O equipo senior do C.B. Rio Ulla vai xogar no polideportivo da A Estrada o seu partido de liga correspondente a esta vindeira fin de semana. Será a partires das 17 h. deste domingo día 28, ante un rival onde predomina a xuventude nos seus xogadores, xunto con algún veterano para reforzar a prantilla dos locais.
Por parte do Extrugasa Rio Ulla o adestrador recupera a 3 ausentes a semana pasada: Peñao, Pedrito e o «recén casado» Pino (que xa voltou da súa viaxe de noivos). Por contra agora ten as dúbidas dos mancados Diego e Felipe, polo que non será ata o adestramento desta noite cando sepa con que xogadores conta para afrontar este partido.
Novembro vai ser un mes de moitos partidos, e este da Estrada é importante para que o equipo demostre se mellora logo de pésimo inicio de liga feito en Cambados, coma xa o fixo a semana pasada na victoria en Pontecesures diante do Liceo de Vilagarcía, ou se vai ter unha traxectoria iregular na liga. Para a semana vsi vir xogar a Pontecesures un dos aspirantes á liga, o Portonovo, polo que sempre é bo chegar ó mesmo en boa racha de victorias.