XXII FESTA DA LAMPREA PONTECESURES: PROGRAMA.

PROGRAMA DA XXII FESTA DA LAMPREA  – DOMINGO 2 DE ABRIL DE 2017 PONTECESURES

11.00 Pasarrúas a cargo da charanga STRADE´S-BAND de A Estrada, que fará o seu percorrido con paradas nos establecementos hostaleiros animando a festa.

11.30 Recepción de autoridades na Casa do Concello.

12.00 Na zona portuaria, pregón  inaugural da festa a cargo do biólogo D. SERGIO SILVA.

13.30 Degustación da lamprea na carpa instalada na zona portuaria de Pontecesures, amenizada por TINA ??A PERLA DE AROUSA?.

MA?Á MERCORES AS 12 H. DO MEDIODIA CO?ECEREMOS A TAPA GA?ADORA DO TAPEA LAMPREA 2017, E SORTEO ENTRE OS PARTICIPANTES

Mañá mércores, ás 12 do mediodia, no salón de plenos do concello farase o reconto entre todas as papeletas concursantes para coñecer o nome da tapa gañadora desta edición, e distinguir posteriormente ó establecemento que a elaborou.

Tamén nese mesmo acto faremos o sorteo dos 3 premios en metálico (50, 30 e 20 ?) entre todas aquelas persoas que depositaron as suas  papeletas nas caixas existentes nos bares participantes do Tapea Lamprea a tal fin.

Recalcar que este acto é público, polo que se invita á veciñanza a pasarse polo mesmo.