Dende o grupo municipal de TeGa de Pontecesures queremos expresar o noso total rexeitamento ós actos que o Concello de Padrón quere realizar co nome de «Padrón, sabor a lamprea». O noso grupo considera unha falta de respecto ó Concello de Pontecesures a celebración de ditos actos xa que o que buscan é competir coa exaltación da Festa da Lamprea do Rio Ulla que xa dende fai vinte anos se ven desenrolando en Pontecesures.
Respetando a liberdade de xestión dos concellos, non vemos razoable que un concello limítrofe e ??amigo? faga unhas xornadas paralelas á XX Edición da Festa da Lamprea. Nos preguntamos que lle parecería ó Concello de Padrón que o primeiro sábado de agosto se celebrase en Pontecesures unhas xornadas gastronómicas sobre o pemento de Herbón ou ben que o domingo de Pascua, Pontecesures celebrase una verbena coas mellores orquestas de Galicia.
Tamén queremos resaltar os comentarios da oposición cesureña, que en vez de criticar estes actos paralelos en Padrón, alégranse e se dedican a descalificar ó gobernó de Pontecesures como si este fose culpable da realización dos actos en Padrón.
Non entedemos o comentario do portavoz do P.P. de Pontecesures, Sr. Seaje, nas redes sociais de ??Padrón 1- Pontecesures 0?. Parece que este señor se alegra de que Padrón nos faga a competencia. ¿Non será que como é nativo do Concello de Padrón inda lle queda a morriña do seu pobo de nacemento?. Se isto é así debería presentarse ás eleccións en Padrón e non en Pontecesures.
Mais graves son as declaracións do portavoz de A.C.P., Sr. Sabariz, que dí: «A menos dun mes da celebración da edición deste ano, aínda non sabemos nada sobre os actos festivos». «O goberno local de Pontecesures, como sempre, espera a última hora para facer pública a programación», y mientras en Padrón ya presumen de programa, «na capital da lamprea da comarca aínda non sabemos nada». Con estes comentarios o Sr Sabariz non merece máis que a consideración de demagogo e bocachanclas, como ven facendo dende que está en política. Este señor non debe lembrar as datas de presentación da Festa da Lamprea na súa etapa de goberno como Tenente Alcalde dende 2007 ata 2011. Pois ben, a Festa da Lamprea do ano 2008 foi o 6 de abril e a presentación da festa fíxose o día 1 de abril, 5 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2009 foi o 5 de abril e a presentación da festa fíxose o 28 de marzo, 8 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2010 foi o 18 de abril e a presentación da festa fíxose o 9 de abril, 9 días antes; e a Festa da Lamprea do ano 2011 foi o 10 de abril e a presentación da festa fíxose o 30 de marzo, 11 días antes. E agora ven este señor coa súa demagoxia barata criticando que un mes antes da festa non se saiba nada. Non se preocupe vostede Sr. Sabariz, este ano sí haberá festa inda que a vostede quizá lle gustara máis que non se fixera.
Angel M. Souto Cordo
Portavoz TeGa de Pontecesures.