A pasada madrugada entraron no Club Xuvenil de Pontecesures prendendo lume no recinto.

Sobre ás 6:30 horas da mañá percibiuse fume que procedía deste local situado na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” de Pontecesures, cando os efectivos de Protección Civil estaban a apagar outro lume dun vehículo na rúa Miguéns Parrado.
No local municipal, forzaron as portas, romperon varios cristais das mesas, romperon un espello de grandes dimensións que se utiliza para ensaiar as nenas de danza clásica e moderna, e prenderon lume en dúas dependencias do edificio. Nunha delas utilizaron algúns periódicos e papeis vellos e asi queimaronse un par de pupitres e os apoios de madeira das barras para practicar danza. Na outra prenderon nunha botella de plástico e danaron un cadro eléctrico do recinto. Foi necesaria a actuación dos efectivos de Protección Civil para apagar os dous lumes.
? realmente triste comprobar o estado do edificio coas paredes afumadas. Resulta incomprensible que alguén, no seu sano xuizo, poida cometer estas barbaridades sen fundamento algún. No local no hai absolutamente nada de valor e cicais por ese motivo, ensañáronse coas instalacións.

Os veciños poden alegar contra a retirada do símbolo franquista ata o día 31 de agosto.

O Concello de Pontecesures dará cumprimento aos requisitos dictados polo Arzobispado de Santiago de cara á retirada do símbolo franquista existente na fachada da igrexa parroquial e abre un prazo para que os veciños poida presentar alegacións. Prolongarase ata o día 31 de agosto.

Neste período, os cidadáns, especialmente os familiares e descendentes das persoas que aparecen nomeadas neste símbolo, terán posibilidad de presentar por escrito no Consistorio os seus comentarios ou suxerencias no relativo á retirada da lauda, que está gravada sobre a pedra. Os nomes que inclúe son os de Adolfo González Casal, José Gómez Grela, José Oliveira Limeres, Manuel Lafuente Moreiras, Francisco Vieites Pérez, J. Ángel Angueira Fernández, José Dios Bugallo, José Bóveda Villamarín e Ramón González Jamardo.
A apertura deste prazo de alegacións decidiuse nunha reunión celebrada na noite do xoves no Concello e na que participaron a alcaldesa, Maribel Castro, os edís do PP Rafael Randulfe e Jesús María Rey, o concelleiro non adscrito Luis Sabariz, e a representante do BNG Cecilia Tarela. O párroco de Pontecesures, Arturo Lores, que tamén estaba convocado, non puido asistir. Previamente, o Arzobispado requeriu ao Concello para que ofrecera a posibilidade de alegar aos veciños posto que considera que a retirada do símbolo fascista pode ??afectar a sentimentos? dalgunhas persoas.

As suxestións que se reciban serán enviadas polo goberno local ao Arzobispado para que as analice e decida se está disposto a respaldar a eliminación do símbolo, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Unha vez adoptada esta decisión, será cando se inicie a tramitación concreta da retirada, para determinar as tarefas a realizar, solicitar autorización de Patrimonio e abordar o financiamento. O Concello quere que sexa a Igrexa a que pague as obras.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

Piden ao cura que informe nas homilías.

O Concello dará a maior sifusión posible á apertura do prazo para presentar alegacións, tanto a través de Internet coma nos medios de comunicación. Ade´mais na reunión do xoves acordouse dar unha copia do anuncio ao párroco de Pontecesures, Arturo Lores, para que lle dea lectura na homilía das misas e informe aos feligreses.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

O BNG levou o asunto ao Pleno.

A retirada do símbolo franquista da fachada da igresa de Pontecesures foi unha solicitude realizada polo grupo municipal do BNG, que cré que é necesario dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. A moción nacionalista foi aprobada por unanimidade de toda a Corporación, aínda que cunha emenda do equipo de goberno.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

O luns día 27 de xullo, pleno ordinario en Pontecesures.

Será ás 21:00 horas, coa seguinte Orde do Día:

1.Actas anteriores
2.Proposta do grupo de goberno: Aprobación da nova ordenaza reguladora do S.A.F.
3.Proposta do grupo de goberno: Modificación do regulamento da Escola Infantil Municiipal.
4.Contas da Festa da Lamprea e da Feira do Automóbil.
5.Resolucións da alcaldía. Dar conta.
6.Informes da presidencia
7.Rogos e preguntas.

Coma sempre, faise un chamamento aos veciños para que acudan ao pleno. Sempre e bo estar informado dos asuntos municipais.