OBRAS REALIZADAS COA AMPLIACI?N DO ??PUSIM 2014? DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA

O  Concello de Pontecesures levou  a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se actuou.

As obras consistiron na mellora do firme en seis camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide, Grovas e Acevedos),  que tiñan un pavimento asfáltico moi deteriorado; e na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que se atopaba en terra. Ademais disto, executáronse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

Zona – rúa Tipo de actuación
01. Rúa Mimosas mellora do firme (asfalto)
02. travesía avdas. Namorados e Arousa mellora do firme (asfalto)
03. Pista do Regadío mellora do firme (asfalto)
04. Camiño a Mimosas pavimentación (asfalto)
05. Condide mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais
06. Grovas mellora do firme (asfalto)
07. Camiño dos Acevedos mellora do firme (asfalto)
08. Rúa Portarraxoi badén elevado
09. Rúa San Lois 01 badén elevado
10. Rúa San Lois 02 badén elevado
11. Rúa Sagasta 01 badén elevado

 

DESCRICI?N DAS OBRAS

As actuacións 01, 02, 03, 05, 06 e 07 consistiron, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) realizouse a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectaron ás tuberías e cunetas existentes.

A actuación 04 consistiu na pavimentación dun camiño que se atopaba en terra, para o cal previamente se escavou a capa superficial de terra vexetal e se executou unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.

En todas estas actuacións púxose á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.

As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistiron na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde xa existian pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procedeuse a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde foi preciso, intaláronse novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.

Nas zonas ampliadas o asfaltado realizouse sobre unha capa de zahorra artificial.

Foi preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto.

A realización das obras foi adxudicada á empresa Covsa por un importe de 83.937,35?

 

Reportaxe fotográfico:

  1. Rúa das Mimosas?
  2. Travesía entre Avda dos Namorados e Avda de Arousa?
  3. Pista do Regadío?
  4. Camiño a Mimosas?
  5. Condide¡
  6. Grobas?
  7. Camiño dos Acevedos?
  8. Badén Rúa Portarraxoi?
  9. Badén Rúa San Lois 01?
  10. Badén Rúa san Lois 02?
  11. Badén Rúa Sagasta?

ADQUISICI?N DUNHA EXCAVADORA COMPACTA TAKEUCHI TB125

O Concello de Pontecesures mediante una subvención do Fondo de Compensación Ambiental pertencente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de adquirir unha Excavadora compacta marca Takeuchi TB125 á empresa Baygar S.L.
A adquisición da Excavadora foi adxudicada na Xunta de Goberno local do día 29 de Xullo de 2015 por un importe de 18.634,00? dos cales 5.590,20? foron aportados polo Concello e 13.043,80? aportados pola Xunta de Galicia

Takeuchi TB125

Takeuchi TB125-2

PONTECESURES CONTA CON NOVA CORPORACION E ALCALDESA

IMG_3496 (Copiar)

A sesión de investidura comezou as 12 h. do mediodia coma estaba previsto. A secretaria chamou en primeiro lugar os concelleiros de menor e maior idade (Jorge Janeiro e Maria Isabel Castro). Eles serían os encargados de realizar o chamamento para que o resto de membros da corporación tomaran posesión coma concelleiros.

IMG_3499 (Copiar)

IMG_3500 (Copiar)

IMG_3501 (Copiar)

IMG_3502 (Copiar)

IMG_3503 (Copiar)

IMG_3505 (Copiar)

IMG_3506 (Copiar)

IMG_3507 (Copiar)

IMG_3508 (Copiar)

IMG_3509 (Copiar)

IMG_3511 (Copiar)

Os 11 membros da nova corporación pasaron a xurar ou prometer seu nomeamento coma concelleiros/as de Pontecesures.

Quedaba a alección do novo alcalde ou alcaldesa. Os primeiros de cada unha das listas eran os candidatos elixibles, pero renunciaron Angel Souto e Roque Araujo, polo que os 11 concelleiros terían que escoller entre Vidal Seage (PP), Mª Isabel Castro (IP) e Cecilia Tarela (BNG).

IMG_3512 (Copiar)

En primeiro lugar os 3 membros do PP votaron por Vidal Seage.

IMG_3513 (Copiar)A continuación tocaba votar a Cecilia Tarela. Acadou a maioria de 6 votos, en función do pacto acadado dias antes entre o BNG – TEGA e PSdeG-PSOE.

O acadar maioria absoluta Cecelia Tarela era a nova alcaldesa de Pontecesures. Xa non procedería á votación por Mª Isabel Castro.

IMG_3522 (Copiar)

IMG_3523 (Copiar)

 O alcalde cesante; Luis Alvarez Angueira, depediuse dos veciños para logo entregarlle o bastón de mando á nova alcaldesa.

IMG_3528 (Copiar)

Cecilia recollía o bastón de mando que simboliza a súa investidura coma alcaldesa.

IMG_3529 (Copiar)

Con Luis Alvarez Angueira instantes despois da investidura.

IMG_3533 (Copiar)

IMG_3535 (Copiar)

Xa co acto concluido, tempo de posar con familiares e amigos.

AMPLIACI?N P.P.O.S. 2015

Despois da subención, concedida pola Deputación de Pontevedra do P.P.O.S. 2015, coa cantidade de 95.142,33? cos que foi solicitado a realización de 2 obras (ACTUACI?N DE MELLORA E ADECUACI?N DE CADROS NA INSTALACI?N DE ILUMINACI?N P?BLICA por importe de 20.703,10? e ACTUACI?N DE ASFALTADO NAS R?AS CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A MIGU?NS PARRADO E R?A CANTILLO por importe de 50.457,57?) e mais o pago de 2 mensualidades do Canon do lixo (gasto corrente novo) por importe de 23.981,66?, agora a Deputación de Pontevedra ven de ampliar a subención en 142.713,50? os cales se invertirán en 4 obras:

1º) RENOVACI?N DE CADROS EL?CTRICOS
E AMPLIACI?N DO ALUMEADO P?BLICO

O Concello de Pontecesures Precisa levar a cabo una actuación de mellora do sistema de alumeado público para suministrar dito servicio a varias rúas que carecen do mesmo.

A actuación consistirá no saneamento de 8 cadros eléctricos en varias rúas do concello e na colocación de 11 novos puntos de luz tanto na rua de enlace de Paxareira-DR. Mosquera coma no entorno do parque infantil do Outeiro.

Actualmente boa parte dos cadros da instalación de iluminación pública atópanse moi desfasados, con aparellos antigos, algún estropeados e, sobre todo, con poucos elementos de seguridade.

Por outra banda, a instalación de alumeado público presenta un estado deficiente nas rúas de enlace entre a rúa Paxareira e a rúa Dr. Mosquera, sen apenas puntos de luz polo que compre a instalación de novos puntos para garantir un mínimo de seguridade e comodidade ós viandantes. Asemade no parque infantil do Outeiro a rede de iluminación existente na zona non chega ata dito parque.

1

Cadro eléctrico

20150412_131640

Enlace Paxareira-Dr Mosquera

20150412_132436

Entorno do parque infantil do Outeiro

O presuposto total da obra ascende a 25.292,87?

 

 

2º) PAVIMENTACI?N EN 3 R?AS.

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo una actuación de mellora e execución do firme en 3 rúas municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

A obra consistirá na execución dunha nova capa de rodadura, xa que a actual atópase en mal estado, nas rúas Gorgullón e Subida de Requeixo, e a execución dun pavimento de formigón na rúa do Outeiro.

Actualmente, tanto a rúa Gorgullón coma a subida de Requeixo contan cun firme asfáltico deteriorado, com moitas fochancas e co asfalto disgregado polo seu uso e antigüidade, namentras a Rúa do Outeiro carece de firme.

As obras consisitirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, nas dúas primeiras, así coma a realización dun pavimento de formigón na terceira. Para isto, nas rúas Gorgullón e Subida de Requeixo deberase previamente limpar as marxes e o asfalto actual. No caso de rúa do Outeiro será preciso facer un rebaixe do terreo natural para retirar a capa vexetal e aloxar tanto a base de zahorra coma o propio pavimento de formigón.

O asfaltado realizarase cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluido o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfalto realizarase sobre una capa de zahorra artificial.

20150412_133552

Gorgullón

20150412_132436

Subida de Requeixo

20150412_132547

Outeiro

O presuposto total da obra ascende a 24.020,31?

 

3º) INSTALACI?N DE NOVOS NICHOS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE PONTECESURES

Á vista da demanda existente, o Concello de Pontecesures pretende levar a cabo una actuación de instalación de 48 novos nichos no cemiterio municipal.

A obra consistirá na execución dunha estructura ou carcasa perimetral, formada por uns muros de formigón armado, coloreado e con diversas texturas superficiais, dentro da cal se irán instalando módulos de 12, 16, 20 ou 24 nichos prefabricados, delimitados por muros insitu de de formigón armado nos laterais, e de bloque de formigón na parte posterior, deixando nesta a preceptiva cámara de ventilación e de recollida de lixiviados. Na presente fase instalaranse 48 nichos en módulos de 16, 12 e 20.

Ademáis do anterior, executarase diante dos novos nichos un camino de grava, cun tubo de drenaxe enterrado que permita evacuar as pluviais, e, ao final do camino, un alcorque para a plantación dun magnolio, así como un surtidor de auga conectado á mangueira existente nesa zona.

O fronte dos nichos rematarase con pezas ractas de granito gris de Mondariz.

20150412_131011

20150412_131134

Cemiterio Municipal

O presuposto total da obra ascende a 44.913,23?

 

4º) MELLORA DO ALUMEADO P?BLICO

O Concello de Pontecesures precisa levar a cabo una actuación de mellora do sistema de alumeado público existente na actualidade para correxir dito servizo en varias rúas.

A actuación consistirá  na sustitución de 27 apoios de formigón do tendido actual, con un alto grado de deterioro e a reposición ou nova colocación de 48 puntos de luz.

A instalación do alumeado nas catro zonas (Rúa Borobó, Rúa A Toxa, Rúa Carlos Maside e  a zona de Condide-Couto) atópase nun estado de deterioro debido a antigüidade da mesma, presentando soportes de formigón con brazo que soportan directamente as luminarias, unido isto a que o tendido non presenta un cableado de suficiente dimensionado para alimentar os puntos de luz existentes. preténdese tamén con esta actuación sustituir as luminarias existentes, algunas en mal estado, por outras de baixo consumo máis eficientes enerxicamente. Compre pois, renovar tanto o tendido eléctrico coma os soprtes e luminarias.

20150412_131920

Borobó

20150412_132013

A Toxa

20150412_133407

Carlos Maside

20150412_130759

Zona Condide-Couto 1

20150412_130838

Zona Condide-Couto 2

O presuposto total da obra ascende a 48.487,09?