Alcantarillado en Carreiras

O servizo de alcantarillado da zona próxima ó lavadoiro do lugar de Carreiras presenta atascos en varias ocasións cos conseguintes problemas de saída de verquidos á vía pública fronte a algunhas vivendas da zona (os números 26 a 29 do propio lugar de Carreiras). Deste xeito hai problemas de salubridade e malos cheiros coas conseguintes queixas dos veciños afectados.

En consecuencia solicítase a Alcaldía que en canto sexa posible se acometa a obra de mellora do saneamento desta zona instalando unha nova rede que solucione os problemas que están a soportar os usuarios do servizo. Esta actuación débese incluir nos orzamentos 2006 aínda sen presentar.

Pontecesures, 17 de marzo de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTECESURES