ESTA FIN DE SEMANA DE ANTROIDO O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA O PARTIDO ATRASADO DA SEMANA PASADA

O rival é o BBC de Vilagarcía (actualmente 4º na clasificación provisional da liga), e posto que a pasada fin de semana non se opoido xogar por falta de árbitros, e nesta non había partidos, puxemos o encontro. Vaise celebrar hoxe sábado ás 17 h. no polideportivo cesureño, e é un partido clave para manter o primeiro posto da liga. Esperamos contar con público apoiando, e ca baixa segura de pedro Cachote, Peñaño que probará a xogar un rato logo de 3 semanas parado, e a dúbida de última hora de Nacho, por traballo. Bo partido para ver diante dun equipo mais xoven pero ca ilusión de ascender. 

Por outra banda, os cadetes tamén van recuperar 2 encontros atrasados. Hoxe xogaron, e perderon contra o BBC (esta máña) 36 – 62, nun partido no que chegaron ó descanso perdendo de 3 e xogando bastante ben, pero os nervios e a mala defensa propiciaron a derrota.

O luns ás 18 h. os cadetes xogan contra o Cambados en Pontecesures, para recuperar outro encontro aprazado no seu momento.

Excursión do Club Baloncesto Río Ulla de Pontecesures, hoxe xoves, para animar ó Extrugasa en Vilagarcía.

NOTA DO CLUB BALONCESTO RÍO ULLA DE PONTECESURES

Hoxe xoves 31 de xaneiro, o Club Baloncesto Rio Ulla vai organizar unha asistencia masiva dos seus integrantes ó partido de competición europea que vai disputar o equipo do Extrugasa Cortegada fronte o club israelí. En concreto pensamos acudir coa maioría cos integrantes dos equipos cadete masculino, infantil masculino e femenino, e alevíns masculino e femenino. (uns 40-50 xogadores, máis 5 adestradores), así como algúns pais que se ofreceron para acompañar ós rapaces.

(más…)

HORARIOS DA FIN DE SEMANA DO BALONCESTO RIO ULLA

SENIOR ZONAL: Aprazado o encontro contra o BBC de sábado as 19.30 h. por falla de arbitros.

CADETE MASCULINO: Domingo as 12 en Cambados contra o Xuven.

INFANTIL MASCULINO: Domingo ás 12.15 no Grove contra o CB Grove

ALEVIN MASCULINO: Sábado en Marín ás 11 h. contra o Peixegalego «B».

INFANTIL FEMENINO: Sábado ás 11 h. na Illa contra o Dorna.

ALEVIN FEMENINO: Sábado ás 17.15 h. en Pontecesures, contra o Xuven B de Cambados.

Por fru, hace

El Extrugasa Río Ulla mantiene el liderato tras ganar al Gestchal

El Extrugasa Río Ulla se impuso sin muchos apuros al Gestchal Cambados y se mantiene en la primera posición de la categoría Sénior Zonal B con diez partidos ganados y uno perdido. El equipo de Valga y Pontecesures se pudo vengar del único equipo que ha sido capaz de derrotarle esta temporada, aunque en los primeros quince minutos no lo tuvieron nada claro. Una buena defensa en el tercer cuarto y las técnicas a los cambadeses acabaron con el partido porque la diferencia se situó en la decena de puntos y a partir de entonces no hizo más que crecer. En el último cuarto el técnico del Extrugasa incluso aprovechó para dar minutos a Víctor y Pedrito, dos jóvenes jugadores de la cantera.

(más…)

O EXTRUGASA APALIZA A CAMBADOS CUN ??GRAN? NACHO E O ACERTO DE GULLI

EXTRUGASA RIO ULLA = 80
Gulli (20), Pedrito (2), Diego (-), Victor (1), Pino (7), Pedro (-),Nacho (25), Santi (10), Juanjo (2), Feli (6) e Pepi (6).
GESTCHAL CAMBADOS = 49

Costoulle arrancar ós cesureños 15 minutos ante o único equipo que foi quen de derrotalos nesta liga. Un grande Nacho dentro das duas zonas, así como o acerto de Gulli (4 de 7 en triplas) e que xogou 40 minutos dirixindo ó equipo pola lesión de Peñaño, que non xogou, mais a contribución de Santi, xogando de aleiro e pívot foron as claves para derrotar ó Cambados.

(más…)

BALONCESTO: CONCENTRACI?N DE EQUIPOS BENXAMINS ESTE DOMINGO DIA 20 POLA TARDE

Baloncesto en estado puro o que vamos a ter este domingo pola tarde en Pontecesures.  

Van ser 8 equipos, con cerca de un centenar de participantes os que se acheguen o domingo á I concentración mensual da categoria benxamin da temporada 2007-08. Son nenos e nenas de 6 a 9 anos que veñen polos clubs Dorna de A Illa, Xuventude de Cambados, BBC de Vilagarcia e Arxil de Pontevedra, ademais dos nenos do Rio Ulla. Mensualmente cada club organizará a súa concentración, para incentivar a estes nenos queacuden a entrenar ás escolas deportivas. 

Xogaranse en 2 pistas ó ancho do polideportivo, para disputar 2 partidos á vez. Os minipartidos son de 2 tempos de 12 minutos a reloxio corrido, tendo previsto o sistema de competición para que cada equipo dispute 2 encontros.