ESTE SABADO DIA 30 A IV EDICION DO 3X3 «BASKET NA RUA»

Coma os anops anteriores, será organizado polo C. B. Rio Ulla, en colaboración co Concello de Pontecesures; así como con numerosas casas comerciais do pobo, gracias ás cais teremos sorteos ó longo do dia.

Uns 30 equipos, divididos en 3 categorias, dispuratán o torneo. Pola mañá, a partir das 10, o faran as categorias de alevins, e infantis e cadetes. Xa pola tarde, a partir das 4, porase en marcha a categoria absoluta (de 16 anos en diante); e que é a que mais equipos conta: 16 equipos inscritos nesta categoria.

3x3 2014

ESTE MERCORES DIA 28, A PARTIR DAS 18.30 H VISITA DE 2 XOGADORES DO OBRADOIRO A PONTECESURES

 Este mércores día 28 contaremos no pavillón de Pontecesures ca presencia de 2 xogadores do plantel do Rio Natura Monbus Obradoiro da ACB, que se desplazarán ata o noso polideportivo para pasar un rato cos integrantes dos nosos equipos.

Esta visita, ígual que a do base do Obradoiro Andrés Rodríguez en xuño do ano pasado, é posible en virtude do acordo de colaboración firmado entre o Obradoiro CAB e o noso club, así coma o Concello de Pontecesures. 

(Andrés Rodríguez na súa visita ó polideportivo cesureño hai 1 ano).

Xa sabedes: xogadores/as, adestradores, directiva do club e aficionados en xeral estades convidados/as a acercarvos ó pavillón este mércores pola tarde. 

DILUGAL E INFOSERVI NOVOS PATROCINADORES DO CB. RIO ULLA

Dende o club congratulámonos en anunciar 2 novas empresas que se unen co seu patrocinio ó noso proxecto deportivo.

 

 Meses atrás a empresa adicada a reparacións «Dilugal» acordara o patrocinio dunhas novas equipacións para o equipo  infantil masculino. 

 

Mais recentemente, outra empresa cesureña tamén apostou polo basket para promocionarse. Tratase da tenda de informática «Infoservi». Ela patrocinou os novos uniformes do equipo alevín masculino.

 

Dende o club agradecer a ambas casas comerciais o esforzo realizado, e dende xa seu nome queda ligado ó noso club, e ó basket arousano.

O EXTRUGASA RIO ULLA CADETE FEMININO CAMPI?N DA LIGA AROUSANA 2013-14

IMG_3279 (Copiar)Este pasado domingo o equipo poido celebrar diante do seu público o título de liga conseguido matemáticamente a xornada anterior, cando inda faltaban 2 encontros, logo de gañar no Grove.

Así, este día o equipo saltaba a disputar o encontro da penultima xornada xa co título de campeonas arousanas cadetes; o que lle dará dereito a pelexar por unha praza na liga galega 2014-15, nunha fase de ascenso que se xogará no vindeiro mes de maio.

IMG_3234 (Copiar)O equipo Cadete femenino 2013-14 campeon de liga está formado por:

Adestradora: Noelia Garcia
8.- Antia Sanmarco
17 .- Antia Dominguez
15 Antia Varela
21.- Sara Rey
11.- Candela Lafuente

14.- Alba Barreiro
20.- Blanca Quintela
18.- Iria García
4.- Sofia Raris

31.- Maria Navarro

IMG_3238 (Copiar) IMG_3240 (Copiar) IMG_3242 (Copiar)Antes de disputar o encontro, as rapazas do equipo infantil do club, que acababan de disputar o seu partido de liga, as homenaxearon co «pasillo» coma campionas.

Destacar o comportamento equipo do rival este día, o equipo Cadete do Cortegada, que se sumou a este pasillo nun xesto de  enorme deportividade, moi aplaudido pola afición cesureña.

IMG_3248 (Copiar)Ambos equipos posaron xuntos antes de empezar este encontro.

IMG_3268 (Copiar)O partido estivo entretido, inda que finalmente gañou o Rio Ulla por 68 a 46, nunha nova exhibición de bo xogo.

IMG_3277 (Copiar)E ó rematar o encontro empezaba a festa de celebración, con tarta incluída.

IMG_3289 (Copiar)A directiva do club; Andrés Quintá, patrocinador; e membros da corporación cesureña fixeronse a foto acompañando ás campionas.

IMG_3317 (Copiar)Correspondeulle a Noelia, coma responsable última deste título ligueiro, facer os honores de cortar a tarta das campionas.

IMG_3320 (Copiar)

IMG_3321 (Copiar)

IMG_3319 (Copiar)Tarta que foi saboreada polas xogadoras, adestradores, directiva, pais e público que nos acompañou nesta festa.

¡¡¡ PARABENS CAMPIONAS !!!