Xogaron onte, 2 de outubro, en Cangas, e gañaron por 2-3. Agora levan 6 puntos porque tamén gañaron o primeiro encontro en Pontecesures.
A Cacharela/Karymo, campión do II Memorial de Fútbol 7 “Victoriano Trenco”.
Gañou a final está mañana no campo “Ramón Diéguez” de Pontecesures ao Cafetería Sol y Mar. O tempo regulamentario rematou con empate a un tanto. Nos penalties, a Cacharela/Karymo marcou os tres lanzamentos, mentres o Sol y Mar marcou só dous.
Os resultados das semifinais que se disputaron antes foron:
Caf. Sol y Mar, 2
A Palmeira, 1
Rosalía Vet, 2
A Cacharela /Karymo, 4
O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA INICIA A TEMPADA CUNHA CONTUNDENTE VICTORIA POR 10 a 1 DIANTE DO MUCOVI DE VILAGARCIA
Ante un rival frouxo os pupilos de Marcos Pichi foron quen de impoñerse por , gracias a unha 1ª paret fabulosa, na que gañaban por 7 a 0. A clave foi a presion sobre a saida de balon dos visitantes, e cun xogo bonito de toque e rapidez, foron anotando goles (3 nos 6 primeiros minutos de partido).
A 2ª parte foi menos vistosa, xogando sen tanta profundidade, e repartindo minutos para todos os integrantes do equipo.
1º gol da tempada, ós 50 segundos de partido.
Grela anota outro tanto na 1ª metade.
O equipo retirandose no descanso. O fondo vese nop marcador o 7 a 0.
BALONCESTO: MA?Á DOMINGO O EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA CO SEU 1º PARTIDO OFICIAL.
Neste caso será o equipo cadete masculino, inscrito para xogar a fase zonal previa clasificatoria para a liga galega o que inicie de xeito oficial a tempada 2010-11. Xoga ás 12 da mañá en Vilagarcia, contra o equipo do Liceo Casino, un dos favoritos para esta competición.
Tamen está inscrito para xogar este previa o outro equipo cadete, o feminino, que o fará nas vindeiras semanas.
Destacar que este ano o club pasou de 7 a 8 equipos: 1 euipo senior, 1 junior masculino, 1 cadete masculino e outro feminino, 1 infantil feminino e outro masculino, e 1 alevin feminino e outro masculino.
Sobre 100 xogadores federados van conformar o club nesta tempada que se inicia.
Actualmente está aberto o prazo para anotarse a todos aqueles rapaces/as que queiran formar para do club, especialmente os nados entre 1997 a 2001. (infantis e alevíns). Os de 2002 a 2004 poderán participar na escola municipal. En breve darase a coñecer os horarios para este tempada.
Equipos infantis masculino e feminino 2009-10 posando cos titulos acadados en xuño pasado. Ambos foran subcampions de liga zonal, e gañadores das copas zonais da categoria.