Onte levouse a cabo o enlace desta coñecida parella, él o último dunha saga de 4 irmáns dos de «Cesures de toda a vida; e ela xa leva algún tempo residindo entre nós, ademais de mirar pola nosa saude na farmacia… 😉
Basket Río Ulla
JONH PINO XA ENTROU NA «CAPILLA»… ULTIMA SEMANA DE SOLTEIRIA
Pois si, temos a Pino «en capilla» cando quedan menos de 6 dias xa.
Onte á noite fomos testigos da súa entrada:
E os amigos e compañeiros do equipo de baloncesto fixémoslle unha cea de despedida ó noso «Beckam»particular… Vai por ti, Pino. Amigo.
*Felicidades para os 2. O sábado está armada…*
Basket Río Ulla
ESTA FIN DE SEMANA O CB RIO ULLA INICIA O CAMPEONATO DE LIGA 2007/08
Será este Domingo día 7 a partires das 19 h. na cancha de Pombal, en Cambados, contra os locais do CB. Xuventude de Cambados, equipo novo na categoria.
A priori o equipo de Pontecesures buscará facer un digno papel, buscando estar o mais arriba posible nunha liga con 12 equipos mais, dos que a metade non estaban o ano pasado, polo que falar de favoritos agora é unha incognita.
Equipos do ano pasado están: Lalín, Estrada, Cuntis, Portonovo, A Lama e Liceo de Pontevedra.
Son equipos novos: Motobazar, BBC e Liceo, de Vilagarcia; Dorna de A Illa, Xuven de Cambados; e Escola Naval de Marín.
A liga rematará o vindeiro 30 de marzo, logo de 6 meses case ininterrumpidos de competicion.
Os integrantes do equipo cesureño son todos de Cesures e e Valga, excepto o caldense Victor, que xunto con Pedrito e Juanjo suben do equipo xuvenil. Ca incorporacion destes 3 rapaces mezclase veteranía con xuventude, para ter unha media de idade mais baixa que a do ano pasado. O mais maior é o «gran capitan» Peñaño, (34) e o mais novo o mozo de Caldas, con 17 anos.
table(tabla).
|_. Bases: |Peñaño e Pedro «Cachote»|
|_. Aleiros: |Diego, Victor, Gulli, Felipe, Pepi e Pedrito|
|_. Pivots: |Pino, Turo, Santi e Juanjo.|
Dende aqui invitamos ós afeccionados a seguir dende esta páxina as novas e resultados do equipo, e tamén poñeremos con tempo o día e hora dos partidos que disputemos coma locais, para que a xente se entere e poida subir ó polideportivo.
Basket Río Ulla
O BASKET ESTÁ DE MODA
Proba del foi que, coincidindo cos campeonatos europeos de seleccións absolutas, pódese ver decorado coma se fose unha cancha de baloncesto, dende hai algunhas semanas, o escaparate dunha conocida tenda de electrodomésticos cesureña, ELECTRODOMESTICOS FROIS, canasta, balón e camiseta de Jordan incluidas.
O noso club de baloncesto colaborou con esta casa comercial cedéndolle por estas semanas a canasta de iniciación don rapaces, e coma se pode apreciar, quedou moi curioso e orixinaleste escaparate obra de Marián.
Indicar tamén que os homes da selección foron prata (nunca un 2º posto soubo a tan pouco), e que estes días son as mulleres da selección española as que están xogando o seu europeo. España está clasificada para cuartos, e chega o momento culminante para as chicas, podendo optar a ser campeonas de Europa.
Se é que os do basket…
Basket Río Ulla
SABADO EN PONTECESURES 2º PARTIDO DE PRETEMPORADA DO EXTRUGASA RIO ULLA
Mañá sábado, a partires das 19 h. da tarde o Extrugasa vai xogar outro encontro de preparación, ante o inminente inicio da liga 2007/08, previsto para a próxima fin de semana, ou coma moi tarde en 15 dias. Saberase na reunión deste luns día 1 de outubro, na delegación en Vilagarcia.
O partido de mañá vai ser contra o Meco de O Grove, actual campeon de liga e copa, polo que vai ser interesante cara a ver o nivel dos cesureños logo dun mes de pretemporada.
Basket Río Ulla
O EXTRUGASA RIO ULLA VENCEU ? GROVE NO SEU 1º ENCONTRO DE PRETEMPORADA
Nun partido onde os adestradores de ambos equipos rotaron a todos os seus xogadores, o Extrugasa xogou un pouquiño mais entonado, o xusto para domiñar o marcador de principio a fin, inda que sin lograr diferencias importantes en ningún momento.
De inicio os pivots locais Santi e Arturo anotaron debaixo da canasta, o que puxo os locais por diante, diferencias que se mantiveron no 1º cuarto gracias ó acerto de Gulli con 5 puntos seguidos. (fin do cuarto: 16 – 11).
No 2º foi Pino o xogador local mais inspirado, con 6 puntos seguidos. Ampliaronse as diferencias gracias a unha boa defensa, para chegar ó descanso 30 – 22.
O 3º cuarto foi domiñado polos grovenses, cun parcial neses minutos de 13 a 20. O descanso enfriou ós locais, que se deixaron ir por momentos, con dificultades para anotar, xa que se estaba mais estático en ataque. Eso propiciou varios contraataques dos visitantes, que chegaron ó ecuador da 2ª parte perdendo por 1 punto: 43 – 42.
No cuarto final o Grove sumou a 1ª canasta, polo que se adiantou por 1 punto, pero o equipo local voltou a centrarse en defensa, o que levou que ó Grove so anotase 2 canastas mais neses 10 minutos, e, sen facer un gran xogo en ataque, serviulle para gañalo encontro por 53 a 48.
Anotaron polo Extrugasa: Gulli (7), Peñaño (5), Pedrito (2), Victor (4), Pino (9), Santi (7), Turi (14), Pepi (5). Tamén xogaron Diego e Pedro «cachote».
O Extrugasa espera xogar o 2º encontro na próxima fin de semana á espera de que se sepa o modelo de competición, e cando se inicia o campeonato.