Respostas do equipo de goberno no pleno ás preguntas do BNG de Pontecesures.

-En canto ás porterías de fútbol que estaban no campo “Ramón Diéguez”, actualmente en obras, o Sr. Randulfe contestou que, efectivamente foron colocadas nunha parcela privada ó carón da Igrexa e da Plazuela para que os nenos/as xoguen co balón nesa finca que está aberta en lugar de facelo na praza. Engadiu que é mellor que estean aí, que levalas para chatarra e que aínda non foron ancladas ó chan porque o titular da finca non pudo facelo nestes días por enfermidade. A Sra. García Castro do BNG manifestou a preocupación polos riscos para os rapaces se as porterías non están ben fixadas no chan e o Sr. Sabariz manifestou que hai que facer esta tarefa canto antes, e que prefire que se aproveiten as porterías, traéndolle malos recordos o tema da chatarra pois na época do anterior alcalde, eran ben coñecidas as comidas e ceas ás que asistiron o ex alcalde e varios traballadores do concello a conta da recadación de trastos vellos.

-O Sr. Rey Beiró informou que o custo da Festa da Lamprea ascendeu a uns 22.500 ?, e desta cantidade abónanse de fondos propios 12.500 ?. Tamén manifestou que o custo da Feira do Automóbil ascendeu a uns 30.000 ? e que corresponde abonar de fondos propios uns 2.500 ?. Así cuns 15.000 ? sufráganse dous eventos de importancia, mentres que o ano anterior cunha festa de moito menor relevancia o custo para o Concello foi duns 20.000 ?

-Tamén informou o Sr. Rey que se venderon 542 tickets de racións de lamprea e 230 tickets de pinchos.

-Que a rúa Carlos Maside vaise pavimentar nas vindeiras semanas por parte da Deputación, segundo informou o Sr. Randulfe, que detallou as actuacións realizadas na importante obra de saneamento. Tanto o concelleiro popular, como a alcaldesa, como o non adscrito Sabariz, solicitaron desculpas pola demora xa que os veciños teñen toda a razón para queixarse.

-Que a prohibición de aparcar no adro da Igrexa é fundamental para perservar este espazo monumental de grasas, aceites, rotura de pedras, etc… Xa se debeu de facer hai moito tempo e non hai cidade ou vila algunha, na que se permita aparcar coches a carón do templo relixioso. Ademáis era un perigo para os nenos/as que xogan no propio adro andar entre os coches. Xustificouse tamén a dirección única na rúa Miguéns Parrado para evitar atascos e maniobras de risco na baixada do parque para a Igrexa. Estas explicacións déronas a alcaldesa e o non adscrito Sabariz.

-A alcaldesa manifestou que o cambio de dirección na rúa Infesta obedece a que se debe seguir o sentido da marcha dos peregrinos do Camiño Portugués, lamentando as molestias que se poidan causar á algún veciño.

-A alcaldesa dixo que o número de denuncias a vehículos por non levar o disco nas rúas centrais, e o importe das mesmas sería comunicado nunha seguinte sesión pues neste pleno carecía de datos.

-O Sr. Randulfe manifestou que xurdiron uns problemas que impediron presentar ata agora os orzamentos, pero que pronto virán para a súa aprobación plenaria.

Máis impostos.

O BNG quere informar á cidadanía de Pontecesures acerca do contido do pleno ordinario do pasado luns 26 de maio, no cal foi aprobado por parte do goberno municipal, cos votos en contra do BNG, a posta en marcha dun novo imposto ata agora nunca aplicado en Pontecesures: o imposto da PLUSVALÍA. Este imposto grava o aumento de valor nas transmisións de propiedades e inmobles (ventas, donacións e herencias).

Non entendemos como nos tempos actuais de crise económica nos que incluso moitos concellos están rebaixando impostos, ao goberno local non se lle ocurre outra cousa que activar esta carga impositiva aos veciños. Para nós esto implica sangrar, aos veciños do pobo para asi poder compensar o despilfarro económico que están a practicar gastando cantidades astronómicas en festas asi como compensar o gasto de dúas dedicacións exclusivas que lle supoñen ao concello 80.000 ? ao ano.

O BNG está totalmente en contra desta iniciativa do Sr. Sabariz, e así o manifestou co seu voto contrario no pleno, que foi apoiada co beneplácito da Alcaldesa e, sorprendentemente, polo Sr. Randulfe que prometeu a bombo e platillo unha baixada de impostos na campaña das pasadas eleccións municipais.

Por outra banda, en resposta ás declaracións feitas por Sabariz (tránsfuga político do partido socialista) en referencia á “desorganización política” do BNG, expoñer que, para nós, confunde desorganización con democracia interna cousa que él non é capaz de comprender xa que non a aplicou nas organizacións ás que pertenceu, nas que impuxo sempre o seu criterio personalista e egocentrico. De tódolos xeitos Sabariz pretende con estos comentarios crear unha cortina de fume para ocultar o verdadeiramente importante que é a aplicación deste novo imposto.

Esta maneira de facer política é maís propia dos pallasos de circo que dun concelleiro do goberno, aínda que en Pontecesures tódolos veciños coñecen a Sabariz e saben que non ten escrúpulos á hora de insultar e desacreditar aos seus rivales políticos. Sabariz aplica a máxima de todo vale.

Publicado polo BNG de Pontecesures.

Preguntas e rogos do BNG no último pleno ordinario.

¿Qué fan a porterías do campo de fútbol nunha finca privada?

¿Porqué regalan bens públicos, como o son as porterías, a particulares?

A canto ascende o orzamento da festa da lamprea? ¿Cantos tickets se venderon?

¿Cando pensan repoñer o firme na rúa Carlos Maside e zona do Telleiro, pois non é de recibo que leve tantos meses como está, ocasionando molestias a veciños e comerciantes, incluso con caídas dalgúns viandantes?

No entorno da igrexa crearon un caos circulatorio e de aparcamento, onde antes non o había e se circulaba con relativa normalidade.
Por un lado as persoas que non contan con disco horario acuden a aparcar nesa zona.
Por outro prohibiron estacionar, como se fixo sempre, no lateral da igrexa.
O resultado é un caos circulatorio e de estacionamentos nesa zona é o que se lle ocorre e eliminar unha dirección de entrada ao pobo.

¿Cantos veciños de Infesta protestaron porque non estaban conformes co sentido de circulación como estivo ata agora?

¿Acaso hai protestas ou queixas de peregrinos ou do Xacobeo?

Vostede mesma estivo de acordo cando se estableceu ese sentido da circulación e agora cambia de opinión sen constar problemas.
Pensamos que é un erro e só se queren buscar problemas onde agora non os hai. Agora sí que están a protestar os veciños. Dende o BNG non estamos de acordo co cambio.

¿Cantas actas de presunta infracción se teñen levantado por incumprimento das normas destacionamento na zona azul?

¿A canto ascende a recaudación por este motivo ata o de agora?

Nos meses de novembro e decembro anunciouse por parte do Sr. Randulfe, tanto aos medios de comunicación como a este Pleno, que os orzamentos estarían para presentar a pleno nese mesmo ano.
Como nos os tiveron, dixo que para principios de ano.
Estamos no mes de xuño, prácticamente e seguimos na mesma. ¿Cando se van a presentar os orzamentos?

30 de maio de 2008
BNG de Pontecesures

Colocado o novo reloxo electrónico para a “Final Four” de mañá.

No día de hoxe foi colocado no pavillón polideportivo de Pontecesures o novo reloxo electrónico para a final a catro de senior zonal de baloncesto, que comeza mañá con participación do club cesureño.
Tamén foron substituídas un par de luminarias afundidas utilizando un elevador, e agora pola tarde vai chegar unha peza necesaria para que funcionen correctamente os dous paneis indicadores dos 24″ de posesión.