O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de data xoves 18 de marzo de 2010 anuncia a convocatoria das probas para prover unha praza de auxiliar de administración xeral.
Política
Os socialistas cesureños suxiren actuacións respecto ao novo Plan-E-E
Concello
Desorganización na Cabalgata de Reis de Pontecesures
O pasado tivo lugar unha extraordinaria mostra de desorganización por parte do goberno municipal de Pontecesures. A coincidencia de dous eventos como eran Cabalgata de Reis e a chegada ao porto de Pontecesures do nadador David Meca, a pesar de ser absolutamente previsibles, puxo a proba a capacidade de xestión destes actos por parte dos responsables municiapais, é o resultado foi pésimo.
Como era ??necesaria? a presenza da alcaldesa ao remate de ambos actos, e en vista do retraso na chegada do nadador, optouse por manter retida a caravana dos Reis Magos no porto case corenta e cinco minutos. A espera fíxose interminable para os nenos que formaban parte da comitiva dos Reis de Oriente, e incluso para as súas maxestades, que esperaban, aburridas no coche que os transportaba, e que eran prácticamente ignorados polo público, máis pendiente do remate da travesía de David Meca.
Cando o nadador chegou, rodeado de moito público e sin as mínimas medidas de seguridade necesarias neste tipo de actos, e tras ser trasladado a un centro hospitalario, a caravana real púxose en marcha para regresar a Prazuela, onde rematou o seu percorrido.
Cremos que non era necesario prolongar durante tanto tempo a Cabalgata de Reis. Debeu ter finalizado unha vez alcanzou a Prazuela; deste xeito os que participaban nela non pasarían frío no porto e o público podería disfrutar de ambos actos. Non hai excusa posible para semellante falta de organización cando desde primeira hora da tarde era coñecida a constante afluencia de público ao porto para recibir a David Meca e que sería moi complicado o tránsito da Cabalgata de Reis por esa zona.
Sin Categoria
Os socialistas cesureños, críticos co remate das obras feitas na vila
Rematou o ano 2009 e inauguráronse as obras do Plan E financiadas polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. As presas traen innumerables deficiencias, que nós, os socialistas de Pontecesures estamos obrigados a denunciar, para que sexan subsanadas para o desfrute dos cidadáns do noso concello.
Empezamos pola Prazuela, centro neurálxico da vila, que precisa a mellora da iluminación instalada, que ao noso parecer, é moi escasa é precisa de máis puntos de luz. Neste mismo lugar o paso de peóns que cruza a rúa ten un rebaixe, que en poucos días feito, provocou moitas caídas, por agora sin graves consecuencias, de persoas maiores. ? necesaria a mellora deste acceso a Prazuela para non lamentar accidentes de peores consecuencias. Como xa se denunciamos noutras ocasións, sigue presente na Prazuela un enchufe eléctrico ao alcance dos máis pequenos. Pedimos urxentemente a súa eliminación ou tomar as medidas necesarias para que deixe de ser un perigo. Bótase en falta mobiliario urbano, presente anteriomente, como son papeleiras e xardineiras, tan necesarias e que aumentan a beleza do entorno.
O novo asfaltado das rúas considerámolo deficiente, xa que se suceden os problemas de embolsamento de auga, non sempre achacables ás chuvias intensas como as que estamos a padecer nos últimos días. Estes acúmulos de augas provocan dificultades aos peatóns e perxuicios aos comercios do centro da vila. Ademáis, bótanse en falta máis aliviadeiros de augas pluviais.
Os veciños e veciñas de Pontecesures pregúntanse cando rematarán as obras das beirarrúas en curso. Exténdese a sensación de provisionalidade na execución das obras, alargándose no tempo e aumentando as molestias para os viandantes que deben sortear innumerables obstáculos e camiñar pola calzada.
Sabemos que as obras están rematadas e cumpliron os obxectivos do Plan E 2009; pero seguimos considerando que outras zonas do Concello precisan actuacións moito máis urxentes e necesarias que as xa realizadas. Entre elas podemos destacar:
– Alumeado e saneamento do Souto, Monte de Porto, Redondo, Grobas.
– Canalización do Telleiro e depuración das augas residuais alí verquidas ao río Ulla, precisamente no lugar onse se realizan as capturas das lampreas,
– Construción e mellora e beirarrúas e firmes en Carreiras, Redondo, San Xulián
Agardamos que o grupo de goberno municipal teña en conta estas propostas a hora de dispoñer de axudas de diferentes organismos oficiais, para mellorar a calidade de vida dos veciños destes lugares, que merecen a mesma consideración que os que viven no centro da vila.
Sin Categoria
Nova Executiva Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures
O pasado sábado tivo lugar a Asamblea Extraordinaria dos socialistas cesureños co obxecto de elexir unha nova executiva local e os dous representantes que a esta agrupación lle corresponden no Comité Provincial.
Antes de comenzar a Asamblea, ?scar Gerpe dirixiuse aos asistentes para explicar os motivos da súa dimisión. Comentou que tras máis años de dez anos ao frente dos socialistas cesureños debía deixar o cargo polas súas actuais obligacións profesionais e, deste xeito, dar paso a nova xente para dirixir a agrupación local.
A continuación procedeuse á votación da única candidatura presentada, formada por Roque Araújo como Secretario Xeral; José Manuel Rey, Secretario de Organización; Concepción Gómez Figueira, Secretaria de Educación, Xuventude e Deporte; Enrique Herranz, Secretario de Economía e Facenda; Paula Barreiro, Secretaria de Traballo e Promoción de Emprego; Alberto Solla, Secretario de Politica Municipal e Pilar Villanustre, Secretaria de Igualdade e Política Social.
Esta candidatura foi elexida polo 89% dos votos emitidos. Nas súas primeiras palabras como secretario xeral dos socialistas cesureños, Roque Araújo chamou ??a unión de todos os militantes, a rearmarse moralmente tras os últimos resultados electorais e a preparar ao partido cara as próximas eleccións municipais?.
Por outra banda, ?scar Gerpe e Ana María Barreiro foron elexidos para representar á agrupación socialista cesureña no Comité Provincial.
Educación
Charla sobre o dereito a gratuidade dos libros de texto
Organizada pola Agrupación Local del PSdeG-PSOE, o próximo luns, 21 de de setembro, ás 20.30 horas no Centro Social de Pontecesures, o portavoz de educación no Parlamento galego GUILLERMO MEIJ?N COUSELO ofrecerá unha charla informativa sobre O DEREITO A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.