EXTRUGASA RIO ULLA = 62
Gulli (7), Peñaño (13), Pedrito (-), Diego (-), Victor (2), Pino (10), Pedro (3), Santi (-), Nacho (8), Feli (7) e Pepi (12).
MOTOBAZAR MCDONALS = 51
8ª victoria consecutiva nun partido moi disputado ante un Lalín combativo, no Debut de Nacho suplindo a baixa de Arturo, anotando 8 puntos e afianzando o xogo interior cesureño. A diferencia poido ser maior se o tiro de 3 local estíbese mais acertado onte, pois ante a zona só anotaron 3 de 21 tiros de 3 puntos.
Comenzou o encontro e os vilagarciáns con unha zona pechada, e aproveitando o seu acerto inicial poñense por diante: 0 ?? 5, en 2 minutos. Pronto o Extrugasa empeza a acertar nos seus lanzamentos, e cunha forte defensa deixa ó Motobzar atrás no marcador con un parcial de 14- 2. Pepi dentro da zona, e o contrataque de Felipe fixeron posible chegar ó fin do cuarto cun 14 ?? 7.
A partir deste momento o partido oscilou no marador ente os 5-6 puntos e os 10-12 a favor dos locais. Neste 2º cuarto foron Nacho no xogo interior e Gulli e Pedro os que mantiñan as diferencias a prol dos locais (min 15: 23 ?? 17). Pino e Nacho lideraron os ataques dentro da zona dos vilagarciáns, chegando ó descanso 31 ?? 21.
Logo do descanso os vilagarciáns voltan a intentar acercarse (37 ?? 30), pero o Extrugasa movendo o banquillo volta a coller diferencias en torno ós 10 puntos, finalizando o cuarto 47-39.
No periodo final mantíñanse as diferencias en torno a eses 10 puntos (min 35: 53 ?? 44), pero os visitantes acheganse de novo, pois quedando 2 minutos e medio o marcador reflexaba un 56 ?? 50. Os locais cambian a unha zona 3 ?? 2, para parar o xogo exterior vilagarcián, e liderados en ataque por peñaño (9 puntos neste cuarto), o partido acaba cun ultimo parcial de 6 – 1 nese tempo. Final: 62 ?? 51.
Mencion aparte foi a aportación de Pino:
* 40 minutos xogados
* 10 puntos (2/4 en tiros libres) (4/5 tiros de 2)
* 24 rebotes (14 defensa ?? 10 ataque).
Estes rebotes, sobre todo os de ataque, compensaron os pobres porcentaxes no tiro de 3 puntos. Eses tiros errados moitas veces eran rechaces de Pino que, ou metia a canasta, ou permitian unha nova posesión ós cesureños. E os rebotes defensivos, sen oposición polos visitantes pois él era o que mais arriba collía o balón, diron moita tranquilidade ó xogo cesureño.