Na madrugada do Venres ao Sábado Santo, foron derrubadas duas sinais verticais de circulación, na intersección das rúas Portarraxoi e Deputación, e na rúa San Lois. Tamén foi derrubado o brazo dun semáforo circular de peóns de ADIF, no paso a nivel da Factoría, preto da estación de ferrocarril.
O Concello comunicou esta última incidencia a ADIF para o arranxo do semáforo, e vai presentar a denuncia dos danos no Cuartel da Garda Civil de Valga.
Máis de 800 peregrinos pasaron polo Camiño Portugués neste Venres Santo.
Entre ás 13 e as 22:30 horas do Venres Santo, percorreron o Camiño Portugués máis de 800 peregrinos segundo datos facilitados por Protección Civil de Pontecesures.
Desta cifra, 31 están a durmir esta noite no pavillón de Pontecesures, que habilitouse para albergar peregrinos ante a gran demanda de espazos para lecer nas marxes do camiño.
Aberto a mediodía o pavillón de Pontecesures como albergue de peregrinos.
Sobre as tres de tarde do día de hoxe, 2 de abril, e por solicitude do 112 que anunciou que varios peregrinos desexaban facer noite en Pontecesures, foi aberta esta instalación municipal para albergar peregrinos nestes días onde son moitos os que percorren o Camiño Portugués. Protección Civil de Pontecesures colabroa nas tarefas de información e de atención a estas persoas.
O Concello de Pontecesures solicita unha subvención para contratar 25 desempregados.
NOTA DA CONCELLERÍA DE RELACI?NS INSTITUCIONAIS DE PONTECESURES.
Ao abeiro da Orde de 19/02/10 solicitáronse á Consellería de Traballo subvencións para contratar desempregados para desenvolver as seguintes actuacións:
1. Mantemento e limpeza das instalacións, locais e xardíns do concello. 18 traballadores. (14 peóns, 2 oficiais 1ª e 2 limpadores)
2. Atención ao cidadán na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e locais municipais varios. 4 traballadores. (3 auxiliares administrativos e un conserxe)
3. Reforzo da Oficina Técnica Municipal de Urbanismo. 1 traballador. (arquitecto técnico)
4. Reforzo do servizo se seguridade municipal. 2 traballadores para tarefas relacionadas co Ano Santo 2010 (atención a peregrinos do Camiño Portugués, Ruta Xacobea Marítimo Fluvial, etc…)
Na oficina do técnico de emprego situada na Casa do Concello (986/564403), facilítase todo tipo de información aos desempregados interesados nestes programas, sendo moi importante que os datos do desemprego estean actualizados canto antes na oficina de Vilagarcía que é o organismo onde se vai presentar a oferta de emprego por parte do concello unha vez resolto o expediente da subvención co número exacto de traballadores concedidos.
Falsa alarma al apreciarse anoche alguna ventana abierta y luces encendidas en la guardería municipal.
Sobre las 21 horas de ayer, 1 de abril, se apreció que un par de ventanas de la parte trasera del edificio de la escuela infantil municipal estaban abiertas y alguna luz encendida. Personada la directora de la instalación y personal de Protección Civil e Pontecesures comprobaron que, afortunadamente, todo estaba en orden y que el despiste no tuvo consecuencia alguna