?ltima hora: o Extrugasa Río Ulla ascende a 1ª división senior zonal de baloncesto

Por 66-60 e nun emocionante encontro, o equipo cesureño venceu ó Motobazar Mc Donalds de Vilagarcía de Arousa, na segunda semifinal da final a catro da 2ª división zonal que rematou hai poucos minutos no pavillón municipal de Pontecesures.
Na primeira semifinal La Noche Baloncesto de Portonovo gañou á Cafetería do Manuel de Cuntis por 94-78 e tamén acadou o ascenso.
Mañá o Extrugasa Río Ulla e o La Noche Baloncesto de Portonovo disputarán a final ás 18:30 horas no pavillón municipal.
Hai que destacar que houbo unha gran entrada no pabillón con moito ambiente (nenas animadoras, aparellos acústicos nas gradas e moitos berros de ánimo da afección local ós seus xogadores). ? remate do encontro houbo una explosión de xúbilo pola victoria.
Os integrantes do equipo cesureño foron felicitados na propia cancha pola alcaldesa e polo concelleiro de deportes. Antes, entregaron medallas ós xogadores/as das divisións inferiores do club pola gran tempada realizada.

Baloncesto: «Final four» senior zonal en Pontecesures.

Sábado día 31 de maio ás 17:30 horas:
CAFETERÍA D. MANUEL de Cuntis-LA NOCHE BALONCESTO de Portonovo.

Sábado día 31 de maio ás 20:00 horas:
C.B. EXTRUGASA RÍO ULLA-MOTOBAZAR MC DONALDS de Vilagarcía.

Domingo día 1 de xuño, ás 18:30 horas:
GRAN FINAL cos gañadores das semifinais.

Organiza o C.B. Río Ulla e colabora o Concello de Pontecesures, o Concello de Valga, a Dirección Xeral para o Deporte e a empresa Extrugasa.

AS NENAS ALEVÍNS DO EXTRUGASA PERDEN CO ARXIL NA FINAL: 20-62

Non poido ser e as nenas alevíns pederon ante un equipo superior coma é o Arxil. Notouse que é un equipo no que as suas nenas levan xuntos arredor de 4 anos. E notouse no campo: a maior veterania e oficio das pontevedresas decantaron o partido dende o inicio.

An nosas nenas empezaron ben o partido, que se xogou en 3 periodos de 8 minutos en cada parte: No primeiro cuarto as diferencias eran minimas para as do Arxil. Rematou o 1º periodo 3 – 8. Pero dende o inicio do 2º cuarto ata o descanso as nosas nenas desapareceron da pista. Dun 5 – 10 pasouse a un 5 – 32 no descanso. As nenas do Extrugasa acusaron a presión e derumbaronse.

Na 2ª parte poidereon sobrepoñerse e inda que tarde, foron capaces de sacar a «casta» e empezar a loitar con mais garra cada rebote, a buscar mais tiros a canasta e a defender coma as pontevedresas. Así o parcial na 2ª metade foi dun 15 -30, resultado mais lóxico.

De todolos xeitos este resultado no partido non supon ningún fracaso, pois equipos con mais nome non chegaron a disputar esta final.

As anotadoras do Extrugasa foron: Ega Gerpe (7), Raquel Diz (7), Sandra (4), Raquel Lafuente (2).

BALONCESTO: O EQUIPO ALEVIN FEMENINO DISPUTA MA?Á A FINAL FEMENINA

100_8055-web.JPG

ULTIMA HORA: CONFÍRMASE QUE O PARTIDO ? MA?Á NO PABELLON DO INSTITUTO DE CARRIL, CANCHA DO CORTEGADA ÁS 20 H. 

Este equipo alevín femenino do C. B. Rio Ulla acaba de facer historia: lograron acabar a liga regular invictas, tras disputar os 22 partidos da sua liga iniciada en novembro pasado, encuadradas no Grupo B por sorteo, e non perder ningun dos partidos disputados.

 10 rapazas de Pontecesures e concellos limitrofes, que da man do seu adestrador Antonio Pedrido se gañaron o premio de estar na final alevin femenina. Dita final dispútase mañá mercores 21 ás 20 h., contra o Arxil de Pontevedra nun campo neutral (seguramente en Vilagarcía).

    eva.JPG             lara.JPG

                Eva Gerpe                                                      Lara Raris

    laura.JPG              antia.JPG

               Laura Abal                                          Antia Sanmarco

    raquel-diz.JPG           raquel-lafuente.JPG

                 Raquel Diz                                            Raquel Lafuente

    sandra.JPG          sonia.JPG

              Sandra Hernaiz                               Sonia Tarrio

    veronica.JPG         paula.JPG

            Veronica Constantino                     Paula Pedrido

Sorte na final, e pase o que pase: ¡¡¡ NORABOA CAMPEONAS !!!

BALONCESTO: PONTECESURES DESIGNADA SEDE DA FINAL FOUR SENIOR

A federación galega de baloncesto ven de confirmar que accede á solicitude presentada polo C. b. Rio Ulla o pasado 23 de xaneiro, pedindo a organizaciónda fase final do campionato ligueiro. Dita «final four» vai ser o vindeiro sábado 31 de maio (2 semifinais), e domingo 1 de xuño a gran final.

Chegan a esta final a 4 os 4 mellores equipos da liga. Cando queda a ultima xornada por disputarse, matemáticamente Pontecesures é o 1º da liga, logo de mais de 7 meses de competición. Cuntis e Portonovo están en 2º e 3º lugar respectivamente, pero segundo se dean os resultados nesa derradeira xornada poderían incluso cambiar de orden. Pola 4ª praza hai ate 4 equipos con posibilidades reais: Motobazar, BBC, e Liceo, de Vilagarcia, e o Gestchal de Cambados. Segundo os resultados desta próxima semana un dos 4 conseguirá o pasaporte para a final.

O formato é: na tarde do sabado 31, as 2 semifinais (2º contra 3º, neste caso Cuntis e Portonovo seguro) e a outra semifinal é a que enfrentará ó Extrugasa Rio Ulla contra o 4º clasificado.

Os 2 equipos que gañen ascenderán, e o domingo 1 de xuño, tamén pola tarde, disputarán a gran final polo título de campeón.

Dende xa imos traballar por que todo este a punto para que se vexa un bonito espectáculo, tratando de mellorar aquelas deficiencias sinaladas pola federación, coma é o arranxo do reloxio do marcador. Para elo temos 2 opcións reais, lograr atopar unha casa que o repare, ou ben lograr un préstamo doutro marcador para este campeonato. Ditas deficiencias xa foron postas en coñecemento do Concello quen será o que teña que atopar a mellor solución.

Esperemos contar cun bo ambiente nas gradas, para que o equipo cesureño logre acadar este título 4 anos despois do último. En días concretaremos os horarios dos partidos, así coma algunha sorpresa mais que serán presentados para a vindeira semana.

O EXTRUGASA DESPIDE A LIGA NA CASA CUNHA NOVA VICTORIA: 77 ?? 50 E UN NACHO IMPARABLE NA ZONA VISITANTE.

EXTRUGASA RIO ULLA = 77

Gulli (9), Peñaño (15), Pedrito (5), Diego (4), Victor (2), Pino (10), Pedro (-), Nacho (28), Santi (-), Juanjo (4) e Pepi (-).

DORNA de A ILLA = 50

Á falta de saber que vai pasar co partido BBC ?? Extrugasa, pois onte o BBC non se presentou a xogar en Pontevedra, o Extrugasa despediu a liga, na casa cando menos, cunha nova victoria ante un equipo de xovenes xogadores. O Extrugsa conseguiu esta ampla diferencia por que, ó igual que leva facendo nos ultimos partidos, non só non xoga relaxado, senón que parece que non teñan nada feito. Así e coma se explica a motivación ca que afrontaron estes ultimos partidos, intrascendentes para a clasificacion (o equipo hai semanas que asegurou o 1º posto), pero importantes para manter o ritmo.

Hoxe houbo 2 equipos con defensas individuais a maioría do partido, e por parte local Gulli e Nacho dironlle as primeiras diferencias ó Extrugasa (min 5: 13- 9). Pero os isleños encontraban aro con facilidade, polo que saiu Pino para axudar a Nacho a defender atrás, e Peñaño sustituiu a Gulli que se cargou rápido con 2 faltas. Os pivots locais ben anotaban tras pase ou rebote, e o partido estaba animado: 21 ?? 14 ó final do cuarto.

O Extrugasa ia movendo banquillo e dándolle de paso entrada ós menos habituais. Pino e Peñaño mantiñan ó Extrugasa diante (min 15: 28 ?? 18). O equipo xogou por momentos de bo baloncesto, e ia distanciandose cada vez un pouco mais: O descanso xa chegou 12 arriba: 38 ?? 26.

De novo tras o descanso foron Gulli e Nacho os que veian aro e no minuto 25 o resultado era 48- 31. Neses momentos finais do 3º cuarto foi cando o Extrugasa xogou un pouco peor e os da Illa mantéñense uns minutos en torno ós 15 puntos. 55 ?? 40 ó final do 3º cuarto.

No derradeiro, e sentado Pepi cun dia gris, o Extrugasa ponse en zona 3 -2 para practicala, e dalle un dobre resultado: páralle o ritmo anotador ós da illa e permitelle contraatacar facil. Por ultimo o equipo acaba cos 3 senior novatos na pista nos ultimos minutos, e incluso así as diferencias elévanse ata o 77 ?? 50 ca tripla final de Pedrito. Gran partido de nacho que anotou 14 canastras de 17 intentos, ademais de coller 15 rebotes.

Agora a esperar que decide o comité de competición respecta da non presentación do BBC o sábado, e atentos tamén para saber onde vai ser a ??final a 4?, solicitada, entre outros por este club para disputala en Pontecesures o 31 de maio e 1 de xuño.