Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.

Mensaxe dos Reis Magos esta noite en Pontecesures.

No palco instalado na Plazuela por mor da cabalgata, o Rey Melchor pronunciou a seguinte mensaxe:

¡Benqueridos cesureños!

Un ano máis chegamos a esta fermossa vila de Pontecesures cheos de ilusión, e con gañas de traballar esta noite para deixar a todos os regalos que merecedes.
A pesar da crise, que tamén se aprecia en Oriente, esperamos contentar a nenos e maiores.
Queremos agradecer a benvida e o traballo realizado polos organizadores da Cabalgata, como son os voluntarios e as asociacións deste concello que sabemos que loitaron dabondo para posibilitar este desfile.
Ademais de desexar un feliz ano 2009, queremos que este pobo progrese como merecen os seus veciños.
Aos nenos lle pedimos que se porten ben no colexio e nas súas casa; e aos maiores que se volquen na educación dos máis cativos, como garantía de que no día de mañá serán boas persoas.
Rapaciños, agora idevos pronto para a cama, e durmide asiña para que poidamos facer a entrega dos regalos con rapidez. Pensade que sodes moitos e queremos cumprir con todos.

¡Ata o ano que ven!

Incendiase un contador de Unión Fenosa na rúa Calera.

Sobre ás 19 horas do día hose declarouse un pequeno incendio no contador para o alumeado público que ten Unión Fenosa na rúa Calera (preto da Cerámica Celta). Foi extinguido por membros de Protección Civil de Pontecesures que foron alertados polo 112.
Foi avisada é empresa, e tamén as persoas encargadas do mantemento do alumeado público municipal, para analizar a incidencia que poida ter a queima do contador no cadro e nas instalacións do alumeado e corrixir as deficiencias.

Morreu Carmen Eitor, nai de “Manel”, traballador do Concello de Pontecesures.

Aos 81 anos de idade, finou está mañá no seu domicilio de Toxa 15, Carmen Eitor Grela, nai de José Manuel Moreiras Eitor, traballador do Concello de Pontecesures.
Ás 15:30 horas de mañá luns, día 5 de xaneiro, o cortexo fúnebre sairá dende o Tanatorio Iria Flavia de Padrón, ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 16:00 horas celebrarase a misa funeral.
O cadáver recibirá sepultura, posteriormente, no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Pontecesures destina más de 33.000 euros a ampliar y mejorar el cementerio de Condide.

La junta de gobierno de Pontecesures ha dado luz verde a un proyecto para la construcción de muros de contención y panteones en el cementerio municipal de Condide. Esta actuación se incluye en el PAM de la Diputación de Pontevedra y será financiada íntegramente por el organismo povincial, que destinará a tal fin 33.444 euros.
En concreto, se van a construir dos muros de contención en el cementerio. En primer lugar, se va a reformar el divisorio entre la parte vieja y la parte nueva del camposanto, ya que la estructura que separa ambas zonas está muy deteriorada. En segundo lugar, se va a construir un muro para contener la segunda terraza de la parte nueva del cementerio. Posteriormente se instalarán en esa terraza algo más de una treintena de nichos nuevos, según informó ayer el gobierno cesureño. A través de un comunicado de prenssa se hacía hincapié en que “o goberno local quere manter nas mellores condicións o cemiterio municipal, e así hai pouco foi pavimentada unha ampla zona de aparcadoiro nos exteriores do recinto, e se fixeron arranxos no alumeado público”.

LA VOZ DE GALICIA, 04/01/09