Concello
ACTUACI?N DE ASFALTADO E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN 10 R?AS
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.
As obras consistirán na mellora do firme en cinco camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide e Grovas), que xa contan cun pavimento asfáltico, pero moi deteriorado; na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que actualmente se atopa en terra, e na execución dunha nova capa de pavimento de formigón sobre o pavimento existente, en mal estado, nun pequeno tramo da rúa Fontaíña.
Ademais disto, executaranse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.
As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:
Zona | Rúa | Tipo de actuación |
01 | Rúa das Mimosas | Mellora do firme (asfalto) |
02 | Travesía Avdas Namorados e Arousa | Mellora do firme (asfalto) |
03 | Pista do regadío | Mellora do firme (asfalto) |
04 | Camiño a Mimosas | Pavimentación (asfalto) |
05 | Condide | Mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais |
06 | Grobas | Mellora do firme (asfalto) |
07 | Fontaíña | Mellora do firme (formigón) |
08 | Rúa Portarraxoi | badén elevado |
09 | Rúa San Lois 01 | badén elevado |
10 | Rúa San Lois 02 | badén elevado |
11 | Rúa sagasta | badén elevado |
As actuacións 01, 02, 03, 05 e 06 consistirán, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico actual, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) prevese realizar a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectarán ás tuberías e cunetas existentes.
A actuación 04 consistirá na pavimentación dun camiño que actualmente se atopa en terra, para o cal previamente se escavará a capa superficial de terra vexetal e se executará unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.
A actuación 07 consistirá na execución dunha nova capa de pavimento de formigón nun pequeno tramo da rúa Fontaíña, aplicada sobre o formigón existente.
En todas estas actuacións se procederá a poñer á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.
As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistirán na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde actualmente xa existen pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procederase a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde resulte preciso, se instalarán novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.
Entre asfalto e formigón mellorarase unha superficie de 4.700 m2
O total do presuposto ascende á 83.937,35? que será financiado polo PUSIM14 da Deputación de Pontevedra.
01. Rúa Mimosas
02. Travesia Avdas Namorados e Arousa
03. Pista do Regadío
04. Camiño a Mimosas
05. Condide
06. Grobas
07. Fontaíña
09. San Lois 1
10. San Lois 2
11. Sagasta
Concello
VIDEO DO PREGON DA FESTA DA LAMPREA 2014 A CARGO DO CESURE?O XESUS ABALO.
Este é o video do cesureño Xesús Abalo, Doutor en Bioloxía, investigador actualmente en Suecia. O pregón foi na casa do Concello este pasado domingo 6 de abril.
Concello
ADXUDICACI?N DAS OBRAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2013
A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar as proxectos solicitados polo Concello de Pontecesures do Plan Provincial de Obras e Servizos 2013.
Os proxectos solicitados son os seguintes :
1) Adecuación do parque infantil Vicente Moure.
As obras previstas consistirán, por unha banda, na adaptación do parque ás normativas de seguridade actuais, mediante a instalación baixo cada un dos xogos dun chan brando con capacidade para absorber caídas de ata 2,20 metros de altitude. Neste caso instalaranse unhas losetas absorbentes e preparadas para a plantación de céspede en superficie. Este chan colocarase tanto baixo os novos xogos que se instalen como baixo os actuáis que se conserven.
Por outra banda, prevese substituír parte dos xogos actuais, aqueles que se atopan máis deteriorados, por 8
novos xogos adaptados ás normas vixente. En concreto, se instalarán:
– 1 casiña de xogos
– 1 tobogán
– 1 tirolina
– 2 balancíns con formas de animais
– 1 estrutura de escalada
– 2 columpios dobres (cada un deles cun asento para nenos e outro para bebés)
A actuación completarase coa plantación do céspede sobre as losetas e coa colocación dun novo cartel informativo na entrada do parque xunto a casa do concello.
A obra foi adxudicada á empresa Lappset España VR, SL por un importe total de 46.723,93?
1) Actuación de aforro enerxético na rede de alumeado público
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación que consiste na substitución de luminarias na rede de alumeado público de varias rúas do municipio (AVDA. JOS? NOVO N??EZ, AVDA. DE VIGO, CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A DO CASTRO, R?A MIGU?NS PARRADO, R?A NOVA, R?A ULLÁN, R?A DO RIAL E PRAZA DE PONTEVEDRA) co fin de reducir o consumo enerxético actual. Tamén está previsto completar a rede actual coa instalación de 10 novos puntos de luz en rúas con deficiente iluminación.
A actuación de aforro enerxético afectará a circuítos completos, regulados mediante 4 cadros de mando e sobre os que tamén se actuará para adaptalos aos novos equipos que se instalarán. As rúas afectadas son:
– Avda. José Novo Núñez – tramo 1 (entre ponte e camiño de San Xulián)
– Avda. José Novo Núñez – tramo 2 (entre camiño de San Xulián e avda. de Vigo)
– Avda. de Vigo
– Camiño de San Xulián
– Rúa do Castro (primeiro tramo desde a rúa do Pilar)
– Rúa Miguens Parrado
– Rúa Nova
– Rúa Ullán (o tramo entre rúa San Lois e a avda. de Vigo)
– Rúa do Rial (primeiro tramo desde a avda. de Vigo)
– Praza de Pontevedra
Actualmente estes viais contan con luminarias de vapor de sodio, cun alto consumo (150 e 250 W).
As luminarias viais substituiranse por luminarias LED coa potencia necesaria, as luminarias tipo globo substituiranse por unhas novas luminarias e as luminarias ornamentais (tipo villa, palacio, ?) substituiranse e adaptaranse para instalar novos módulos LED.
Ademais de cambiar o vapor de sodio por LED, para adaptar toda a instalación ás novas necesidades, serápreciso reformar parcialmente 3 dos centros de mando e totalmente o cuarto, coa instalación ou adaptación de reloxos astronómicos, adecuación dos cadros de protección e as acometidas, renovación das envolventes dos cadros, ?
Tamén será preciso optimizar os contratos de subministro de enerxía, de acordo cos novos consumos previstos.
Por outra banda, instalaranse 10 novos farois co seus correspondentes postes de formigón, cableado, soportes, caixa de conexión, fusibles, ? e se distribuirán tres no parque xunto ao campo de fútbol, dous nunha pista na zona de Redondo, catro no tramo final da pista do Regadío, e un na travesía entre a pista do Regadío e a rúa do Ensanche.
A obra foi adxudicada á empresa Setga, SLU por un importe total de 59.400?