O pleno provincial trata mañá a cesión da rúa Deputación ao concello. Nota do PP de Pontecesures.

Mañá venres, 28 de outubro, no Pleno Ordinario da Deputacion tratarase entre outros puntos da orden do día o cambio de titularidade e entrega da estrada provincial EP8601 (Rúa Deputación) á titularidade municipal. Dito cambio de titularidade formalizarase en próximas datas coa sinatura entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontecesures de dito traspaso.
O Grupo Municipal do Partido Popular recibe con agrado a nova deste cambio de titularidade co que culmina un proceso de mellora de dita rúa na que a Deputación invisteu 796.000 euros.
Asimismo anima ó actual grupo de goberno a que xestione ante os organismos públicos axudas que posibiliten investimentos que beneficien ós veciños e veciñas de Pontecesures na liña do acadado polos gobernos municipais anteriores.

Juan Manuel Vidal Seage
Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular

Retiradas as planchas de fibrocemento da marxe da pista da Barosa.

Hai uns días este concelleiro informou deste vertido perigoso pois as planchas poderían conter amianto pregando ao goberno local que se adoptasen medidas para a súa retirada. Pois ben; este concelleiro comprobou que as planchas foron retiradas no día de hoxe. Parece ser que foi identificada a persoa que depositou na marxe da pista estes elementos e foi ela mesma a que procedeu á retirada dos mesmos. Con satisfacción recíbese a nova na ACP comprobando que foi eficaz a nota de denuncia formulada dentro das tarefas de oposición municipal.

Información de cursos e formación.

ENLACES A CURSOS FORMACION

UXT GALICIA ?? IFES

 

http://www.ugtgalicia.org/seccion.php?id=8e296a067a37563370ded05f5a3bf3ec

CCOO GALICIA ?? FOREM

 

http://wiki.foremgalicia.eu/

CIG ?? FORGA

 

http://forga.info/web/inicio/formacion/subvencionada

Cada un dos enlaces leva á zona correspondente dese sindicato para poder ver os distintos tipos de cursos destinados tanto a traballadores en activo, coma  a desempregados.

Seguindo as instrucción, poderase facer as preinscricións nos cursos elegidos.

De todolos xeitos para calquera dúbida ou consulta podese pasar, a partir do mércores 26 de outubro pola oficiña do Técnico de Emprego do Concello de Pontecesures.

Composición das mesas electorais de Pontecesures para o 20 de novembro.

O sorteo tivo lugar no pleno celebrado hoxe ás 12 horas (asistiron 9 membros da corporación) e a composición queda como segue:

Sección 1ª Mesa U

Presidenta: Mª Isabel Rey García
1ª vogal: Begoña Mata Carnota
2º vogal: Diego Núñez Gerpe
1ª suplente de presidenta: Sonia Lueiro Pereira
2º suplente de presidenta: Alberto Vázquez García
1ª suplente de 1ª vogal: Mª José Refojo Ferro
2º suplente de 1ª vogal: Daniel Eduardo Amondarain Martínez
1º suplente de 2º vogal: Luis Magariños Iglesias
2ª suplente de 2º vogal: Mª Dolores Gerpe Jamardo

Sección 2ª Mesa A

Presidente: Roberto Barreiro Barreiro
1ª vogal: Aziz Azidane Abdesslam
2ª vogal: Natalia Gómez Cajaraville
1-º suplente de presidente: Nuria Bermúdez Baleirón
2º suplente de presidente: José Manuel Gándara Cortés
1ª suplente de 1º vogal: Alicia Cortés Cordo
2ª suplente de 1º vogal: Sandra Gómez Mosquera
1ª suplente de 2ª vogal: Rosa Fernández Chaves
2ª suplente de 2ª vogal: Mª Rosario Bandín Freire

Sección 2ª Mesa B

Presidenta: Mª Jesús Portas Piñeiro
1ª vogal: Olga Mª Souto Martínez
2ª vogal: Rosario Lapido Fernández
1ª suplente de presidenta: Ana Belén Rodríguez Baleirón
2ª suplente de presidenta: Laura Villar Matos
1º suplente de 1ª vogal: Juan Carlos Teijeiro Enrique
2ª suplente de 1º vogal: Beatriz Trasande Silva
1º suplente de 2ª vogal: Ángel Fernando Pérez Castaño
2º suplente de 2ª vogal: José Luis Navarro Cardama

As tres mesas de Pontecesures estarán situadas no CPI Pontecesures.
Todas estas persoas recibirán unha notificación non vindeiros días, podendo asesorarse no concello sobre as razón xustificadas de excusa, no seu caso, e a súa tramitación.