EXTRUGASA RIO ULLA = 62
Peñaño (9) Gulli (2), Pedrito (3), Diego (3), Victor (-), Pino (16),Nacho (21), Santi (2), Juanjo (-) e Pepi (6).
A ESTRADA = 40
Non pasará á historia este partido, se non é pola oportunidade perdida para haberlle gañado de tunda a un equipo que estaba tendo bos resultados. E iso a pesares do marcador final, pero polo medio houbo 3 ??actos claros?: dun bo comezo (20 ?? 4), a unha ??empanada? global (22 ?? 18) e a reacción do equipo (49 ?? 32). Empezou forte o Extrugasa en defensa, logrando que A Estrada tardase case 5 minutos en anotar a súa primeira canastra. Mentres os pivots locais Pino e Nacho poñían un 13 a 2 mediado o primeiro cuarto. Diferencias que se foron ampliando segundo transcorría o mesmo: 20 ?? 4, acabando o cuarto 20 ?? 6. Funcionaba o equipo, pero a defensa levou a Gulli con 2 faltas ó banco.
A pesar de que se falou, o equipo entrou nunca apatía tremenda, non defendendo coma antes, o que facía que os estradenses empezasen a anotar de xeito continuo, e logo perdendo balóns por pasos, malos pases, sen xogar a nada productivo: foron quizais os peores 10 minutos da temporada: (min 27: 22 ?? 20)Gulli mediado o cuarto saleu a poñer orden, e ó minuto e medio estaba no banco de novo con 3 faltas. 3 canastras en todo o cuarto.
Menos mal que Diego anotou unha tripla providencial que evitou poñer ós locais diante. Acabou este cuarto 27 ?? 20, e a sensación de que se estaba facendo o ridículo era palpable nas caras dos xogadores. Empezou a segunda parte e voltou a defensa a funcionar, mentres que o ataque se ia centrando de novo. balóns a Nacho para empezar o despegue (min 23: 32 ?? 25). Logo Peñaño estivo mais acertado e continuou o despegue local (dun 36 ?? 29, pasouse a un 43 ?? 32, con varias canastras de Nacho anotou 10 puntos neste cuarto, moitas delas tras rebote en ataque.
Pino, Pepi e Santi, logrando unha canastra cada un deixaron o marcador ó final do 3º cuarto nun 49 ?? 32. e todo gracias ó traballo defensivo, dende Gulli que daba un punto mais de garra á defensa ata Pino que, con 17 rebotes defensivos no partido non daba segundas opcións os estradenses. No derradeiro cuarto os locais lograron poñerse 20 arriba rapidamente: 55 ?? 34, pois Pino e Nacho seguían anotando, pero outra vez en ataque o Extrugasa cometeu numerosos erros nos minutos finais, con perdas por xogar precipitado que impediron unha victoria mais ampla: 62 ?? 40, eso si xogando os últimos minutos cos menos habituais.