XXII FESTA DA LAMPREA: COMA NOVIDADE HAI A POSIBILIDADE DE RESERVAR PREVIAMENTE MESAS NA CARPA PARA A DEGUSTACI?N

Coma novidade este ano na Festa da Lamprea ofrécese a posibilidade de facer reservas previas para os comensais que así o queiran, facilitando así ter o sitio asegurado na carpa o domingo 2 de abril. As condicións son as seguintes:

  • Número mínimo de comensais: 4, para facer a reserva da mesa.
  • Chamar ó teléfono do Concello de Pontecesures 986557125, e indicar:
  • Nome do solicitante, seu DNI, un número de teléfono, e o número de comensais (mínimo 4).
  • ?ltimo dia para facer as reservas: XOVES 30 de MARZO.

ELIXIDO O CARTEL DA XXII FESTA DA LAMPREA

Esta mañá reuniuse no salón de plenos do Concello o xurado nomeado para a elección do debuxo gañador entre os 17 carteis presentados, e que será a imaxe da XXII Festa da Lamprea neste 2017, o vindeiro 2 de abril.

Podemos ver todos os debuxos presentados tremendo no seguinte enlace:

A decisión do xurado farase pública proximamente, cando se presente o cartel da festa coa imaxe escollida hoxe; así coma faremos público tamén o nome do/da autor/autora quen recollerá seu premio.

Pinchando aquí na GALERIA poderedes ver as imáxenes participantes no concurso.

Dende o Concello de Pontecesures queremos agradecer o traballo dos 17 artistas que participaron no concurso, animando tamén a mais nenos/as a que o fagan en seguintes edicións.