Non se circula, no día do hoxe, por un tramo da rúa Mimosas pola curta das ponlas dun piñeiro.

No mañá de hoxe, operarios municipais coa axuda de maquinaria de Grúas Estación están a proceder a curta de varias ponlas dun piñeiro de considerables dimensións á altura da vivenda nº 22 da rúa Mimosas de San Xulián. Estas ponlas teñen perigo de desprendemento sobre a vía pública e motivaron que máis dunha veintena de veciños presentaron sinaturas hai un ano para que se procedese á súa curta por razóns de seguridade.
Por esta motivo foi prohibida a circulación pola rúa por axentes da Policía Local.

Permanece pechado o parque infantil “Vicente Moure”.

Fundamentalmente para acometer a reparación do xogo múltiple principal do parque permanece pechado ó recinto. Os apoios do xogo está moi danados e vanse afianzar os mesmos. Tamén se fará unha limpeza deste xogo, se lle dará un tratamento, e se realizará un barnizado ou pintado dos elementos.
Tamén se aproveitará o peche para arranxar outros xogos e para acondicionar o recinto.

La Xunta adjudicará en 2008 el proyecto de reforma y humanización de la zona portuaria.

Incluirá la colocación de pasos de peatones elevados para evitar las altas velocidades de la calle.

Representantes del gobierno local de Pontecesures se reunieron ayer con el presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, para estudiar la situación administrativa del proyecto de reforma de la zona portuaria de la villa, que incluirá la mejora de la calle Eugenio Escuredo y sus alrededores, en donde se habilitarán nuevos espacios públicos, plazas y otras áreas de recreo. Según le adelantó Parga a la alcaldesa, las obras se adjudicarán a lo largo del año 2008 y su coste (todavía por confirmar) será incluído en los presupuestos de la Xunta de Galicia para ese ejercicio. La actuación de humanización de este entorno fue, en los últimos años, una de las grandes aspiraciones del Concello cesureño.

(máis…)

Acta de puntuacións do tribunal de selección de traballador/a social.

ACTA DO TRIBUNAL DE AVALIACI?N DOS ASPIRANTES A CUBRIR POR INTERINIDADE O POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

En Pontecesures, sendo as 14 h. do día 12 de novembro de 2007, constitúese o órgano de selección para cubrir a baixa por excedencia da traballadora social do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, a representante do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, Dna. Mª José Thómas Berbén, que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario. Vistas as reclamacións presentadas, este tribunal tomou as seguintes consideracións:

(máis…)

Acta da selección do monitor de piragüismo.

En Pontecesures, a 12 de novembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de monitor de piragüismo, formado pola Secretaria do Concello, Dª Mª Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, o administrativo D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Vista a documentación achegada polos dous aspirantes, para a súa baremación, este tribunal entende que á vista dos méritos e experiencia que acreditan ámbolos dous candidatos, o candidato máis idóneo para o posto de monitor de piragüismo e: D. Vicente Jesús Acuña Vecino, polo que propoñemos que sexa a persoa seleccionada.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asinado: Mª Trinidad Rodríguez Suárez, Ricardo Campos Saborido e José Rodríguez Fructuoso.

Instalada a marquesina para a parada de transporte escolar de A Toxa-Carreiras.

Hai uns días colocouse, nesta nova parada do transporte escolar para os alumnos do CPI Pontecesures de A Toxa e Carreiras, unha marquesina concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta marquesina esta ubicada na pista da Barosa (onde se celebrou en xaneiro pasado a Festa da “Reina de los Angeles” de Carreiras), tras a solicitude da ANPA e do grupo de goberno ó presidente da institución provincial.