Os traballos de extendido e compactado da zahorra realízanse esta tarde neste campo da festa situado nas proximidades da pista da Barosa. Lémbrase que nesta zona tamén para o autobús do transporte escolar e leva ós nenos de Toxa e Carreiras que asisten ás clases no CPI Pontecesures (parada conquerida para este curso 2007/2008)
Esta actuación lévase a cabo, logo da petición da Comisión de Festas de Carreiras xa que o día 12 de xaneiro celébrase a festa do lugar e preténdese que o o terreo estea nas mellores condicións posibles.
Este firme é provisional, pois está previsto o pavimentado con asfalto do espazo, por parte da maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra.
ACTOS DO PATRON SAN XULIAN
Celebrouse esta mañá a Misa Solemne, contando coa asistencia do Arcebispo de Santiago de Compostela Monseñor Xulián Barrio. ? remate da misa houbo procesión arredor do templo, presidida polo Arcebispo :
Tamén participaron na procesión as autoridades e os cativos de Xarandeira:
Logo da procesión houbo un concerto pola Banda de Valga, onde os mais animados botaron un bailongo:
Tamén a Parroquia ofreceu un aperitivo ós asistentes a estos actos:
FOTOS DA CABALGATA DE REIS
O sábado á tardiña pasaron os Reis Magos por Pontecesures, coma noutras ocasións.
Este ano achegaronse en “Carroza Real”.
Na Prazuela do pobo foron recibidos polas autoridades do Concello e o Cura:
Acompañaban a comitiva real varias carrozas, coma unha de anxeliños:
Ou a da Princesa Brancaneves:
A Asociación Cultural Xarandeira sumouse a este desfile de carrozas cunha escena mais galega:
Non faltaba detalle nesta escena:
Finalizou o desfile de Reis cunha entrega de regalos para todos os nenos participantes:
E así as suas Maxestades de Oriente marcharon a entregar os regalos ós nenos nas casas:
El Concello de Pontecesures y Caixanova reparten 2.000 discos de control para la zona azul.
El Concello de Pontecesures y la sucursal de Caixanova de la villa comenzaron a repartir de forma gratuita los discos para controlar el cumplimiento de la limitación horaria de la zona azul, que entrará en funcionamiento en las próximas semanas.
En total se elaboraron 2.000 discos, en los que aparece de fondo la imagen de la iglesia parroquial. Sobre ella está impreso el lema “Acerta e aforra mercando en Pontecesures”, así como los horarios en los que se aplicará la zona azul.
La alcaldesa, Maribel Castro, indicó que el miércoles comenzarán los trabajos de colocación de las señales verticales para delimitar el espacio de aplicación del sistema de estacionamiento limitado. Afectará al tramo de la calle San Lois comprendido entre la Rúa Ullán y la Travesía del Muelle de lunes a viernes entre las 9 y las 13 horas y entre las 17 y las 20. Los sábados se aplicará solo por la mañana. El tiempo máximo de aparcamiento será una hora.
Cuando se coloquen las señales se dejarán unos días en los que no se multará para que los vecinos se habitúen. Una vez pasado este plazo, quienes incumplan el horario deberán afrontar una sanción de 90 euros.
DIARIO DE AROUSA, 07/01/07
Aínda que non poida saír a Cabalgata de Reis pola choiva, os Reis Magos entregarán os agasallos na Plazuela.
Ante o día de choiva que temos, e aínda que imos tentar por tódolos medios que saia a Cabalgata, anunciase que de non ser posibel, os Reis Magos saudarán na Plazuela a tódolos nenos/as e maiores e entregarán os agasallos no palco baixo a carpa instalada.