Ai vinte anos que o Club Baloncesto Cesures saltou por vez primeira á cancha, coas fichas da federación baixo o brazo. Aquel soño, que puxeron en marcha os profesores Manolo Amenedo e José Ramón Pato, a monitora Fernanda Cuenca e Pedro, o preparador físico, é hoxe unha realidade con seis equipos en competición e corenta empresas que os respaldan.
Este sábado, aqueles pioneiros receben unha merecida homenaxe no pavillón cesureño. José Rodríguez Fructuoso, Fruqui , é a alma mater deste club.
-Hoxe é tesoureiro, pero antes…
p(sangrado). -Ben, eu non xogaba na primeira tempada, a do 85-86, pero si colaboraba co equipo. Despois fun xogador, adestrador, sígoo sendo, do equipo veterano, e ata presidente.
-¿Como foi aquela primeira tempada?
p(sangrado). -A historia vén dos principios dos oitenta. En Padrón había un club e, aló polo 83, un grupo de rapaces de Pontecesures foi xogar naquel equipo. No 85 desapareceu, e da unión daqueles chavales e doutro grupo, que aquí xogaba na liga escolar con Fernanda, xurdiu o Club Baloncesto Cesures.
-Oia, na foto daquel ano teñen unhas camisetas moi longas para ao básket…
p(sangrado). -? que empezamos xogando cunhas camisetas de fubito que patrocinaba o bar Muelle. Non tivemos camisetas de baloncesto ata o ano seguinte; déunolas a librería Sar, de Padrón. Extrugasa mercounos os primeiros chándales, tamén na segunda tempada. A filla de Andrés Quintá é do noso tempo, e non paramos de darlle a lata ata que o conseguimos. A ferretería Hermanos Castro mercara os uniformes daquel equipo da liga escolar. Foron os primeiros que nos axudaron, ademais de Vimasa, logo do exilio.
-¿Como que o exilio?
p(sangrado). -Si, a Padrón, no 91. O alcalde prometera axuda pouco antes das eleccións. Nós precisabámola para dar o salto á liga autonómica. El, Piñeiro Ares, gañou as eleccións, pero nada de nada. Tivemos que decidir entre desaparecer ou aceptar unha oferta de Padrón. Logo, no 95, voltamos con Trenco.
-¿Xogará vostede o sábado?
p(sangrado). -Eeee, iso é un misterio aínda.