REMATE DA OBRA DE MELLORA DO CAMIÑO TOXA – CARREIRAS

A obra foi executada pola empresa C”analizaciones y Construcciones Salnes SL” por un importe de 32.782,13€ dos que 30.033,55€ foron aportados pola Deputación de Pontevedra con cargo ás baixas de dúas obras do Plan Concellos (P.O.S.) 2016 e 2.748,58€ con cargo a fondos propios do Concello de Pontecesures.

A actuación consistiu en demoler o anterior pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

O novo pavimento foi confinado con bordos transversais de formigón envellecido, separados entre sí unha distancia media de 6,5 metros.

Tamén foi preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga. Estas arquetas contaron con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.

OBRAS DE MELLORA EN 2 EDIFICIOS MUNICIPAIS (BIBLIOTECA E CASA DO CONCELLO)

Este mércores 7 de novembro de 2018 a Xunta de Goberno Municipal aprobará a Certificación e a factura da obra de “Mellora en 2 edificios Municipais (Biblioteca e Casa do Concello)”

Esta obra realizouse entre os meses de setembro e outubro de 2018 e consistíu en:

  • Arranxo e renovación da carpintería exterior da Biblioteca Municipal
  • Sustitución de dous portalóns da planta semisoto do Concello, por unhas novas portas seccionais de lamas de panel sándwich de aluminio, con apertura automática mediante motor eléctrico.
  • Instalación dun trasdosado autoportante de paneis de xeso laminado con illamento térmico en dous despachos do Edificio do Concello.

Esta obra foi adxudicada á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA por un importe de 19.533,72€ dos que 11.720,23€ foron subencionados por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e 7.813,49€ a través da baixa dunha obra do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

O CONCELLO DE PONTECESURES RECIBIU A TRAVES DO PLAN CONCELLOS 2018 UNHA SUBVENCIÓN POR IMPORTE DE 33.868,43 € PARA O PAGO DE 3 MENSUALIDADES DO CANON DA BASURA.

A Deputación de Pontevedra aprobara a principios deste ano o Plan Concellos 2018, con varias liñas de subvencións para os concellos da provincia.

Unha destas liñas (Liña II – Amortización, pagamento de débedas e gasto corrente) destinou ó concello de Pontecesures un total de 33.868,43 € que este goberno decidiu invertir no pago de 3 mensualidades (abril, amio e xuño 2018) do canon de recollida e saneamento do lixo, e recollida dos RAEE e pequenos escombros do mésticos; cun valor estimado de 38.391,18 €.