Comunicado do tribunal para a praza do traballador/a social modificando o calendario para a selección.

Ante o número de aspirantes a cubrir o posto de traballadora social, e tendo en conta que os membros do tribunal pon poden voltar a reunirse ata o día 31 de outubro, este tribunal tomou a seguinte decisión:

*MODIFICACI?N DAS DATAS PREVISTAS NA SELECCI?N DO/A CANDIDATO/A A CUBRIR A PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL*:

* Venres 2 de Novembro: Lista provisional de puntuacións dos/as aspirantes.
* Luns 12 de Novembro: Presentación de reclamacións, no rexistro Xeral do concello (ata as 14 h.).
* Martes 13 de Novembro: Lista definitiva da puntuación, e relación de aspirantes a ser entrevistados.
* Mércores 14 de Novembro: Entrevista persoal a partir das 11 h. De aqueles candidatos/as que, segundo din as bases: ??Os candidatos que, unha vez valorados os méritos, teñan a posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado?.

O SECRETARIO DO TRIBUNAL.

Asdo.- José Rodríguez Fructuoso

Eleccións sindicais no Concello de Pontecesures.

O día 3 de setembro de 2007, os sindicatos maioritarios CC.OO., CIG, CSI-CSIF e UGT presentaron na Delegación de Traballo o correspondente preaviso para a celebración das eleccións sindicais no Concello de Pontecesures.
A data de inicio do proceso electoral quedou fixada no 27 de novembro próximo.
Ademáis dos preavisos, o concello xa recibiu a solicitude dos sindicatos para que se entreguen os censos tanto de persoal laboral como de persoal funcionario.

Bando sobre a recollida de lixo.

Ante as numerosas queixas dos veciños polo mal uso dos contenedores de lixo en determinadas zonas do concello, obsérvase que nos mesmos vértese lixo sen estar metido en bolsas adecuadas, polo que ROGAMOS ENCARECIDAMENTE que se deposite o lixo en bolsas apropiadas e ben pechadas, ante o risco sanitario e os malos olores que conleva.
Lémbrase que esta mal práctica dalgúns veciños pode ser sancionada económicamente si se identifica aos responsables de tales feitos.

A Alcaldesa
Mª Isabel Castro Barreiro

Nada menos que 47 aspirantes para a praza de traballador/a social do concello.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para optar a praza de traballador/a social do Concello de Pontecesures, en substitución da titular Raquel López Doce que está a ocupar con dedicación exclusiva o cargo de 1ª tenente de alcalde de A Estrada, presentáronse 47 aspirantes.
Na maña de hoxe reúnese o tribunal para fixar as cualificacións da fase de concurso (serán publicadas o vindeiro venres 26 de outubro). Como representante do Colexio de Traballadores Sociais no tribunal, foi designada Mª José Thomas Berbén que é a presidenta en funcións da xunta de goberno do citado colexio.

El concello convoca una plaza de juez de paz sustituto en el municipio.

El Concello de Pontecesures anunció la convocatoria pública para la provisión del cargo de juez de paz sustituto del municipio por un período de cuatro años. Para poder participar en la elección se requiere ser español, mayor de edad y no estar incurso en ninguna de las causas de incapacidad o incompatibilidad señaladas en la Lei Orgánica del Poder Judicial.

Las solicitudes pueden presentarse en el Concello hasta el día 29 de octubre. Deben estar acompañadas de diversa documentación como el certificado de nacimiento o fotocopia autenticada del DNI, un certificado expedido por el Registro Central de Penados y declaración complementaria sobre si se encuentra “inculpado o procesado” en alguna causa, además de la justificación de los méritos del solicitante.

DIARIO DE AROUSA, 23/10/07