consecutivas (31 ?? 37). Co recital de tecnicas e antideportivas Ribadumia sobrepasa ós 10 puntos, para finalizar o cuarto: 35 ?? 48. Intentouno de novo o Extrugasa, achegándose a 8 ó inicio do ultimo cuarto: 41 ?? 49, pero outra técnica, esta vez por reclamar que a mesa puxera o marcador en marcha antes de que Peñaño tocase o balon logo do saque de fondo acabou por exasperar ó Extrugasa, mentras que Ribadumia, con xente veterana, seguia anotando e ó seu. Os cesureños acabaron o partido anotando 2 triplas consecutivas que deixaron o 64 ?? 53 final.

Non  quedou mais que felicitar ó rival pola victoria, un equipo veterano nun partido sen problema que tiña que haber tido outros puntos de atención (e pode que outro gañador) pero que 2 señores se encargaron de estropear.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Xogan na Illa de Arousa contra o C.B. Ribadumia,  ante un dos favoritos da categoria, pois  son un equipo veterano e que descendera da autonómica  hai 2 tempadas.  Nestes 2 ultimos anos en zonal  estiveron arriba codeandose cos mellores equipos da liga  h.arousana. O partido é o Sábado ás 17 h. e xogan na Illa por problemas de horarios en Ribadumia.

CADETE MASCULINO: Xogan en Pontecesures ó sábAdo ás 12 h. do mediodia contra o Liceo de Vilagarcía. Encontro ante un rival dificil, polo que lles será complicado acadar a 1ª victoria da tempada.

INFANTIL FEMENINO: Xogan sábado ás 19 h. no campo do Liceo de Vilagarcía, contra un rival ó que teñen opcións de derrotar, pero teñen que xogar mellor que  na casa o sabado pasado.

INFANTIL MASCULINO: Xogan sábado ás  12 en Pontevedra contra o Estudiantes. Deben pelexar pola victoria.

O EXTRUGASA INICIA A NOVA TEMPADA CUNHA SUFRIDA VICTORIA NA CASA: 51 – 49 ANTE O CB GROVE

EXTRUGASA RIO ULLA = 51 Gulli (5), Peñaño (3), Diego (2), Pedrito (-), Pino (6), Nacho (17), Santi (-), Arturo (3), Felipe (-), Pepi (16). 

CB GROVE DEMARPA = 49 1ª victoria conseguida con moito sufrimento e emocion ata o final, neste retorno á 1ª división arousana do Extrugasa, nun partido duro e con moito que pitar, e onde houbo que presenciar coma cando o partido remataba, nun pase largo de ggulli a Pedrito quedando 3 segundos e que era a forma de rematar o encontro e asegurar a victoria local, sen vir a conto saleu do banquillo visitante un dos seus xogadores, e o agrediu a Pedrito, que se levou un forte golpe logo do ??castañazo? que recibiu. 

Deciamos que pasaran moitas cousas, un partido de moitos contactos e decisións arbitrais bastante discutidas e sorprendentes a veces. Un equipo, o Extrugasa que ten que dar mais de si e non cometer erros iNfantis que lle costaron canastas (2 ou 3) que nun partido tan igualado pudo ser a derrota; e que ten que acostumbrarse a xogar contra estes equipos a un ritmo maior e mais concentrados. Pero outras cousas non cambian e por exemplo Nacho nas zonas voltou a ser unha vez mais protagonista dende que entrou ós 90 segundos, logo de pitarlle a Arturo 2 faltas seguidas. Así Nacho mantiña con vida ó Extrugasa, pois os 5 primeiros puntos foron seus (min 5: 5 ?? 9). Mellorou o equipo na 2ª metade do primeiro cuarto, e logo dun parcial de 7 ?? 3, 5 puntos de Pepi e 2 de Nacho, remata o mesmo cun empate a 12. 

No inicio do 2º cuarto seguia sendo Nacho con 7 puntos mais o que mantiña con vida ó equipo (min 15: 19 -20) e co equipo descentrado entre as faltas de Peñaño e as decisións arbitrais. Non estaba sendo o dia para os lanzadores exteriores (0 de 12 en triplas) polo que se chegou ó descanso perdendo 25 ?? 26.  Foi o 3º cuarto, cando o equipo fixo os mellores minutos de baloncesto: cunha boa defensa, mellorouse no ataque: cun xogo mais fluido creouse mais peligro por parte de todos, non so de Nacho e Pepi. Logrouse acadar neste cuarto un parcial de 18 ?? 9, que lle supuxo a máxima diferencia ó seu favor: 8 puntos por riba e no marcador un 46 ?? 35 quedando o cuarto definitivo por xogar. Iniciouse o ultimo parcial e logo dun 0 a 4 para os do Grove, e con Nacho descansando, Pepi acertou cunha tripla e logo cun tiro de 2 lonxano (min 35: 48 ?? 44). Foron 5 minutos largos de sufrimento, onde os ataques se estrellaban contra as fortes defensas de ambos equipos. Peñaño amarrou 2 tiros libres, e cun 50 a 47 os do Grove dispoñen de 3 tiros libres para empatar, anotando 2. Na seguinte xogada é Pepi quen recibe falta e anota un dos 2 tiros libres 51 ?? 49. O Extrugasa que recupera o balon e fai o que tiña que ser o ultimo e definitivo ataque, pero Gulli perde ó querer pasar a Nacho. Quedando 5 segundos penetra un do grove buscando o empate e Pepi logra un tapón limpo e salvador, e o balon acaba en mans de Gulli que o lanza par adiante a Pedrito que correra para adiante. Acaba o partido con incidente do xogador nº 15 quen salindo dende o banquillo, arremete contra Pedrito, que recollera o balón da victoria, acción que será sancionado pola federación logo de ser recollido polos arbitros na acta arbitral.

BALONCESTO: HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA

Este fin de semana temos a 4 equipos competindo xa nas súas respectivas ligas. Por calendario os 4 o van facer no polideportivo de Pontecesures

SENIOR ZONAL: Inicia a liga xogando en Pontecesures o domingo as 12.15 h. contra o Grove na nosa casa, no retorno do equipo á 1ª división zonal, ante un dos clásicos desta liga coma é este equipo de O Grove que sempre remata a liga nos postos intermedios cando menos. Vai ser un encontro que vai servir para medir as posibilidades do equipo na liga.

Cadete: En Pontecesures Sabado ás 11.45 h. contra o CB Pontevedra.

Infantil Femenino: En Pontecesures, Sábado ás 16.30 h. contra o Meco de O Grove.

Infantil Masculino: En Pontecesures, Sábado as 19 h. contra o Marin Peixegalego B.

O EQUIPO INFANTIL MASCULINO DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA A SUA COMPETICION ESTA FIN DE SEMANA

O Sábado 11 ás 11.30 h. o equipo infantil masculino iniciará a súa andaina nesta tempada 2008-09 ca disputa do seu 1º partido de liga. Será no cpabellón da Estrada, contra o EDM Estradense. Este equipo infantil formado por 11 nenos de Valga e Cesures, mais a aportación dun alevín que xogará a maioria da tempada cos infantis ademais de co seu grupo, conforman a plantilla dun grupo que espera repetir os éxitos da pasada campaña.

Outros 2 equipos do club: os nenos cadetes, e as nenas infantís, empezalles a liga nesta xornada, pero en ambos casos por ser grupos impares, tocoulles descansar ós nosos equipos, polo que non será ate a vindeira semana cando empecen a xogar encontros oficiais.

Por ultimo o senior vai iniciar tamén a súa temporada a vindeira semana, na liga de 1ª división zonal. O 1º rival da liga vai ser un vello coñecido: o C.B. Grove, pois nos ultimos anos xa se tiveran enfrentado en varias ocasións, inda que fai 3 anos que non coincidimos.

O partido será na nosa casa, e unha victoria serviría para coller moral ante un dificil campeonato que se presenta, pois ademais de 3- 4 equipos favoritos dos 10 que conforman a liga: Laxe, Meco Grove, e Ribadumia, o resto tampouco son «cenicientas» polo que lograr as victorias necesarias para permanecer outro ano na categoria, é o obxetivo básico nestes momentos para os nosos xogadores. Son 18 partidos de liga, e con 7-8 victorias aseguraste estar na liga outro ano mais.

 Alevíns e benxamíns inician os seus respectivos campeonatos mais adiante: No caso dos alevins a súa liga iniciarase a finais deste mes ou principios de novembro. Os benxamíns xogan por concentracións 5 – 6 veces na tempada, en distintos polideportivos da zona arousana, algún deles na nosa casa.

BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA OS SEUS PRIMEIROS PARTIDOS DE PRETEMPADA

 imagen-006-we.JPG

Logo de unhas semanas adestrando, esta fin de semana tanto o equipo cadete masculino, coma o senior, van xogar os primeiros partidos amistosos de pretempada.

Mañá sábado, a partir das 18.30 h. en Pontecesures, os seniors xogan contra o CB. cuntis- Rte. D. Manuel un interesante partido, pois son 2 equipos formados por xente veterana que se levan enfrentado en numerosas ocasións nos últimos anos. 

Os cesureños van tratar de ir collendo o ritmo de xogo, para adaptarse o mais pronto posible á nova categoría na que van militar esta vindeira campaña. O equipo é o mesmo que logrou o ascenso hai 4 meses en Pontecesures. O Cuntis, fora outro dos participantes na final a 4, pero ó perder co Portonovo quedou 4º clasificado, e nun principio, salvo renuncias, xogará outro ano na 2ª division.

Por outra banda, os rapaces cadetes van xogar este domingo, a partir das 12 da mañá, no Grove, contra un dos equipos favoritos para gañar a liga zonal: o CB Grove. O equipo ten ós 10 rapaces que xogaran a campaña pasada en cadetes, mais a incorporación dun rapaz que pasa dos infantis. Son 11 nenos adestrados por Antonio Pedrido que inician a súa 2ª tempada xogando xuntos. Pronto iniciarán a súa liga zonal.

Para a próxima fin de semana serán os nenos e nenas infantís os que empecen a xogar tamén partidos amistosos, polo que os distintos equipos do club están «botándose a andar».

Tamén se recorda que calquera rapaz ou rapaza que queira formar parte do club, poderá unirse. Para elo que se dirixa ó polideportivo cesureño os martes, xoves ou venres, dias  de adestramentos, e será informado dos dias  e horas de adestramento correspondentes.

Temos actualmente ademais do equipo senior, con 12 xogadores, outros 5 equipos de rapaces/as federados, cun total de 54 nenos/as fichados a dia de hoxe: (11 cadetes, 12 nenas infantis, 11 nenos infantís, 10 alevíns  e 10 benxamíns). Estamos intentando lograr reunir outros 10 nenos e nenas para montar un 2º equipo de alevín (mixto) en Valga; co que teríamos 7 equipos federados na tempada 2008-09, obxetivo principal do club.