HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Domingo ás 12 h. en Pontevedra contra o Liceo Casino de Pontevedra.

CADETE MASCULINO: Sabado as 12 h. en Pontevedra, contra o C.B.Pontevedra.

INFANTIL FEMENINO: Sábado as 10.30 h. en Baño – Valga, contra o Meco de O Grove.

INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12.30 h. en Baño – Valga, contra A Estrada.

ALEVIN FEMENINO: Sabado as 17.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

ALEVIN MASCULINO:  Sabado as 18.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

 100_8055-web.JPG

 Equipo alevin femenino 2007-08

Nesta fin de semana xa temos a 6 equipos competindo. Falta por iniciar a competición o equipo dos pequeniños, o Benxamín Mixto, que o fará na vindeira semana probablemente. Así o total de xogadores/as do club nesta temporada, arredor de 70, estarán competindo nas súas categorias.

 

Por fru, hace

O EXTRUGASA RIO ULLA ACADA ONTE UNHA NOVA VICTORIA ANTE PORTONOVO

EXTRUGASA RIO ULLA = 64
Gulli (18), Peñaño (7), Pedrito (-), Diego (2), Victor (3), Pino (10), Pedro (-), Juanjo (4), Santi (2), Arturo (12), Pepi (6).

LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 47

100_8046-web.JPG
 Gulli e Peñaño, directores de xogo do equipo, nun adestramento

O trio Gulli Arturo e Pino lideraron a victoria ante un Portonovo que se viu superado polo Extrugasa, que foi capaz de gañar todos cuartos do partido,eso si por diferencias mínimas. 16 a 14, 18 ?? 12, 13 ?? 9 e 17 ?? 12 foron os parciais.

Comenzou o encontro e o Extrugasa tiña mínimas diferencias (5 ?? 2, 9 ?? 5). Arturo dentro da zona e Gulli (2 triplas) e Pepi levaron o peso anotador ante un Portonovo que defendia en individual e aproveitaba os erros locais para sair ó contraataque. Esta igualdade quedaba reflaxada no marcador ó final do cuarto: (16 ??14).

O peor momento do partido para os locais foi no inicio do 2º cuarto, que non estaban xogando mal, pero non sumaban puntos, mentras que Portonovo fixo 7 puntos consecutivos, collendo 5 puntos de diferencia (min 13: 16 ?? 21. Apareceu Peñaño cunha tripla e dirixindo ben ó equipo. A elo se lle sumou un cambio a zona 2 ??3 e o equipo foi outro: os visitantes non estaban acertados en ataque, mentras que era o Extrugasa quen facía un xogo efectivocon bos lanzamentos a canasta. Gulli con outra tripla, que adiantou de novo os locais (min 16: 26 ?? 24). Quedando mais de 3 minutos para o descanso e o Extrugasa fixo un parcial de 8 ?? 2 coa canasta final de Pino.

O 3º cuarto empezou frouxo para ambos equipos, pois logo dos 5 minutos iniciais foran capaces cada un de anotar 3 puntos (min 25: 37 ?? 29). As diferencias mantiñanse ns 6-8 puntos, ata que Gulli con 5 puntos seguidos puxo ó Extrugasa 11 arriba xusto antes : 46 ?? 35. Un tiro libre de Arturo deixou o remate do cuarto cun 47 ?? 35.

O ultimo cuarto o Extrugasa administrou a ventaza, permitindo que xogaran os xogadores que non participaran no encontro (Victor, Pedro), mentras que adquirian maior difrencia. Gulle dende o posto de base (4 puntos) e Pino no poste (8 puntos) puxeron a veteranís para sacar o partido sen problema.

A Deputación entregou uns obsequios ós xogadores do Extrugasa Río Ulla.

O sábado pasado día 10 de novembro, o 1º tenente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe e o concelleiro de deportes, Javier Quintá, entregaron no pavillón municipal unas mochilas-bandoleiras os nenos do equipo alevín de baloncesto do Extrugasa Río Ulla como obsequio da Deputación Provincial de Pontevedra.
No futuro, entregaranse estas mochilas-bandoleiras ós integrantes dos outros equipos deste club de baloncesto.

HORARIOS DOS PARTIDOS NA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA

Esta fin de semna vanse xogar os seguintes partidos:

Senior: Sábado as 19.30 h. no polideportivo de Pontecesures contra o Portonovo.

Cadete masculino: Sabado as 10.30 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.

Infantil Masculino: Domingo as 18.30 h. en Vilagarcia contra o Liceo.

Alevin Masculino: Sábado as 12.30 h. en Cambados contra o Xuven.

Alevin femenino: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures, contra Marín Peixe Galego «c».

100_8002-web.JPG

 Equipo Cadete Masculino 2007-08

COMEZOU A LIGA PARA OS EQUIPOS BASE DO C.B. RIO ULLA

Esta mañán empezaron as competicións nas categorias cadete, infantil masculino e alevin masculino do C. B. Rio Ulla. Tamén tiña que xogar o alevín femenino en Poio, pero aprazouse este encontro.

Os resultados dos partidos foron:

En cadete masculino: derrota por 20 puntos na Estrada. O equipo de cesures pouco pudo facer ante a maior experiencia dos locais.

En infantíl masculino: Os rapaces de Alfonso e Pedro foron quen de gañar a un equipo da canteira do BBC de Vilagarcía, por 30 puntos de diferencia: 63 – 33. Moi bo partido destes rapaces que xa son capaces de gañar, sendo o primeiro ano de competición para algúns deles.

Por ultimo, o equipo alevín masculino impuxose por un contundente 54 – 4 ó equipo alevín femenino do Liceo de Vilagarcía, formado por nenas que empezaban a xogar esta temporada. Moi bo partido dos cesureños, que lograron pechala acta ó coller mais de 50 puntos de diferencia ó pouco de iniciarse a 2ª parte (o resultado verdadeiro foi de 92 – 6).

Equipo alevin masculino 2007-08
Equipo alevin masculino 2007-08

Esta semana tampouco xogou o equipo senior ó pedirlle un novo aprazamento o equipo contrario, esta vez foi o Dorna de A Illa quen tiña problemas de xogadores e pabillón.

¿ Qué pasa con John Pino ?

O pasado mes de agosto, saltou a noticia de que John Pino volvía a vesti-la camiseta do C.B Pontecesures. Foi unha fichaxe sorpresa, e foi presentado por Fruki como o xogador que debía de conducir ó equipo senior de baloncesto ó ansiado ascenso. Foi tal o éxito mediático no pobo, que incluso o número de socios aumentou espectacularmente, máis se cabe despois de escoitar as declaracións de John Pino o día da súa presentación, nas que prometía 20 puntos por partido…

Dous meses despois a relidade e ben distinta. John Pino acusou na pretempada a súa inactividade e apenas dou encontrado o forma. Despois veu a súa feliz voda con Pili, novo parón de quince días e voltar a comezar. Pero o certo é que dende que voltou xa pasaron 20 días, e Pino, o xogador estrela presentado con fotos e firma de contrato por Sr. Rodriguez Fructuoso, segue sen aparecer e por suposto de vinte puntos, nada de nada.

Agora comeza a tempada de verdade para C.B Pontecesures. Logo de tres partidos (2 victorias e unha derrota) dun xogo lamentable, penoso e aburrido, cuns xogadores cansados e vido a menos, no que non se salva ningún, incluido o adestrador, o baloncesto cesureño necesita a xente como John Pino, un xogador gañador, un valor seguro. Por iso o équipo espera a volta, o retorno do auténtico Pino. Agora ben, esperamos que Pino se de conta que os partido se gañan falando menos e xogando máis, e por suposto metendo máis de un punto por partido.

¿Ou ó final vai a ver que respescar o retirado Nacho, que ese si que xogaba e non falaba?