Celebrarase o sábado día 6 de setembro. A concentración dos participantes será na Plazuela ás 17:00 horas e a saída dos ciclistas terá lugar ás 17:30 horas dende o mesmo lugar. O percorrido será de 11,5 quilómetros.
Será obligatorio o uso do casco e no percorrido dos maiores a idade mínima será de seis anos.
Haberá trofeos para o participante de máis idade, para a bicicleta máis original e para a familia con maior número de membros que participe no evento.
Tamén haberá sorteos de diverso material deportivo e dunha bicicleta entre tódolos participantes.
O goberno local fai un chamamento ós veciños de tódalas idades para que participen nesta vistosa concentración co fin de fomentar a práctica deportiva e o uso da bicicleta.
O acto está organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e polo Concello de Pontecesures.
Silvia Romero Fabeiro seleccionada como auxiliar administrativo.
ACTA DO TRIBUNAL
En Pontecesures, a 3 de setembro de 2008, sendo as 10 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de auxiliar administrativo/a, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada un/unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 19 de decembro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo. Compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoal valorando os coñecementos e experiencia profesional para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo. A continuación establecéronse as probas informáticas cas que os/as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos informáticos que posuen. Ditas probas informáticas foron valoradas polos membros do tribunal coma excluintes, esto é, que para seren superadas tiñan que ter polo menos 2 dos 4 puntos cos que se valoraba este apartado. E así se lle fixo saber ó inicio da proba ás candidatas.
Iniciado o acto chamase ós/ás vintedous aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Ana Mª Agrasar Allo, Mª Dolores Barreiro Gomez, Stella Maris Comparada Mosquera, Leticia Domínguez Otero, Cándido Duro Domínguez, Concepción Enrique Cordo, Belinda García Castro, Mª del Carmen Iglesias González, Mª Teresa Magariños Iglesias, Nayra Martín Cabrera, Mª Isabel Pérez Castaño, Patricia Refojo Márquez, Mª Virtudes Rey Lago, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Susana Rivas Castro, Mª Luz Rodríguez Potel, Silvia Romero Fabeiro, Ramona Vázquez González e Marta Vázquez López.
Non se presentaron: Mª Pilar García Díos, Mª del Carmen Gómez Eiras, e Mª del Carmen Martínez Pardal.
Renunciaron a participar no proceso de selección: Ana Mª Agrasar Allo, Belinda García Castro, Mª del Carmen Iglesias González, Nayra Martín Cabrera, Mª Virtudes Rey Lago e Ramona Vázquez González.
Primeiramente os/as trece candidatos/as cubren a ficha de datos persoais.
Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 45 preguntas relacionadas con cuestións informáticas; e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, que consistía na elaboración dun escrito dirixido ó concello.
Valorado este apartado entre as aspirantes, superaron esta proba cunha nota maior a 2 puntos: Leticia Domínguez Otero, Cándido Duro Domínguez, Concepción Enrique Cordo, Patricia Refojo Márquez, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Susana Rivas Castro, Mª Luz Rodríguez Potel, Silvia Romero Fabeiro, e Marta Vázquez López, polo que as outras 4 candidatas quedaron descartadas. As 9 candidatas quedan citadas para o xoves día 4 para a entrevista e valoración de méritos.
Retomada a a selección ó día de hoxe, preséntanse á entrevista e valoración de méritos os 9 candidatos, que acadan cada un deles a seguinte puntuación total aplicado o baremo e realizada a entrevista, máis a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático:
Silvia Romero Fabeiro………… 7.23
Cándido Duro Domínguez……. 7.07
Concepción Enrique Cordo….. 6.44
Marta Vázquez López…………. 6.31
Patricia Refojo Márquez.. ……. 6.18
Susana Rivas Castro……………. 6.01
Rosa Mª Rey Castiñeiras……… 5.64
Leticia Domínguez Otero…….. 5.13
Mª Luz Rodríguez Potel………. 4.04
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección para seres contratada: Dna. Silvia Romero Fabeiro.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal, en Pontecesures a catro de setembro de dousmil oito.
Desgoberno de poucas luces.
As constantes queixas feitas polo veciños diante do BNG polo deficiente funcionamento do alumeado público lévanos una vez máis a facer unha denuncia pública perante os medios de comunicación. Esta lexislatura estase a caracterizar, sobre todo por un abandono total das infraestructuras municipais, neste caso estamos a falar do alumeado municipal con constantes apagados de rúas enteiras, como é o caso da rúa Ullán, avda de Vigo, etc. Estes apagados duran semanas enteiras sen recibir, por parte do desgoberno, explicación algunha.
O BNG interesouse en plenos pola situación caótica do alumeado público recibindo como resposta a mofa e a calada. Nós non entendemos como un servizo municipal tan importante se atope neste estado lamentable de abandono.
Esiximos a Maribel Castro e ao seus socios a posta en funcionamento inmediato do alumeado público nas rúas que levan tempo sen o servizo, que lle adiquen tempo e medios a este asunto e deixen de lado as súas liortas internas, que son moi coñecidas en todo o pobo. Mal se pode gobernar nesta situación.
Consello Local BNG Pontecesures
Publicado por BNG Pontecesures
Inaugurarán las obras del campo de fútbol “Ramón Diéguez” este sábado.
Diputación y Concello inaugurarán este sábado las obras realizadas en el campo de fútbol ??Ramón Diéguez?, de Pontecesures, entre las que destaca la dotación de hierba artificial.
Los responsables municipales esperan que durante el acto estén presentes el presidente de la institución provincial, Rafael Louzán, así como su vicepresidente, José Juan Durán, y de los técnicos de la Diputación. También esperan la asistencia del diputado delegado de deportes, Enrique Sotelo, así como de la Corporación municipal del Concello.
Desde el Gobierno local se mostraron muy satisfechos con el término de estos trabajos, que repercutirán en unas instalaciones merecedoras de los deportistas de la zona: con porterías fijas y móviles, así como banquillos, marcador electrónico y 250 sillas en las gradas existentes, todo bajo un presupuesto de 400.000 euros.
DIARIO DE AROUSA, 03/08/08
Relación de desempregados/as enviada para a selección de auxiliar administrativo.
A Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou unha convocatoria para que mañá ás 10:30 e 11:30 horas se presenten na Casa do Concello as seguintes persoas:
Agrasar Allo, Ana Mª
Barreiro Gómez, Mª Dolores
Comparada Mosquera, Stella Maris
Domínguez Otero, Leticia
Duro Domínguez, Cándido
Enrique Cordo, Concepción
García Dios, Mª Pilar
García Castro, Belinda
Gómez Eiras; Mª Carmen
Iglesias González, Mª Carmen
Magariños Iglesias, Mª Teresa
Martín Cabrera, Nayra
Martínez Pardal, Mª Carmen
Pérez Castaño, Mª Isabel
Refojo Márquez, Patricia
Rey Lago, Mª Virtudes
Rey Castiñeiras, Rosa Mª
Rivas Castro, Susana
Rodríguez Potel, Mª Luz
Romero Fabeiro, Silvia
Vázquez González, Ramona
Vázquez López, Marta
Lémbrase que hai uns días foi seleccionada Mª Dolores Gerpe Jamardo, pero a outra praza quedou deserta e se solicitou unha nova relación á Oficina de Emprego.
O tribunal está composto pola secretaria do concello, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, o técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso e o administrativo, Ricardo Campos Saborido. Solicitei que estivera presente un representante sindical coma observador.
O día 6 de setembro, inauguración do campo de fútbol de herba sintética de Pontecesures.
O vindeiro sábado día 6 de setembro, ás 11:00 horas, será inaugurado o campo de fútbol “Ramón Diéguez” coa herba sintética.
Por parte da Deputación Provincial asistirán ó acto, o presidente Rafael Louzán Abal, o diputado delegado de deportes, José Enrique Sotelo Villar, o vicepresidente José Juan Durán Hermida, e técnicos provinciais.