Actos para conmemorar as Letras Galegas 2010 en Pontecesures.

Sábado, 15 de maio.
-Ás 18:30 horas na Plazuela gran festival folclórico coa participación dos grupos locais Xarandeira e Algueirada, o grupo O Pedrón de Padrón e o grupo La Sidrina de Lugones-Oviedo.

Domingo, 16 de maio.
-As 19:00 horas no Centro Social (Camiño de San Xulián, 4, baixo). O grupo de teatro da Asociación “A Barcarola” de Pontecesures representará a obra “O enfermo imaxinario” de Molière.

A entrada para estes actos é gratuita.

O Concello de Pontecesures solicita subvencións para actuacións no Caldeirón de Porto e en dous edificios municipais.

O Concello de Pontecesures presentou na Consellería de Presidencia dúas solicitudes de subvención para os seguintes investimentos, ao abeiro de dúas ordes que convocaron este tipo de axudas:

-Acondicionamento da praza e do paseo do Caldeiron de Arriba en Porto. O orzamento ascende a 148.759 euros e conleva a dotación de novos servizos de auga e saneamento, un ancheamento, e a nova pavimentación, deste espazo público de Porto que se atopa agora en condicións deficientes.

-Obras de mellora en edificios municipais e equipamento de mobiliario na Casa do Concello, cun orzamento de 75.361,70 euros. Preténdese substituir a cuberta da nave onde se prestan os servizos de Protección Civil, preto da Praza de Abastos, e tamén rehabilitar a fondo o almacén. Por outra banda, quérense arranxar os aseos, substituir as portas do soto e renovar diverso mobiliario da Casa do Concello.

As subvencións solicitadas son do 80% do importe dos investimentos.

Pontecesures, 07/05/10

El Ayuntamiento contará con cinco peones, pagados por la Diputación, para la limpieza de caminos y arroyos.

Durante un período de seis meses ­entre comienzos de junio y finales de noviembre­ la Diputación contratará a cinco peones para realizar tareas de mantenimiento y limpieza de caminos y arroyos en el municipio de Pontecesures. La administración provincial sufragará el cien por cien del coste de los salarios y de la Seguridad Social, por lo que el Concello únicamente tendrá que facilitar a los operarios los medios materiales y la ropa para realizar su trabajo, explica el concejal Luis Sabariz.
Para seleccionar a los peones la Diputación presentará en la oficina del INEM de Vilagarcía la correspondiente oferta de empleo, para elaborar una lista de preseleccionados de la que elegir a los cinco trabajadores. Sabariz Rolán indica que estas contrataciones son ??moi necesarias na actual coxuntura económica e, ademais, necesitamos personal para o mantemento dos servizos, por lo que anima a los desempleados cesureños a que aprovechen esta oportunidad y acudan a anotarse.

DIARIO DE AROUSA, 06/05/10