Pouco a pouco van empezando as ligas das distintas categorias de baloncesto.
Se a cadete masculina empezou hai 3 semanas, agora son os senior e as nenas cadetes as que empezan a competir. Así que mañá sábado pola tarde temos 2 partidos interesantes en Pontecesures, con entrada gratuita para o público. Os partidos desta fin de semana son os seguintes:
SENIOR ZONAL: SABADO 19.15 H., en Pontecesures, contra o C.B. Cuntis.
1ª xornada do campionato zonal.
CADETE MASCULINO: SABADO 17 H., en Pontecesures, contra o E.D.M. Estradense.
5ª xornada da liga previa de clasificación á liga galega.
CADETE FEMININO: DOMINGO H., en Pontevedra, contra o Arxil «B».
Inicio da previa de liga galega, entre os 2 equipos que a van xogar. Eliminatoria a dobre partido, o partido de volta será o seguinte fin de semana en Pontecesures. Se o Arxil «A» mantén a praza de liga galega, e ten moitas posibilidades, o seu equipo B non podería optar ó ascenso, sendo as nenas do noso club as que xogarian o cruce definitivo por un posto na liga galega 2010-11 de categoría cadete
XUNIOR MASCULINO: AMISTOSO SABADO 12.15 H. en Santiago contra Peleteiro «B».
Preparando o inicio da liga, previsto para principios de novembro, o equipo xunior vai xogar o 2º partido amistoso contra Peleteiro B, pois a semana pasada este equipo acudiu a Pontecesures, co resultado de 49 – 24 para os nosos, pero contando que Peleteiro tiña 4 asusencias de xogadores.