Por increible que parezca esta é a sorprendente situación: Tal e coma se preveia o 4º clasifiacdo da liga ia sair do resultado entre o partido que se ia disputar este pasado domingo 15 entre Cuntis e o Arxil (1º da liga). O partido era na casa do Cuntis, e se gañaban os locais pasaban de 4º, e o Extrugasa éramos 5º; pero se perdía pasabamos nós ó 4º posto e nos clasificabamos para a «final four» ( ou final a catro). Polo que sabemos a día de hoxe, logo dos 40 minutos de partido o marcador finalizou empatado, polo que houbo que disputar unha prorroga. A falta de pouco mais de 1 minuto para finalizar a mesma, e gañando os de Pontevedra por 5 ou 6 puntos d ediferencia, nun rebote houbo un codazo e un xogador acabou polo chan. Coma o partido estaba sendo moi quente, o árbitro principal tomou a determinación de non continuar co mesmo.
Ademais, os locais de Cuntis reclamaron que, ó finalizar os 40 minutos de partido, o marcador figuraba cun empate, cando según a súa versión eran eles os que ian gañando por 1 punto, que non subiu ó marcador.
Todo esto deberá ser analizado polo Comité de Competición da Federación Galega, quen pode aportar distintas decisións:
– Aceptar a reclamación do Cuntis e anular a prorroga.
– Mandar continuar o partido onde quedou suspendedo, téndose que xogar ese minuto.
– Ou dar por gañador ó equipo que ia gañando nese momento .
Según a que acorde, pasará Cuntis, ou nós, ou teremos que esperar a que se xogue ese minuto de partido, para o cal incluso peligra nesta fin de semana a propia «final a catro».
Mal fin para unha temporada con moitos incidentes (falta de árbitros sobre todo).