O sábado día 2 de setembro este concelleiro da ACP comunicoulle á alcaldesa en funcións Maribel Castro que a empresa que está a facer as canalizacións do gas na Avda. de Vigo ó repoñer as lousas da beirarrúa soltou pola estrada, preto do bordillo, gran cantidade de auga con cemento. Agora apreciase o cemento no firme e ademais en algún sumidoiro de pluviais. Púdose provocar algunha obstrucción das tubarías de saneamento.
O sucedido considérase unha «chapuza» consentida pola nula vixianza municipal.
Solicitouse así a adopción das medidas para que se proceda á limpeza da vía pública e dos sumidoiros por parte da empresa.