O domingo día 18 de maio de 2008 e dentro dos actos das Letras Galegas 2008, representarase ás 20:00 horas, polo grupo de teatro da Barcarola a obra “Repouso absoluto”.
O Club Náutico de Pontecesures está “case rematado”.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, refiriuse a remodelación e ampliación do Club Náutico de Pontecesures, cuxos obras comezaron hai máis dun ano e acumulan bastante retraso. Souto indicou que os traballos “están practicamente rematados”, polo que o novo edificio “pronto comezará a súa andaina” e será entregado en breve ó concello e á directiva do Náutico cesureño para que os piragüistas poidan volver gozar dunhas instalacións en condicións. A administración autonómica investiu preto de 300.000 euros na execución desta obra, moi demandada na vila dende hai anos.
DIARIO DE AROUSA, 17/05/08
Continúan as obras de canalización do gas na Avda. de Arousa.
Para dar servizo a varios edificios (Avda de Arousa e rúa Carlés) estase a canalizar o gas dende a Portarraxoi pola estrada de Vilagarcía. Fronte a rúa Carlés pasarase a tubaría baixo a estrada autonómica para ampliar este servizo.
As obras están a afectar un pouco no tráfico preto da praza de Pontevedra, pero sen ocasionarse retencións.
“Lecer para os nosos maiores”. Encontro en Carballiño.
DÍA 14 DE XU?O
O Concello de Pontecesures vai colaborar coa Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar Social no 3º encontro do Programa “Lecer para os nosos maiores” facilitando o trarsporte (54 prazas) para as persoas maiores de Pontecesures poidan achegarse ao Carballiño e participar nestre encontro de maiores.
Programa:
-Saída ás 9 da mañá desde a Plazuela.
-Sesión Vermú.
-Coñecendo o País: actividades interactivas.
-Xantar nas carpas acondicionadas e restaurantes, con precios asequibles (Non incluído, os e as participantes páganse os produtos que queiran consumir).
-Obradoiros Galegos: actividades interactivas con demostración en vivo.
-Xogos Galegos: actividades interactivas con práctica de xogos tradicionales.
-Gran Romaría Galega: actuación de orquestras e diversas animacións.
Inscricións: do 15 ao 22 de maio.
Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito estan eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.
Prazas limitadas. Se non hai un mínimo de 30 prazas cuberrtas suspenderase a viaxe.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.
Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.
Hai catro aspirantes ó posto da Deputación como peón de limpeza para traballos en Pontecesures.
Rematado o prazo de presentación de instancias no organismo provincial para aspirar a este contrato por cinco meses, houbo as seguintes solicitudes:
Amparo Boullón Pérez
Marina Buceta Balado
Jéssica Lafuente García
Manuel Sobradelo Vicente
Agora haberá unha entrevista no Pazo Provincial e o tribunal seleccionador elixirá o único/a traballador/a que lle corresponde a Pontecesures.
Solucionado el problema de la recogida de basura en los contenedores de San Xulián.
Con la finalización de la importante obra del Xacobeo que acondicionó la rúa Pilar de San Xulián, se presentó un importante problema ya que el camión de recogida de basura, de gran tonelaje, ocasionaba daños en el nuevo firme recién colocado.
Para solucionar este tema se habilitó en el talud de Fomento (intersección de la rúa Pilar con la carretera nacional) un espacio para ubicar tres de los contenedores que antes estaban en el interior de San Xulián. Ahora, ya no quedan contenedores en la Rúa Pilar. Tan sólo permanecen los que están al lado del Cementerio Parroquial para el servicio de recogida de flores y otros elementos del camposanto, pero dichos contenedores serán trasladados por operarios municipales los lunes, miércoles y viernes a la rúa Cantillo, para que los vacie el camión de recogida.
Ahora sólo queda solicitar comprensión a los usuarios.