BALONCESTO: HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA

Este fin de semana temos a 4 equipos competindo xa nas súas respectivas ligas. Por calendario os 4 o van facer no polideportivo de Pontecesures

SENIOR ZONAL: Inicia a liga xogando en Pontecesures o domingo as 12.15 h. contra o Grove na nosa casa, no retorno do equipo á 1ª división zonal, ante un dos clásicos desta liga coma é este equipo de O Grove que sempre remata a liga nos postos intermedios cando menos. Vai ser un encontro que vai servir para medir as posibilidades do equipo na liga.

Cadete: En Pontecesures Sabado ás 11.45 h. contra o CB Pontevedra.

Infantil Femenino: En Pontecesures, Sábado ás 16.30 h. contra o Meco de O Grove.

Infantil Masculino: En Pontecesures, Sábado as 19 h. contra o Marin Peixegalego B.

O EQUIPO INFANTIL MASCULINO DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA A SUA COMPETICION ESTA FIN DE SEMANA

O Sábado 11 ás 11.30 h. o equipo infantil masculino iniciará a súa andaina nesta tempada 2008-09 ca disputa do seu 1º partido de liga. Será no cpabellón da Estrada, contra o EDM Estradense. Este equipo infantil formado por 11 nenos de Valga e Cesures, mais a aportación dun alevín que xogará a maioria da tempada cos infantis ademais de co seu grupo, conforman a plantilla dun grupo que espera repetir os éxitos da pasada campaña.

Outros 2 equipos do club: os nenos cadetes, e as nenas infantís, empezalles a liga nesta xornada, pero en ambos casos por ser grupos impares, tocoulles descansar ós nosos equipos, polo que non será ate a vindeira semana cando empecen a xogar encontros oficiais.

Por ultimo o senior vai iniciar tamén a súa temporada a vindeira semana, na liga de 1ª división zonal. O 1º rival da liga vai ser un vello coñecido: o C.B. Grove, pois nos ultimos anos xa se tiveran enfrentado en varias ocasións, inda que fai 3 anos que non coincidimos.

O partido será na nosa casa, e unha victoria serviría para coller moral ante un dificil campeonato que se presenta, pois ademais de 3- 4 equipos favoritos dos 10 que conforman a liga: Laxe, Meco Grove, e Ribadumia, o resto tampouco son «cenicientas» polo que lograr as victorias necesarias para permanecer outro ano na categoria, é o obxetivo básico nestes momentos para os nosos xogadores. Son 18 partidos de liga, e con 7-8 victorias aseguraste estar na liga outro ano mais.

 Alevíns e benxamíns inician os seus respectivos campeonatos mais adiante: No caso dos alevins a súa liga iniciarase a finais deste mes ou principios de novembro. Os benxamíns xogan por concentracións 5 – 6 veces na tempada, en distintos polideportivos da zona arousana, algún deles na nosa casa.

BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA OS SEUS PRIMEIROS PARTIDOS DE PRETEMPADA

 imagen-006-we.JPG

Logo de unhas semanas adestrando, esta fin de semana tanto o equipo cadete masculino, coma o senior, van xogar os primeiros partidos amistosos de pretempada.

Mañá sábado, a partir das 18.30 h. en Pontecesures, os seniors xogan contra o CB. cuntis- Rte. D. Manuel un interesante partido, pois son 2 equipos formados por xente veterana que se levan enfrentado en numerosas ocasións nos últimos anos. 

Os cesureños van tratar de ir collendo o ritmo de xogo, para adaptarse o mais pronto posible á nova categoría na que van militar esta vindeira campaña. O equipo é o mesmo que logrou o ascenso hai 4 meses en Pontecesures. O Cuntis, fora outro dos participantes na final a 4, pero ó perder co Portonovo quedou 4º clasificado, e nun principio, salvo renuncias, xogará outro ano na 2ª division.

Por outra banda, os rapaces cadetes van xogar este domingo, a partir das 12 da mañá, no Grove, contra un dos equipos favoritos para gañar a liga zonal: o CB Grove. O equipo ten ós 10 rapaces que xogaran a campaña pasada en cadetes, mais a incorporación dun rapaz que pasa dos infantis. Son 11 nenos adestrados por Antonio Pedrido que inician a súa 2ª tempada xogando xuntos. Pronto iniciarán a súa liga zonal.

Para a próxima fin de semana serán os nenos e nenas infantís os que empecen a xogar tamén partidos amistosos, polo que os distintos equipos do club están «botándose a andar».

Tamén se recorda que calquera rapaz ou rapaza que queira formar parte do club, poderá unirse. Para elo que se dirixa ó polideportivo cesureño os martes, xoves ou venres, dias  de adestramentos, e será informado dos dias  e horas de adestramento correspondentes.

Temos actualmente ademais do equipo senior, con 12 xogadores, outros 5 equipos de rapaces/as federados, cun total de 54 nenos/as fichados a dia de hoxe: (11 cadetes, 12 nenas infantis, 11 nenos infantís, 10 alevíns  e 10 benxamíns). Estamos intentando lograr reunir outros 10 nenos e nenas para montar un 2º equipo de alevín (mixto) en Valga; co que teríamos 7 equipos federados na tempada 2008-09, obxetivo principal do club.

BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

No día de onte o equipo senior iniciou os adestramentos dunha nova temporada: 2008-09, onde vai disputar a liga zonal de 1ª división, logo do ascenso acadado hai 3 meses. O equipo preséntase sen grandes novidades, tan só un par de dúbidas por motivos laborais, Juanjo o rapaz de Valga que si cree poder estar connosco; e Gulli que quizais non xogue esta temporada polo seu traballo. O longo deste mes quedarán concretados os 12 xogadores que formen a plantilla 2008-09.

 imagen-006-we.JPG

Plantilla senior 2007-08

O obxetivo claro da temporada é manterse na categoria: son 10 equipos moi rodados e cada partido custa de gañalo. Hai equipos afeitos a salvarse «in extremis», mentras que 2 ou 3 son moi superiores ó resto: O Meco de O Grove e o Laxe Marin son os claros domiñadores destes ultimos anos. 

Estas primeiras semanas o equipo vai entrenar 3 dias á semana, luns, mercores e venres a partir das 21 h. Empezará a xogar algun encontro amistoso cara ó 19 ou 26 deste mes, e xa algún equipo contactou para disputar amistosos. De todolos xeitos será o vindeiro venres día 12 a partir das 20 h. cando na reunión de confección de calendarios de competición, na delegación arousana da federacion, canso se sepa exactamente a data de inicio da liga.

Por outra banda os equipos base do club empezarán a adestrar a partir do 16 de setembro, logo de que no verán tiveran algunhas horas á semana de adestramento. Estes dias os cadetes e infantis masculinos xa andan dando unhas carreiras e tirando a a canasta. Son rapaces nados no 1993 e 94 no caso dos cadetes, e en 1995 e 96 no caso dos infantis. Inda quedan fichas sen ocupar polo que se iiciará en breve unha campaña de captación de novos nenos nos colexios de Valga e Dodro.

Tamén a partir do 16 deste mes empezan os adestramentos dos alevíns (1997 e 1998), mentras que os benxamins empezarán a adestrar a finais deste mes. Ambos equipos son mixtos (nenos e nenas xogan todos xuntos.

Finalmente as nenas infantis (tamén de 1995 e 96) empezaran a mediados deste mes. Son un grupo numeroso dunhas 14 nenas, pois ás que quedan da temporada anterior sumanse as nenas que pasan por idade do equipo alevin femenino do ano pasado.

Habería a posibilidade de formar un equipo xuvenil masculino, pero a dia de hoxe está complicado, pois faría falta que nestas 2 semanas apareceran 2-3 nenos para completar o equipo. Estamos buscando nenos de 1991 e 92 que quixeran xogar, acompañando a 5 ou 6 nenos que esarían dispostos a formar o equipo xuvenil.

El cesureño, José Carlos García, al campus del Unicaja.

Una de las jóvenes promess del baloncesto cesureño, José Carlos García, de 12 años, acaba de ganar una beca para el Campus del Unicaja de Málaga, equipo puntero de la ACB. Sus méritos fueron el de destacar entre los cien par4ticipantes gallegos en el Vilagarcía Basket Cup. El joven baloncestista estará, por lo tanto, a finales de junio del próximo año, 2009, recibiendo enseñanzas del cuerpo técnico de la base de la entidad malagueña.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/07/08

O XOGADOR DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA GA?A UNHA BECA PARA O CAMPUS DE UNICAJA DO 2009

dsci2413-web.JPG

Unha das xovenes promesas do basket cesureño, José Carlos García, de 12 anos, acaba de gañar unha beca para o Campus do Unicaja de Málaga, equipo punteiro da ACB. Os seus méritos foro os de destacar entre 100 participantes galegos no Vilagarcía BasketCamp celebrado en datas recentes no polideportivo de Vilagarcia de Arousa, pois foi valorado coma o mellor deportista da sua idade neste campus.

 dsci2432-web.JPG

Unicaja organiza cada ano a finais de xuño un campus para captar novos talentos nacionais, entre nenos de toda España. Jose Carlos acaba de gañarse a participación nese campus para o 2009, cunha beca que lle cubre os gastos de estancia. 

Todo elo non e froito da casualidade, pois xa son 6 as tempadas que leva participando federado na liga alevín, categoría que abandona este ano para pasar á de infantís. Non obstante estes 2 ultimos anos xa participou con moita asiduidade no equipo infantil masculino do noso club, sendo unha peza importante nos bos resultados que obtiveron tanto os alevíns coma os infantis. para o ano, coma infantil de 1º anos espéralle a liga infantil, e entrar nas convocatorias e gañarse minutos no equipo cadete, para seguir medrando neste deporte, así de seguro que chegarán maiores éxitos todavía.

¡ NORABOA !