Baremo de valoración para seleccionar limpador/a do Concello de Pontecesures.

1) Experiencia profesional. Máximo 4 puntos en total.

Valoraranse traballos nas diferentes administracións públicas e tamén en empresas privadas coma limpador/a. A puntuación otorgarase por meses efectivos de traballo a xornada completa. As contratacións a tempo parcial ratearanse segundo corresponda e o resto dos días soltos sumarán meses se acadan o número de 30.
As puntuación serán:
-Experiencia na administración pública: 0,25 puntos/mes.
-Experiencia na empresa privada: 0,15 puntos/mes

2) Situación familiar/persoal.

-Muller: 0,50 puntos.
-Parado de longa duración (máis de 12 meses sen perder a antigüidade coma demandante de emprego): 0,50 puntos.
-Familia monoparental por cada fillo menor de 16 anos a cargo: 0,50 puntos.
-Familia con cargas compartidas: por cada fillo menos de 16 anos a cargo: 0,25 puntos.
-Familia monoparental por cada fillo de entre 16 e 26 anos que conviva na unidade familiar: 0,25 puntos.
-Familia con cargas compartidas: por cada fillo de entre 16 e 26 anos a cargo: 0,15 puntos.

3) Situación económica da unidade familiar.

Para as valoracións da situación económica (sen ingresos, cobrando prestacións de desemprego ou subsidios, etc…) deberase acompañar á solicitude as copias da documentación que se estime oportuno.
A situación familiar valorarase, no caso de fillos menores de 16 anos, cun certificado de convivencia que se solicitará nas oficinas do concello, e no caso dos maiores de 16 anos, ademais do certificado de convivencia, da tarxeta de desemprego do INEM se no está a traballar, ou un certificado de estudos se está matriculado nalgún curso do ensino oficial.

4) Entrevista persoal.

Os candidatos/as que, unha vez valorados os méritos, teñan posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado, realizarán unha entrevista persoal que versará sobre as tarefas a desnvolver no posto de limpador/a.
A tal efecto, serán citados telefónicamente logo de publicarse a lista de valoración de méritos, onde asemade aparecerán os candidatos que se deben presentar á entrevista da que se fixará data e hora polo tribunal seleccionador.

Unha avaria no alumeado da ponte interprovincial dificulta as obras da colocación da protección.

Esta pasada noite a maquinaria danou a alimentación soterrada para o alumeado na ponte e así os operarios da Unidade de Estradas tiveron que utilizar reflectores para a execución dos traballos.
Espérase que durante o día quede arranxada a avaría. Dende o Concello solicitouse a renovación a fondo deste alumeado pois atópase moi danado e castigado polas inclemencias do tempo que soporta.

Carreteras retoma las obras de instalación de protección en el puente romano.

Carreteras del Estado retomó a comienzos de esta semana las obras de instalación de un sistema de protección para vehículos y peatones en el puente interprovincial que comunica los municipios de Pontecesures y Padrón. Los trabajos habían comenzado hace meses pero, tras colocar la protección en una de las aceras del viaducto, se paralizaron para hacer acopio de más material, especialmente de los bloques de piedra que son necesarios.
El lunes por la noche volvieron a retomarse las obras en el otro margen del puente, en el que ya se retiró el bordillo de la acera para ahora proceder a instalar los bloques de granito con los que construir un pequeño muro, que se completará con un embellecedor metálico. Con este sistema pretende evitarse que, en caso de accidente, los vehículos se precipiten al río Umia, como ya ocurrió en varias ocasiones, en algunos casos con resultado de muerte. Además, también servirá para proteger a las personas que caminen por la acera de posibles embestidas de los vehículos.

El Concello de Pontecesures solicitó a Carreteras en varias ocasiones que finalizara cuanto antes esta actuación, como ahora parece que sí será. Las obras se realizan por las noches ­a partir de las 10:30 aproximadamente­ para evitar afecciones importantes en el tráfico, ya que los operarios necesitan cortar un carril de la carretera N-550 para colocar los elementos de piedra.

DIARIO DE AROUSA, 09/10/08

Convocatoria para contratar persoal de limpeza para edificios do Concello de Pontecesures.

Para cubrir unha baixa por enfermidade, precísase contratar un/unha limpador/a con contrato de interinidade mentres dure a baixa, cunha xornada laboral por 5 horas ó dia e cun horario de traballo que poderá ser de mañá, de tarde ou partido, e cun salario bruto mensual segundo o convenio de limpeza de oficinas e despachos.
Os/as interesados/as entregarán a súa instancia, acompañada co currículo de méritos alegados (contratos, etc..) no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures nun prazo que remata o vindeiro luns día 13 de outubro ás 13:30 horas.
Poderase consultar as bases de selección e o baremo no taboleiro de anuncios do concello.

Vanessa Autrán, nova educadora familiar de Pontecesures.

Celebrouse hoxe a entrevista e o tribunal cualificou ás tres aspirantes que pasaron a esta proba do seguinte xeito: Vanessa Autrán Fernández 1,50 puntos; Belén Negreira Búa, 1 punto e Tanía Vázquez Bouzas, 3 puntos.
Como na fase de baremos Vanessa tiña 4,40 puntos, Belén 2,30 puntos e Tania 1,55 puntos, a puntuación total quedou do seguinte xeito:

1ª-Vanessa Autrán Fernández……………..5,90 puntos
2ª-Tania Vázquez Bouzas…………………..4,55 puntos
3ª-Belén Negreira Búa……………………….3,30 puntos