Nota da ACP sobre a limpeza do peirao de Pontecesures.

Despois de solicitalo varias veces, o día 11 de xullo pasado, persoal do Portos de Galicia comezou a limpeza de marxe do río Ulla do peirao de Pontecesures. Curiosamente as tarefas realizáronse o día anterior do remonte da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla polo que temos a impresión de que o organismo quería evitar que o estado lamentable do noiro, con maleza e desperdicios, fora advertido pola comitiva do remonte da que formaban parte varias autoridades ocasionando unha mala imaxe.

Pero, sorprentemente, os traballos cesaron o propio día 11 de xullo e só foi limpada a zona da marxe que está xusto fronte ao pantalán onde desembarcou o barco das autoridades (o máis próximo á ponte interprovincial sobre o río Ulla). Queda outro tanto de noiro do peirao que qeudou sen limpar con maleza moi alta e con bastante lixo. Por outra banda o tramo que se limpou, fíxose “a correr”, deixándose a maleza sen recoller polas augas, e incluso no noiro aprecianse todavía algúns desperdicios, como botellas e plásticos, que non foron recollidos.

En lugar de acometerse unha limpieza a fondo con seriedade da marxe do río Ulla, acometeuse unha actuación incompleta para saír do paso.

A ACP solicita a Portos de Galicia que se limpe a fondo a marxe, dunha vez por todas, despois de tanto tempo. Tamén instamos ao goberno local de Pontecesures que realice as xestións oportunas diante do organismo público co fin de que a limpeza sexa unha realidade, defendendo os intereses do municipio e dos seus veciños e visitantes.

Pontecesures, 17/07/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Outro recorte máis: Pontecesures sen servizo de educación familiar.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 7.506,50 para contar dende primeiro de ano cun traballador á fronte do Servizo de Educación Familiar (contrato a media xornada), debendo achegar o concello a cantidade restante para asumir o salario e os custos sociais do traballador.

Pois ben; non se contratou ao traballador e non se puxo en marcha o servizo privándose do mesmo a un número de familias de Pontecesures, as de recursos máis escasos. Agora hai que devolver á Deputación o importe da subvención que foi solicitada no seu día polo concello para este fin.

Non entende a supresión do servizo de educación familiar a ACP. Un goberno que fala de progresismo e de axudas para os máis necesitados, deixa na estacada ás familias máis humildes. Moito criticou o grupo de goberno os recortes da Xunta de Galicia nos serivzos sociais e cando a Deputación concede axudas deste tipo son rexeitadas. Ao concelleiro de Servizos Sociais, Roque Araújo, parece que só lle importa a ludoteca (non hai día non letivo sen este servizo), deixando abandonados aos usuarios da biblioteca no verán (a instalación permanece pechada durante este mes) e aos do servizo de educación familiar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

A Biblioteca Muncipal de Pontecesures, outra vez pechada.

Despois de estar pechada unha boa tempada a principio de ano por unha baixa médica da traballadora encargada do servizo, neste mes de xullo de 2014 permanece pechada a Biblioteca Municipal de Pontecesures situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, agora polas vacacións da traballadora.

Tampouco o goberno local vai contratar a ninguén para que o centro siga aberto durante o verán. Parece que as críticas dos usuarios danlle o mesmo, e así resulta lamentable o feito de que se suspenda o servizo de retirada de libros (fundamental para os escolares que precisan recuperar materias) ou o servizo de “Internet nas bibliotecas” que utilizan moitos peregrinos que pasan pola nosa vila percorrendo o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Xa a asociación de bibliotecarios de Galicia criticou en febreiro pasado a política deficitaria do goberno municipal de Pontecesures no eido cultural sobre todo nesta época de crise económica, pero o goberno fixo caso omiso. Logo de recibir varias subvencións ao 100% da Deputación e da Xunta para fomento de emprego contratando persoal, non é quen de enviar a ningún traballador administrativo á biblioteca para mantela aberta todo o verán.

En fin; que temos ás outras administracións tratando de adoptar medidas para manter no posible os servizos, mentres o goberno local de Pontecesures critica os recortes pero en realidade elimina este servizo básico sen dar máis explicacións. Moito falar de progresismo e de cultura, pero dos usuarios da biblioteca non quere saber nada.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

El gobierno local Pontecesures se vuelve a cargar la “Festa do Churro”.

Creada por el gobierno anterior y con un notable éxito de público, en 2008, 2009 y 2010 se celebró el Lunes del Carmen la “Festa do Churro”. Con gran alegría se celebraba un evento simpático que trataba de potenciar el consumo de este dulce tan vinculado a Pontecesures en cuya elaboración trabajaron y trabajan muchos vecinos. La fiesta gastronómica iba sobre ruedas y cada año acudían más personas de todas las edades a degustar los churros y a divertirse en la Plazuela con el remate de las Festas do Carme con un animado y participativo baile muy celebrado por todos.

Pero llegó el gobierno que tenemos y ya en 2011 y 2012, las ediciones fueron a menos. Se redujo el horario de la degustación, se eliminó la actuación musical de la Plazuela y también el fin de fiesta. Ya en 2013 el evento no se celebró demostrando el gobierno local un desinterés total con un claro perjucio para el colectivo de churreras y churreros provocando el malestar de los profesionales y de los vecinos.

No fue capaz el equipo de gobierno en todo un año de solucionar, mediante el diálogo con los churreros, las discrepancias y se cargan de nuevo la “Festa do Churro” para este 2014. Desgraciadamente se confirmaron los temores ante un gobierno con unos concejales de distintos grupos que van por libre en sus gestiones sin dirección alguna (el alcalde en la actualidad poco lidera ya relacionado con la gestión municipal).

En fin; unha lástima porque es un evento que les gustaba muchos a los cesureños. Tanto la ACP como muchos vecinos preferían este acto festivo en el programa que muchos otros.

Llegado a este punto, ya sólo queda desear que el gobierno municipal que se forme tras las elecciones locales 2015, (esperemos que sea de distinto signo que el actual) recupere para el año que viene este evento.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Finou Antonio Seijo García, avó da monitora de gaita de Algueirada.

Aos 79 anos de idade, finou no día de onte o veciño de Outeiro-Reis (Teo) Antonio Seijo García, avó da monitora de gaita do grupo folclórico Algueirada, Adriana Rivas Seijo.
O velorio está instalado no Tanatorio de Montouto e dende alí hoxe 29 de xuño, ás 16:30 horas, sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa de San Cristovo de Reis onde terá lugar, ás 17 horas, o funeral, “corpore insepulto”. Os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial.
Descanse en paz.